28.8.09

A regata do Bao levanta expectación

As dornas, preparadas para a saída

Na Regata do Bao, o aparellamento da dorna forma parte da competición

Moitas persoas seguiron desde a praia o embarque dos tripulantes nas dornas

O pasado 22 de agosto celebrouse na Arousa a Regata do Bao, a última competición do calendario estival de dornas a vela que ten lugar en augas carcamanas. A proba contou coa participación de case 40 embarcacións, entre as que se proclamou vencedora a dorna Bazarra, tripulada por dous veteranos navegantes. A espectacularidade da regata, a única da súa clase con saída desde terra e na que o aparellamento das embarcacións forma parte da competición, congregou a un numeroso público na praia, que non quixo perder o emocionante comezo da regata.
As seguintes citas para os dorneiros da ría de Arousa son a Regata do Albariño, que se celebrará o 12 de setembro en Cambados, tras suspenderse a convocatoria inicial debido ao vento, e a Regata do Marisco, prevista para outubro no Grove.

1 comentarios :

Anónimo dixo

posiblemente a mellor regata de dornas a vela do mundo!!e un espectaculo poder ver a saida dende a plalla e poder contemplar case toda a regata dende a playa...en fin, un atractivo mais dos moitos que ten a illa, sen duda un paraiso!!

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...