O Comaira é un dos barcos de batea máis antigos da Illa de Arousa. Zafouse do despezamento grazas a un grupo de mozos que vén de crear unha asociación para restauralo. Este barco, construído no Freixo en 1946, comezou a súa singradura propulsado a remos e a vela, e pasou por varios propietarios antes de pertencer á conserveira arousá Comaira, que lle deu o último nome. No ano 56 incorporou un motor e estivo traballando as bateas ata hai un ano. Agora agárdalle unha nova vida mais recreativa, a das embarcacións da 5ª listaxe.
Buscar neste blog
20 de maio de 2008
Unha nova vida para o Comaira
Terra de doantes
A xenerosidade do pobo da illa á hora de doar sangue está recoñecida publicamente cun monolito situado no paseo marítimo do Chufre. Son moitos os veciños que acoden á unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia cando esta visita periodicamente territorio insular, así que a illa rexistra todos os anos as maiores taxas de doazón de Galicia . No ano 2007, quedou en segundo lugar, con 114 doazóns por cada mil habitantes.
19 de maio de 2008
15 de maio de 2008
O peirao de pau
No seu día, o uso do peirao de pau estivo restrinxido a dous fabricantes de conservas, en virtude dunha concesión de Costas. E logo, co decaemento da industria conserveira, tamen el apodreceu abandonado. O Concello decidiu restauralo e poñelo en valor, como parte do proxecto global de creación do museo da conserva, aínda sen concluír.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)