25.10.09

Concertos, agora tamén no pub A Kultural


O pub A Kultural decidiu organizar unha serie de concertos para animar as fins de semana das frías noites de inverno. A iniciativa bota a andar o vindeiro 14 de novembro, coa actuación da banda viguesa Minim.
Os concertos do Kultural súmanse á oferta habitual de música e teatro do pub Con do Moucho, e á programación cultural do Concello, que se desenvolve cada sábado no auditorio. Para o 12 de decembro, por certo, está prevista a actuación do grupo 6.P.M., do que forma parte o arousán Iván Oubiña.

4 comentarios :

Cidadan_86 dixo

é a primeira vez que vexo de tag de musica ciberpunk. habra que velo!

Ao pé do monte dixo

Un "tag" é una etiqueta, e nos blogs serve para clasificar noticias por temas. (o comentario de Cidadan_86 refirese á etiqueta musical coa que se define o grupo no cartel, non a un tag informático) Saúdos!

Anónimo dixo

No sabia que teniamos talento artistico en A Illa. Pense que Trillo era el unico aventurero pero veo que Ivan Oubiña y 6.p.m. no esta nada mal. Enhorabuena!

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...