17.1.11

O faro, exemplo de feísmo para La Voz

O faro, nunha tarde de verán

[Susi Rial] O xornal La Voz de Galicia, dentro da súa galería de fotos dedicada ás paisaxes máis surrealistas que podemos atopar ó longo da nosa xeografía, incluíu recentemente o faro da Illa de Arousa. Beirarrúas en mal estado, fantásticas paisaxes atravesadas polo tendido eléctrico, cruceiros asoballados por casas de nova construción... son só algúns dos exemplos que conviven co faro, ó que podemos ver na foto número 11 de “novos exemplos de feísmo galego”. O que se denuncia en concreto é o recheo de cemento arredor de todo o faro co único propósito de instalar alí un posto de praia. Algo que o pé de foto non dubida en denominar como un "exemplo sangrante" do feísmo galego.

3 comentarios :

Antonio dixo

Hai anos propuxera o faro como Centro de Interpretación, que mostrase a vida na Arousa desde o Neolítico a hoxendía. Recuperando a zona, sinalando O Naso, incluíndo os mapas de excavacións que atopara no Museo de Pontevedra, proxectando infografías (algo así coma aquel DVD electoral do PSOE, pero mostrando cómo eran o castro e a necrópolis dos Bufos), valorando os recursos culturais e naturais, para nós e para a xente de fóra.

Xa foi alá, pero dito iso, creo que a actuación de montar o restaurante foi bastante respectuosa e integrada no contorno. Se iso é feísmo, hai poucas cousas nos arredores que non o son.

Anónimo dixo

Pois estou de acordo coa Voz, non me parece lóxico que se faga un recheo pra facer un bar ahí, sen falar do impacto visual. Sen embargo un centro de interpretación paréceme moi boa idea e é algo que beneficia todos.

Anónimo dixo

pois, en esto, eu tamén estou dacordo coa Voz, pareceume feo a primeira vista cando o vin montado! é agradable ver un solpor dende a terraza pero tamén o era antes dende os cons...

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...