29.6.10

Unha misa especial

 Un cabezudo posando no atrio, ao remate da procesión

O pasado domingo foi un día de festa para a Igrexa de San Xulián. O sacerdote Víctor Suárez Gondar (Illa de Arousa, 1982), recentemente ordeado, elixiu a celebración do Corazón de Xesús para oficiar a súa primeira misa, ante a xente que o veu medrar e tocar a campaíña dende que era un rapaz. Na súa homilía, o cura arousán amosouse orgulloso de ser da Arousa, dixo sentirse "libre" e agredeceulles aos veciños que comprenderan o camiño que escolleu. A cerimonia concluíu cun sonoro aplauso por parte dos fregueses, que logo saíron en procesión coa imaxe relixiosa a ombros e os rebuldeiros  cabezudos rondando. E ao remate, ata houbo pinchos no atrio, ofrecidos polo novo sacerdote, que marcha a Roma a continuar a súa formación relixiosa.

10 comentarios :

Anónimo dixo

Noraboa a Victor, e que todo lle vaia ben na sua nova andaina coma sacerdote.

Arousan@ dixo

E eu que o vexa... Necesitabamos moitos mais curas coma o noso Victor... Para min e un orgullo dicir que o coñezo dende que era un neno i estou casi segura que a institucion da igrexa estaria moito mellor con mais curas coma victor...Espero con impaciencia volver a velo dicindo misa...-seria xenial que el oficiase a misa no dia do Carmen, non vos parece??? Os meus parabens para Victor...

Anónimo dixo

Pois eu creo que nos iria mellor sen ningún cura,pero Victor personalmente cáeme moi ben.

Anónimo dixo

Porque nos ia ir mellor sen cura. Que eu sepa ali non obrigan a ir a nadie. Os que queiran que vaian e os que non pois non. Pero a xente catolica ten dereito a un cura na parroquia, e non sei porque estariamos mellor sen cura na Illa. ¿en que gañariamos? E eu non son moito de misa, pero non me molesta quen vai.

Anónimo dixo

si os curas non son o problema, o problema esta na institucion.......esperemos que todo-los curas que se vaian facendo sexan tan boas persoass coma Victor, xa que a igrexa necesita cambios.......

saudos

Anónimo dixo

A ver cando decimos o mesmo dos políticos que nos representan...de todas as cores.

Anónimo dixo

O de que nos vai mellor sen curas é máis que nada porque:
todo eso que predican, o de dar sen recivir ser bo non mires con quen e moitas outras cousas eles mesmos nas levan a práctica.Ademáis fundouse, enriba da cultura existnte matando e roubando,cunha sarta de mentiras.......
Pero bueno ti sige asi que vas po ceo.

Anónimo dixo

Non é os curas senon a institución á que pertencen,preguntalle os gays e as lesbianas e demasis colectivos minoritarios, incomprendidos e innaceptados pola igrexa.

Anónimo dixo

Matando e roubando fixéronse moitas "Revolucións Proletarias".

"Non é os curas senon a institución á que pertencen,preguntalle os gays e as lesbianas e demasis colectivos minoritarios, incomprendidos e innaceptados pola igrexa." Pois que ben iban a estar no Irán dos ayatolas ou na Cuba dos Castro.

Anónimo dixo

Pero ti que dis?que non crea na relixion católica non quere dicir que crea no islam.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...