Buscar neste blog

28 de feb. de 2009

Guerra de folletos entre populares e socialistas

Portada do folleto propagandístico lanzado polo PP da illa


A resposta do PSOE, máis propaganda electoral


Páxina interior do folleto dos populares


Como xa fixeran en anteriores comicios electorais, as agrupacións do Partido Popular e do PSOE da illa volveron enfrontarse a escasos días das eleccións, mediante panfletos propagandísticos que distribuíron entre os veciños. Os primeiros en lanzar a súa ofensiva foron os populares, cunha publicación de aproximadamente dez páxinas, centrada en denunciar o que eles consideran os "farois" do grupo de goberno socialista. No folleto repasan as promesas incumpridas até o momento polo PSOE: a edificación de vivendas de protección oficial, a construción dunha piscina, dun pavillón de deportes e dun aparcadoiro subterráneo, entre outros.
Pola súa parte, o PSOE respostou ao PP coa edición doutro folleto no que se defenden das acusacións e lanzan, ademais, un novo ataque: as subvencións que recibe por parte da Deputación de Pontevedra a Asociación de Veciños San Xulián, un colectivo que, segundo denuncian, comparte sede co Partido Popular da illa e non ten unha actividade social visible. "En que gastaron os cartos?", preguntan.

Máis páxinas do folleto do PP: sobre as vivendas protexidas e a lei de costas, e sobre as taxas municipais.

Propaganda electoral: o folleto do PP


Fragmento do folleto propagandístico de 10 páxinas lanzado polo PP da Illa de Arousa con motivo das eleccións autonómicas 2009.

Proganda electoral: o folleto do PP


Con motivo das eleccións autonómicas 2009, a agrupación do Partito Popular da Illa de Arousa lanzou un folleto de propaganda electoral, no que ataca a xestión municipal do grupo socialista.

27 de feb. de 2009

A temática 2009 das comparsas

Integrantes da comparsa As Rumorosas

O desexo de chegar aos 5.000 habitantes, para que o Concello da Illa ascenda de categoría –e polo tanto teña acceso a máis servizos– o conflicto do mexillón e a construción da estrada do Chufre –con todas as súas consecuencias– son os temas de actualidade local máis tratados polas comparsas do Entroido 2009.
As letras satíricas deste ano reflicten, ademais, outros asuntos próximos como a creación do punto limpo, as dificultades administrativas para traballar no marisqueo, os apagóns deste inverno ou os roubos nos bares. É de destacar a ausencia de críticas a “Vila PSOE” nas letras populares, a pesares da polémica que levantou, sobre todo na rede. Aquí teñen unha escolma do repertorio das comparsas:

-As Rumorosas
-Os M.D.A.
-Os Carenas
-A Comparsita

Por certo, sábado desfile de carrozas, e o domingo, exhibición das comparsas. Aínda lles quedará voz?