18.2.10

Rodeado de Rumorosas

O obreiro da ponte, posando coas Rumorosas

O home que ven na imaxe con cara de satisfacción é un dos obreiros que está a traballar na reforma da ponte. Probablemente nin se lle pasou pola cabeza que puidera acabar formando parte das personaxes que aparecen nas letriñas do Entroido, pero así foi. A comparsa máis "sexy" da Arousa, As Rumorosas, fai referencia a el no seu repertorio deste ano: "Despois de cuarto siglo esperando a que amplíen o puente, xa o están reformando (...). Vou pa traballar contenta, traballar contenta, cando abre o día, vexo ao obrero bijotudo, move a paletilla, mirando pa min". Tras coñecer o seu inesperado protagonismo, o traballador andou a buscar pola comparsa e cando a localizou, posou así de contento coas súas admiradoras.

Portada e contraportada das letriñas das Rumorosas

A comparsa As Rumorosas está formada exclusivamente por mulleres

8 comentarios :

Anónimo dixo

viva os carnavales da illa ahora a coller forsa pas festas do carmen haver si poden poñer as fechas das festas porfavor un saludo desde canariassssssssssssss

Anónimo dixo

si por min fora....que puxeran outro carnaval...no verán!! chamaríamoslle O CARNAVRAN!!!

Anónimo dixo

o do carnaval no veran , e un ruxe ruxe que xa teño escoitado a moita xente, pois xa sabemos todo malo e empezar un ano.........ten que ser un gustazo andar disfrazado unha noite de vran....

Anónimo dixo

vale,dous carnavales,pero o de febreiro é unha festa pagana que mola conservar, xa pode chover ou ventar que as nenas darousa enseñan cacho!!!! e eso justa!!!

Anónimo dixo

e as nenas da arousa sejiremos enseñando o cacho que se estime oportuno cada entroido de febreiro!!!! pero esta é unha festa que se presta aínda máis, si cabe, no verán!!!
Eu non falo de sustituír unha por outra, senón de facer un entroido local nos meses de verán!!!

Anónimo dixo

Por serto.....á prejunta de como se chama o do bigotón...non teño a resposta, pero é conosido, moi respetuosamente como o obrero bijotudo. E parese que non lle senta mal de todo....non hai máis que verlle a cara de felisidade que ten na foto!!!

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...