31.1.11

Anécdotas da motora

 A motora que transportaba viaxeiros entre a Arousa e Vilanova

[María García] Cando se fala do pasado da Illa de Arousa, nalgún momento ten que saír o tema da motora, pois era o medio de transporte que nos comunicaba co mundo exterior. A motora, ademais das viaxes regulares, facía viaxes especiais, incluso a altas horas da madrugada, para trasladar a un enfermo, a unha muller que ía dar a luz ou ás orquestras que viñan amenizar os bailes. De seguro que todos temos algunha anécdota relacionada coa motora.
Un día, vindo na motora, facía vento Sur e o barco balanceábase un pouco. Un viaxante de comercio que ía sentado, levantouse e dirixiuse á escaleiriña de subida ao exterior. Entre o balanceo do barco e que alguén lle dixo que arriba era peor, que lle daban os salseiros na cara, o home quedou alí sentado na escaleiriña, extremadamente pálido, e no punto de mira dun grupo de mulleres que non ocultaron as gargalladas. “Estaba fresco usté para ir ó rasto”, díxolle unha. Outra intentou tranquilizalo: “non se preocupe, home, que xa imos  cheghar, e en pasando a punta do Aguiuncho xa non se move”. O pobre do viaxante quería rir e non podía. Non sei se a el o tranquilizaron as bromas daquelas mulleres. A min -que era una nena-, si que me relaxaron, e sentín unha gran admiración por aquelas valentes mulleres da illa.

5 comentarios :

Anónimo dixo

Teño ido moitas veces na motora, pero hai unha que me quedou especialmente no recordo. Eu teria 6 ou 7 anos ou sexa corria o ano 76 ou 77. Recordo que tuvera que madrugar moito pa coller a motora por que iba a Vigo con miña nai. Ibamos pola actual Avenida da Ponte alumbrada coas antiguas farolas cos postes de madeira, eu iba collido da man de miña nai e non habia un alma polo camiño, ao chegar ao muelle esperabanos a motora antigua con aquel cheiro especial a gas, e metemonos dentro, recordo que tiña os bancos de madeira aos lados. A motora iba casi vacia, e ao chegar a Vilanova estabanos esperando o autobus para ir a vigo. Esto recordo con moita nostalxia e tristura, por que aqueles maravillosos tempos xa non voltaran. Encantoume ver esa foto da motora. Gracias polo traballo que facedes.

Anónimo dixo

Recordo ir cos puchos de Pepito, e se daban unha patada sacudíase a motora.
Non me extraña que algún de fóra tivera medo

Anónimo dixo

Falando de mal tempo, eu non recordo que nin a motora nin o vapor deixaran de saír nunca por culpa de algún temporal... e mira que daquela habíaos ben gordos.
Nesa situación era mellor coller a motora porque a travesía era máis curta e, como ben indicas, entrábase no abrigo á altura do Aguiúncho; pero o vapor tiña que traer as mercadurías de Vilagarcía.
O curioso é que a xente da Arousa mareábase no autobús, pero non co balanceo das fortes ondas dos temporais.

e digo eu dixo

eu digo que , a motora, o vapor de ribeira y o marita,non so era un medio de transporte,que si o eran,pero tamen facian unha labor social moy importante,pois nos traxectos de un lado para outro, os veciños facian vida social,ali falabase de todo,xunto co baile de manolo da patona,eran os dous sitios de mas vida social do povo.
a minha anedota, pois e que recordo que nunha ocasion, benigno,ramon o de pancho e isidoro de santos y eu,colamonos no marita e fomos de polizon ata rianxo a festa da guadalupe,recordo moy ben,xa que estaba a estrearse, a pelicula o padriño,que nos resultou inpactante,e logo a festa,a ningun de nos nos preocupou ,o que nos iba a acontecer o chegar acasa, jajajaja,tiñamos entre 10 e 11 anos.

Anónimo dixo

eu teño un lixeiro e especial recordo de xa fai uns cuantos anos no que o celtiga fora a xogar a portonovo e foi pa alá toda a xente na motora e no vapor, e acordome do detalle de que o vapor andaba moito mais que a motora e decidiron dar un cabo desde un barco ó outro para chegarmos todos xuntos a portonovo. e alá iba o vapor a toda a forsa ca motora de remolque!!

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...