[Susi Rial] Hai unhas semanas coñecíamos que a Illa é un dos concellos que máis aceite reciclou durante o último ano. E iso é posible grazas a este contedor, situado na Avenida da Ponte, que case pasa desapercibido entre os outros recipientes de orgánicos e plásticos. Botar aceite polo vertedeiro é un dos xestos máis nocivos para o mundo mariño. A meirande parte da poboación coñece moi ben isto, pero non todo o mundo pode ir expresamente ata a Avenida da Ponte a levar botellas con aceite usado. Tanto na Illa como no resto dos concellos, este tipo de recipientes escasean. E, en moitos deles, nin sequera dispoñen do primeiro.
eu creo que ademais de este pola illa hay outros mais, un esta xusto diante da lonxa vella , que o vexo eu todos os dias cando vou para o mar.
ResponderEliminarDeberia haber un en cada barrio , xa que no tema de reciclaxe creo que os da illa estamos moi sensibilizados, e o que me gusta e que os nenos encantalles a reciclaxe.......
Entre o Naval e as Rubas hai outro.
ResponderEliminarEso de que estamos moi sensibilizados...
ResponderEliminarHai de todo, como en todas partes, xente que se preocupa de separar residuos e reciclar e xente que pasa de todo e lle da a risa se lle falas do tema.
Home , eu comprenderas que falo pola xente que eu coñezo , pola que non coñezo non sei o que fan, o que si sei e que cada vez que sae unha estadistica na prensa sobre reciclaxe ou donacions a Illa gañamos por goleada......seguro que nin todo dios dona , nin todo dios recicla, pero parece que a maioria si.....
ResponderEliminar