8.11.10

A favor da peonalización



[Redacción] Dos 24 votos recibidos na última enquisa sobre unha hipotética peonalización do centro urbano da Arousa, un 70% amosouse partidario desta posibilidade. E case un 30% votou en contra. Entre os argumentos favorables que os lectores expuxeron nos comentarios, destacan a solución de problemas como a conxestión do tráfico no verán ou a perigosidade que supón camiñar por certas rúas estreitas, nas que os peóns apenas teñen espazo. Iso si, os comentaristas tamén recoñecen que é un proceso complexo, que requirirá da construción de aparcamentos e do deseño de alternativas de tránsito que faciliten a entrada e a saída da illa.

3 comentarios :

Anónimo dixo

Creo que non amosa a realidade ou ke somos un pouco hipócritas pq se o 70% dos veciños estivese a favor da peatonalización e actuase en consecuencia xa non teríamos problemas de trafico

Anónimo dixo

unha cousa e estar a favor, e outra facer o posible por non coller o coche, eu quero que se peatonalice , pero sigo collendo o coche, non por elo son ningun hipocrita.

Anónimo dixo

Podedes ponalizar o que queirades que todos os conductores se ían pasar porlo forro as zonas peonais, ou é que non coñecedes como se fai na Arousa?

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...