10.5.11

A enquisa sobre o POL


[Redacción] A xulgar polos resultados colleitados na enquisa, o Plan de Ordenación do Litoral (POL),  aprobado recentemente pola Xunta, non xenera o rexeitamento rotundo que cabería esperar, tendo en conta o posicionamento en contra que amosaron todas as forzas políticas da Arousa. A normativa do POL, que restrinxe as áreas nas que se pode construír, será recorrida polo Concello, segundo anunciou o alcalde publicamente en varias ocasións.

14 comentarios :

Anónimo dixo

OS 10 personajes que votaron que non, ou non saben de que vai a cousa, ou son simples trolls(o que non sepa o que , que tire de wikipedia)

Anónimo dixo

"o Plan de Ordenación do Litoral (POL), aprobado recentemente pola Xunta, non xenera o rexeitamento rotundo que cabería esperar...", por quen na Illa? polos que queren facer da Illa un paraiso de cemento? por quen achanta pisos no alto da torre en contraste cas vivendas do entorno? por quen lle gustaría encher do con do sol ás aceñas de pisos e máis pisos? de quen na Illa? dos que pretenden manipular á opinión pública? dos que dibuxan gasolineras para os amigos non PXOM? eu non vos entendo, moito colgar fotos de carreirón, das praias, flores e toxos, arbores e fauna e logo comulgades con rodas de muiño. Pois alá cada cual.

Anónimo dixo

eso... eso..
si lles deixaran os do axuntamento..jodían a Arousa con tanto bloque de semento, e pos daquí, MERDA.

Anónimo dixo

Para o nº2, e ti non pensas que se pode conxugar moi ben as árbores, praias, espacios naturais...co cemento???, existe espacio para todo, espacios de zonas verdes...donde deleitarnos coa paisaxe, relaxarnos e olvidarnos un pouco do día a dia, e espazos dónde construir para que o noso pobo medre como cada un de tantos, por que Vilanova, Vilagarcia, Cambados e alrededores poden medrar e nos non???, recordas Vilanova cando íbamos na motora???, todo eran casiñas pequenas nos arredores, agora que hay???, edificios, eu fíxome que a maioria bordeando o litoral, e pregúntome...cal é a diferencia entre Vilanova e nos???, por qué eles si e nos non???, por que queremos unha lei distinta???, eu xa non sei si caín de unha nave espacial...por que cada día entendo menos, a politica eu non a entendo así, con críticas, con tiradas de pelota de uns a outros, a política eu a vexo de unha maneira moi diferente, ben é certo que non me adico a eso pero non fai falta ser ministro para ver que o que estades a facer...da verdadeira vergoña axena, xogades coa xente e eso, amigo meu, sólo fai que os demáis se envenenen, todo isto cansa sabes???, pero tamén a todo se acostuma un, pero espero non encontrarche un día tirado no camiño, por que non penso votarche unha man...

Anónimo dixo

Rediós, e que ten que ver encontrarme no camiño e non axudarme para expresar a opinión sobre o que eu considero mellor para a Arousa desde un punto de vista urbanístico, eu flipo! Pois eu axudaríate a ti perfectamente, claro que vese que non somos todos iguales!
En canto á diferencia entre Vilanova/Vilagarcía e nós é evidente. Vai polos pisos das Laxe e dime cantas luces ves. Vaite polo edificio de Pacholo e dime o mesmo. Vaite por Villapsoe e bota unha ollada, vaite polos chalets de Gradín ou dos Carballos e a ver canta xente vive, vaite polos pisos das Rubas e respondeme...

PD: Eu si estuveras tirado no camiño sí che votaría unha man.

Anónimo dixo

Ok, entendo que me excedín co de encontarche tirado no camiño..., pido disculpas, é verdade que eres libre de dar a túa opinión, como eu a miña, pero sigo sin ver a diferencia entre os pisos de Vilanova e os de aquí, agradeceríache me dixeras cal é a diferencia...

Anónimo dixo

Para o 2 , ti que estas a favor do POL , xa tes unha casa?? si a tes , entendo que esteas a favor, porque a ti sudacha, pero estou cansado de oir de que os pisos son moi caros e pequenos, os terrenos para construir inalcanzables , e todo esto rexido polo PXOM , si ahora co POL se restrinxe moito mais , que crees que pasara co precio dos pisos e dos terreos??

A xente tera que marchar da illa, e despois queixaremonos de eso.

De verdade que non vos entendo.

Anónimo dixo

Amigos, xa fai anos que a xente se ten que ir da Illa, xa antes do rollo este, xa obraba a quen eles lles tiña conta.
Fai dous meses, a xente reclamaba a presencia do alcalde no concello, cando se acercaron ata alí os do Pol, para facelas alegacións e todo iso.
A xente flipaba!!! e alí non foi ninguén a recibilos, ei estaba alí para velo.
Ahora tanto lío do pol polas eleccions, e non fixeron non puto caso. veña home veña...

Anónimo dixo

Nas laxes hai uha casa ensima do camiño,
en riasón arrejlaronlle os papeles a unha casa que estaba en costas...etc...
e hai mais...
depende quen seas, fas ou non fas.

Anónimo dixo

6, a diferencia entre os de vilanova e a arousa vai en que, a precios iguales, tes moita máis superficie en Vilanova. Pero é que nin no precio están equiparados. Na arousa un piso novo de 80 m non vale menos de 180000 euros, en vilanova atópalo por 140000, e son cartos.

Jarol dixo

Boas tardes a todos/as.
Na miña modesta opinión penso que non nos podemos deixar levar polas emocións e debemos pensar algo máis as cousas.
O PXOM é un documento que foi aprobado por todalas forzas políticas da Illa de Arousa. Seguramente se puido facer mellor, seguramente cada un de nós teña unha idea diferente do que debería ser o crecemento urbanístico do noso concello e seguramente existan determinadas críticas e alabanzas coas que todos estamos dacordo.
O POL é un documento que, ó igual que o anterior, se puido facer mellor, que cada persoa ten un POL ideal distinto e que podemos estar dacordo con determinadas cousas que serían mellorables e con outras que están ben como están no POL.
A diferencia principal entre o primeiro e o segundo é que no POL existen discrepancias entre os representantes do noso pobo motivadas, principalmente, pola cor política de quen tivo a responsabilidade de elaboralo e aprobalo posteriormente.
Ante isto penso que só cabe unha opción: a participación cidadá. Sería moi recomendable que os axuntamentos tiveran unha ferramenta que permitira a parcipación cidadá (tipo referendum, asociacións de veciños en tódolos roeiros, representación nalgunha comisión municipal...et.) no que cada organismo, institución, familia, persoa... tivera a oportunidade de opinar e percibir de que as súas demandas poden ser tidas en conta para o ben do futuro do noso pobo.
- Que non nos gustan determinados aspectos do PXOM? Abrir esa ferramenta ós veciños, participar e despois valorar si se cumpren coas demandas solicitadas.
- Que non nos gusta como se vai desenvolver o POL na Illa? Ofrecerlle ós veciños a oportunidade de participar.
- Que queremos participar na toma de decisións sobre o comercio, o deporte, os maiores...? Utilizar a participación cidadá para poder atender ás peticións que se fagan........etc (habería moitas máis)

Pero todo isto non será posible sen a participación cidadá. Estamos tan acostumados a delegar responsabilidades nos demáis (políticos, médicos, mestres, barrendeiros, xardiñeiros...etc) que non nos damos conta do verdadeiro potencial que temos os cidadáns e da responsabilidade que debemos asumir como tal.

Para mostra un botón. Anímovos a ver este documental sobre o que pasou no concello de Allaríz alá polo ano 1989. O documental está feito por uns cataláns que se interesaron polo caso. Titúlase: Revolta en Allariz 89.O pobo unido xamais será vencido.

Enlace: http://www.youtube.com/watch?v=V85-lt3ygoA

Son cinco videos de dez minutos. Cando teñades tempo olládeo, é fermoso ver o que se pode facer coa unión dun pobo e a participación cidadá.

Hoxe en día, e despois daquela revolta, Allariz é un modelo a seguir por calqueira concello de Galicia.
Sen máis, un saudo.

Anónimo dixo

a Illa das Persoas JAJAAJAJAJAAJ!!!!!
15 Días!!!!
despois persoas seran os deles, do resto , como se foramos de Pamplona, ala por ahí.
E ahora teñen cara de volver falar dos aparcamentos soterrados
¡ TEÑENNOS`POR PARVOS !

Anónimo dixo

En resposta a o nº10, non me refería a prezos, referíame a por qué Vilanova, Cambados, Vilagarcía e pobos limítrofes si poden medrar e construir e nos non, é o que non entendo, vexo as alturas en Vilanova (por poñer de exemplo o pobo máis cercano a nos), e vexo as mismas alturas e luces que temos aquí, dónde están esos edificios...antiguamente había casiñas vellas, os pobos cambian, as estructuras tamén, non vexo o por qué de tanta crítica por os bloques de cemento aquí si ao mirar o meu arredor vexo que en todas partes os hai, a eso eu lle chamo progreso, reitero a pregunta, por que aquí, no noso pobo non???

Anónimo dixo

12 tes que estar tranquilo a hora de escribir que te lías coas letras e pareces moito mais exaltado do que es en realidade.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...