Buscar neste blog

24 de xan. de 2010

As pías dos cons de Testos

Conxunto de cons con valor xeolóxico, en Testos

Detalle dunha das cavidades cilíndricas que presenta o con

Outra pía de orixe natural no mesmo conxunto


[noticia rectificada] Na redacción orixinal desta información propoñiamos o conxunto de cons do piñeiral de Testos, situado preto do denominado Con da Abella, como unha posible mostra de pedras con valor arqueolóxico, baseándonos nas cavidades que presenta, similares á ara de Niño do Corvo rexistrada por Ilha de Orjais, e na súa proximidade a esta.

O biólogo arousán Juan Poza acláranos que en realidade as cavidades que se observan nas imaxes son resultado dos efectos da meteorización e erosión química e diferencial do granito, que forma as coñecidas popularmente como pías (marmitas de gigante, en castelán). Segundo explica Poza, este tipo de ocos cilíndricos están considerados como formacións de interese xeolóxico, e nos cons da Arousa existen varios exemplos. Se cadra, no pasado as pías foron usadas polos antigos poboadores da Arousa para facer ritos pagáns, pero a súa orixe é natural.

10 comentarios:

  1. Teño as miñas dúbidas sobre o valor arqueolóxico destas formacións rochosas. En cambio considero a súa importancia xeolóxica. É unha mágoa que a xeoloxía sexa un campo da ciencia olvidado no sistema educativo galego a pesares de que entre os máis eminentes xeólogos universais se atopen figuras galegas.
    O que se observa nas imaxes son os efectos da meteorización e erosión química e diferencial do granito que forman as coñecidas popularmente como cacholas ou marmitas de xigante. Están consideradas como formacións de interese xeolóxico a protexer, e na Arousa son impresionantes as que hai sobre o "cón das camas" porque nos seus ocos pode deitarse a durmir unha persoa. Este cón é o que está debaixo do gran edificio que hai no paseo marítimo que da á práia de dona Anita, preto da Salga.
    Non cabe dúbida de que algunha destas formacións pudo ser empregada como ara polos nosos antepasados... pero a súa formación é natural por procesos de meteorización química.

    ResponderEliminar
  2. Juan, moitas grazas pola aclaración e a explicación. Xa está a noticia corrixida e o mapa rectificado.

    ResponderEliminar
  3. unha prejunta :
    por que nuns cons hai esas formasions xeoloxicas e noutros cons non as hai?

    ResponderEliminar
  4. Antes de escrever o post no meu blogue sobre o com do Agro de Alonso consultei com três arqueólogos amigos e um quarto ao que fui remetido por um destes. A sua opinião é contradictória: um opina que estamos ante um autêntico altar, outro, como comenta Juan, que se trata de formações naturais e outro prefere não pronunciar-se. Eu opino, como já aponta Juan, que o facto de ser uma formação natural não impede que fosse utilizado para cerimónias ou ritos pré-cristianos. Certamente, de criança tenho visto muitos cons com estas covinhas, as que nos chamava-mos as pias dos pássaros, mas eu não conheço nenhuma tão singular e ao mesmo tempo tão parecida a outras aras catalogadas na Galiza. Segundo me conta um destes amigos arqueólogos o ideal seria fazer uma cata nos cons e ver se há restos de cerâmica e outros indicativos de atividade humana ao redor da pedra.
    Por último, acho que blogues como o de Nailla, e mais modestamente o meu, cumprem o papel de pôr o foco sobre elementos e aspectos da nossa história que estão ocultos ou se conhecem pouco. Seria lamentável que por certas incertezas, autênticos achados ficaram destruídos.

    ResponderEliminar
  5. José Luís, o nome galego destas formacións é a que apuntas: "pías". Marmitas de xigante é o nome castelán.
    A ara de Niño do Corvo ten unha forma realmente curiosa: parece que foi tallada. Acercareime para observala.
    Intentei atopar información sobre estas formacións e o único que atopei, de momento, é esta páxina na que se fala das pías da Curota cunha foto incluída.
    http://www.telefonica.net/web2/k59/arousa.htm
    Na Arousa hai máis curiosidades xeolóxicas, algunhas recollémolas nun traballo co que gañamos o premio "Voz Natura". ¿Fixástedesvos en que os cortes das rochas seguen na maioría dos casos dous ou tres rumbos que non cambian por moi distantes que estean? Son as fallas que lle deron á Arousa a forma de sete.

    ResponderEliminar
  6. A min deixoume un pouco intrigada o do "con das camas",fun por ali a proposito e non fun quen de identificalos,podes dar algùns datos mais precisos?

    ResponderEliminar
  7. Juan donde se pode consultar o traballo de Voz Natura? a qué rochas (as dos cortes) te refires, ás costeiras ou ás do interior?
    gracias de antemán

    ResponderEliminar
  8. Amigo Juan:
    Obrigado pelos links e parabéns novamente pelos teus trabalhos, sempre eruditos e interessantes.
    Os altares como o de agro de Afonso, se é que o é, são conhecidos pelos arqueólogos como outeiros e os ocos, corgos, como o bairro de Ogrove onde eu nasci. Há muitos na Galiza. Um dos mais famosos e que a mim me lembra ao da Arousa, está no recinto do Mosteiro de Cela Nova, por trás da igreja moçárabe.
    Em quanto a bibliografia sobre o tema, o meu amigo e arqueólogo André Pena Graña, envio-me o terceiro volume da Hª de Narão onde fala dos outeiros. O trabalho de André é muito bom, recomendo. Um abraço.

    ResponderEliminar
  9. O cón das camas está na zona do paseo marítimo que vai da casa do cura ou do bar moderno ata a Salga. Despois dunha esquina que se atopa á altura do edificio grande que hai por alí, vese mirando cara ao mar unha gran rocha cabaleira que ten encima as marmitas de xigante. Por certo, estas grandes chámanse marmitas e as pequenas pías en galego e pilancóns en castelán.
    O traballo de Voz Natura está moi resumido en Internet, recollendo só tres dos sete tomos que comprende (dous anos de traballo). Poño dúas direccións porque a primeira corresponde a un dominio gratuíto que a veces falla:
    http://www.ambiental.tk
    http://www.freewebtown.com/ambiental/
    Os cortes das rochas atópanse maioritariamente no litoral. Poden confundirse con cortes producidos polas diaclasas, pero diferéncianse porque son longas e afectan a varias rochas. No resumo do tomo 1 do enlace anterior hai un mapa das fallas na Arousa.
    José Luís, teño por algún sitio unhas fotocopias dun libro que recolle elementos naturais de Galicia que deben conservarse (flora, fauna, etc.) e tamén sinala estas covas das rochas. Por certo, había unha moi interesante nunha praia de Carreirón que hai tempo que non vexo a pesares de que a busquei. Teño fotos dela, pero seguro que alguén a levou para empregala como elemento decorativo. Probablemente coa grúa dun barco de batea se podería levantar. O que tiña eran os chamados "tafonis" que son covas en paredes verticais. Outro tema: vou a ver se atopo unha foto que lle fixen a unhas lousas no Areoso que me pareceron formar unha tumba e creo que non son das analizadas polos arqueólogos. Ese tipo de rochas non se corresponden coas típicas da zona.
    E xa que estamos con este tema, vou a ver se teño tempo para escribir algo sobre a xeoloxía da Illa de Arousa e os elementos de interese xeolóxico.
    Cando tiña sete anos había unha canteira de cuarzo (seixo) e tamén, fai uns anos, a Xunta de Montes denegou o permiso para explotar un tipo de granito que tiña unhas características de calidade moi interesantes.

    ResponderEliminar
  10. Moitas gracias Juan,creo que xa sei cal e o con, irei por ali e fixareime ben.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.