9.12.09

Os rueiros máis antigos

O cruceiro da Torre, nun dos barrios máis antigos da Arousa

O barrio da Torre e mais O Nicho, onde antigamente se atopaba a igrexa, son os rueiros máis antigos da Arousa, de acordo coas explicacións de Manolo Lojo na revista Dorna nº4. Segundo argumenta o historiador, nas forais de 1610 consta que o maior asentamento de vivendas da illa atopábase na Torre, próximo á casa da orde relixiosa e tamén ao cárcere. Ademais, había outras dúas casas xunto á vella e xa derruída igrexa, e algunhas máis espalladas polo resto do territorio insular. Xa no 1779, e seguindo cos datos de Lojo, o reparto de veciños por barrio era o seguinte:

-A Torre: 32 veciños
-Pedracerrada: 20 veciños
-Yglesia: 21
-Plaza: 18
-Salga: 17
-Cruzeiro: 15
-A Fonte: 12


Así, a finais do século XVIII, a Arousa contaba con 135 veciños, distribuídos en sete rueiros.

6 comentarios :

nailla dixo

Borrei a mensaxe en inglés porque era medio trampulleira e estaba xerando máis comentarios lixo.

Anónimo dixo

si carcere, imaxinome que haberia un calabozo donde estaban os guardias civis, si non me equivoco era na torre.......

saudos

Anónimo dixo

No sabia que habia una antigua iglesia en la Isla. Donde queda?

nailla dixo

Pois si, segundo o libro "Historia da Illa de Arousa" hai documentada a existencia dun cárcere na Arousa en 1799, e seguramente xa existía dende había tempo.
Da antiga igrexa da Illa xa non queda nada. Foi derruída a comezos do século XIX e estaba no Nicho (entre o Cantiño e o Naval). O nome de "Nicho" vén precisamente de cemiterio, seguramente o camposanto estaba arredor da igrexa.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...