10.5.09

O mural do Moucho

A pintura mural do Con do Moucho reinterpreta a paisaxe nocturna da Arousa

O mural máis pequeno é de inspiración urbana

O pub Con do Moucho vén de estrear un fermoso mural de reminiscencias oníricas, obra do artista compostelán Pablo Sexto. A pintura mural está dividida en dúas partes: a de maior superficie mostra un moucho, símbolo do local, nunha árbore, e algúns elementos que identifican a Arousa, unha ponte, un faro, unhas dornas navegando, os montes no horizonte... O mural máis pequeno recrea unha paisaxe urbana, na que conviven modernos rañaceos e antigas chemineas das fábricas conserveiras.

2 comentarios :

Núñez dixo

Moi chulo o mural do Moucho!! Invitados estades todos a que pasedes a velo en directo!!

Anónimo dixo

mellor aínda: podedes velo con música en vivo i en directo!! este sábado hai foliada con motivo do día das letras galegas!

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...