7.1.10

Uns pechan e outros renacen

O Bar O Porto foi inicialmente unha taberna-tenda


Interior do Áncora, coñecido como "a de Cardama", na Congostra do Rico


A clientela non semella aproveitar moito a wi-fi que ofrece o local


Soubemos polo Faro de Vigo que remataba unha etapa no emblemático bar O Porto do Chufre, coa retirada de Manuel Dios e Josefa Cores, o matrimonio responsable do negocio desde os anos 50.
Os que fan a ruta das "chiquitas" non quedan orfos de todo, porque ao tempo que desaparecen os locais de costume, xorden outros que semellan recoller a esencia das tabernas mariñeiras. É o caso do Áncora, coñecido xa como "a de Cardama", aberto recentemente. Se no fose pola rechamante cor das paredes e o servizo de wi-fi, ao entrar alí, un tería a impresión de adentrarse na vella "Escameira", a taberna que décadas antes ocupou o mesmo lugar. O segredo para atraer a clientela, un viño novo tinto a bo prezo.

2 comentarios :

Anónimo dixo

Alegrome moito por ista nova apertura. O que ten que fasela xente, e mais concretamente os mosos e innovar, abrir novos nejosios, darlle vida o pueblo porque si non o que vai pasar e que van vir todos os de fora a montar nejosios na Illa e van levar todolos cartos. A Illa merese ter un patrimonio comercial como ninjun outro pueblo, sempre foi asi. E verdade que os tempos non acompañan a hora de plantearse un nejosio, pero o que non arrisca non ten resultados.... As autoridades deben ofrecer mais fasilidades os mosos para poderen emprender, en ves de poñer tantas trabas e tributos.
Eu dijobos unha cousa, A CRISE REPRESENTA OPORTUNIDADES, e iso hay que aproveitalo. Animo a todos.

Anónimo dixo

pois moi dacordo co comentario de arriba, hai que ser atrevidos para montar un negocio, despois pode ir ben ou ir mal, pero o que no arrisca nesta vida nada ten.

animo a todos , que con esforzo sempre sairemos adiante.

sobre todo salientar que en estos momentos de crise, son momentos de oportunidades.

saudos

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...