11.5.09

Dicionario de ausencias

Tres cunchas de lamparón, e máis de berberechos e de relós

Como pode ser que o dicionario de galego non recolla a acepción de lámparón como becho do mar que vive adherido aos cons?. Moitas palabras que usan a cotío as xentes da Arousa non aparecen recollidas na norma oficial do galego, pero iso non significa que debamos renunciar a elas. En ocasións, o termo remite a unha palabra primitiva en latín, ou aparece recoñecido pola lingua portuguesa, pero noutras, descoñecemos por completo a súa orixe. Para facer unha compilación de todas esas palabras, e tratar de dilucidar o significado e a ortografía correcta, iniciamos un novo proxecto aberto denominado Dicionario de Ausencias. Ao igual que o Proxecto Talasonimia da Arousa, trátase dun espazo de intercambio de coñecemento e colaboración dirixido a todas aquelas persoas amantes da fala arousá, ou nun senso máis amplo, das palabras discriminadas polas institucións da lingua.

45 comentarios :

José Luís do Pico Orjais dixo

Que boa ideia. Gostaria de participar e estarei atento para apreender do que fale a gente. Proponho estas duas: gradicela, para estrela do mar, pouco usada já na Galiza e lustriga, para hortiga. Saudações.

Anónimo dixo

Sempre escoitei "estrugha". O que si se di na Arousa é "lustrighaso", calambrazo.

Anónimo dixo

Gradicela figura como entrada no e-Estraviz co mesmo significado que nos lle damos, estrela de mar.

Anónimo dixo

Estramio. Sinónimo de estrume. Herba seca para o chan dos cortellos.

José Luís do Pico Orjais dixo

Acho que também se dizia lustrigha, mas estrugha, aínda melhor. E que me dizeis de expressões como "de lés a lés", (dum lado a outro) também no Estraviz, "cabecinha de poipoi", (insulto fodido) ou estar ghorado, aplicado a pessoas. O outro dia contaram-me na Arousa uma expressão um bocadinho machista mas que possa que tenha alguma explicação antropológica. Aos peitos das mulheres chamavam-lhe "pão de Cambados". Por certo, trata-se de fazer um léxico exclusivo da Arousa ou mais bem fazer um vocabulário de palavras usadas na Ilha mas já de escasso uso no resto do território galego? Por exemplo, geva é um americanismo para mulher, mas é um termo muito da Arousa. Outros como changui ou fazer um changui, quiçá de change/câmbio?, pode ser um termo de língua franca marinheira? Seguimos.

Anónimo dixo

Cando eu era rapaza(fai uns trinta anos)uns mozos de Ribadumia escachaban coa risa cando nos oian dicir"ainda e sedo"dician que so aqui escoitaran esa expresiòn,eles dician"ainda e pronto"

Anónimo dixo

hai expresions que a xente de "fora" lle chaman a atencion, a toda a forsa , como unha porca , son algunhas que sempre me repetian amigos de fora , como abrir as aes , para decir Caaman(coa man)

Anónimo dixo

Unha expresión moi antiga e moi mariñeira"estache metendo a lancha a bordo"que quere decir,que che está tomando o pelo ou metendoche unha trola e outra"tomastesme o folio cambiado"esto serian palabras maiores,non te confundas conmigo ou algo asi

Anónimo dixo

algunha vez teño oído: "onte levou a santa él sólo para a casa" significa que levaba "unha area como unha porca", jeje!

Anónimo dixo

tamén chama moito a atención a experesión "das noto" que penso que todos sabemos o que significa jejeje!!!"os de fora" din "das asco"

Juan dixo

Paréceme moi interesante esta recopilación de termos carcamáns, pois con esto do galego oficial estanse a perder e recoñezo que eu xa non uso algunha desas verbas.
Na arousa ás ortigas chamábanlle dos dous xeitos: estrugha e lustrigha. Tamén recibe o mesmo nome o peixe parecido á raia que da lustighasos (pez torpedo).
Aos mariñeiros novatos decíanlle que para que non dera lustrighasos tíñalle que mexar enrriba. Podedes imaxinar o resultado.

Juan dixo

Acabo de acordarme doutro nome que non atopo no diccionario xerais. Aos camaróns na Arousa chamabamoslle "pelóns". Tamén cos pelóns había unha novatada. Para capalos, o novato agarrábao dos pelos e cun empuxón clavábaselle o aguillón nos dedos.

McMill dixo

Namén "noto" por "noxo", "garroa" -con gheada, claro- (que ven nos diccionarios de portugués, coma 'vento suave na costa'); "trebiscos" ('torbiscos' no diccionario, unha planta que se usaba para quitar o aire).

Curioso sería tamén enumerar as palabras que se usan sen gheada, varias por ser neoloxismos ou castelanismos, outras quén sabe por qué: "ninguién", bolígrafo", "domingo", "chinglán"...

McMill dixo

"frangullas" tamén sen gheada, e "golfes" con -gh- (algas de tronco duro) e outra palabra creo que da Arousa...

McMill dixo

Outra cousa son palabras que se perderon fai pouco na Arousa(ou eu non as escoito) pero están nos diccionarios, por exemplo "corcoño" é un sobrenome arousán que significa "vagalume" pero cada vez escoita-se máis "lusiérnagha"...

McMill dixo

(ah, "noto" xa estaba, non atterrisara!) Seguindo coa fauna: "lagarto arnau" di-se en máis sitios? e "aguiuncho" (aguilucho) é outro nome que pasou a "aguilucho" pola via rápida (via rápida da escola-prensa-medios, da natural "no-imposición" do castellano...

nailla dixo

McMill non coñecía o significado da palabra corcoño, que bonita!

Con respecto ao das palabras sen gheada, teño entendido que cando o "g" vai precedido de "n" non se fai a gheada: Cangas, mango, longo...

McMill dixo

Si que é bonito, eu tampouco o sabía ata fai pouco. Acabo de ver no jujel: http://www.peirao.com/tema_ver.php?id_tema=264 :

Especie (nombre gallego): Vagalume, vella do caldo, lucencú, verme da noite, corcoño, lucerla

Especie (nombre científico): Lampyris noctiluca (Linnaeus, 1767)

O alcume dos da Arousa debe vir de hai moito, hai umha das coplas do entroido dos anos 30' que fala dun tal Corcoño...

Anónimo dixo

Non vela boia, non saber por onde se anda e unha expresion que fora da Illa hai moita xente que non entende. E outra a de voulle tirar unha pedra o mar, que vai cando a xente despois de moitos anos de traballo no mar se decide jubilar, ou deixalo chollo. Noraboa ao blog xa que este diccionario de ausencias foi noticia no diario de arousa do 19 de maio. Un saudo

Anónimo dixo

Que opinades de Chover a esmadrasar, ter a area de sal no cú, caer un pampero (eu teñoo escoitado na arousa pero fora quedan ca boca aberta cando oen)

Anónimo dixo

creo que ninguén dixo aínda "salchicha" para o embutido... no resto do continente chámanlle "chourizo"

McMill dixo

O de "ten a area de sal no cú" está divertido, e non o tenho escoitado fóra da Arousa. Outras expresións, que non sei se as usan por aí son as de "andar con alguén" no sentido de ser amigo (''anda con tal; non andes con aqueloutro...'') coma o de "falar con alguén" no sentido de ser mozo/moza. O de -n- antes de -g- vexo que é a norma, non me dera conta... por exemplo "angarella" dise sen gheada, e é outra palabra que ven no diccionario en plural "angarellas = padiola, andas", pero eu escoitei-na máis en singular (en latín é «angaria»).

McMill dixo

Seguindo co dos piornos, "piorna" é como se chaman os trompos pequenos, noutros lados "pionas", suponho que provén doutra raíz común con "peonza", porén só o vin coma topónimo de Portugal ou Castela, e no http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp namáis ven "buxaina" ou "bailarete", e dese ámbito "chocha" é umha fenda feita coa punta dunha piorna, trompo, buxaina ou "vaca" (as gordas); casualmente no diccionario ven como frase "A vaca levaba unha choca no pescozo" pero ben podía ser que outro tipo de vaca levase umha "chocha", que se usa logo para outro tipo de fendas. Outra de xogos é «bolondrón», as bolas grandes das canicas, que o vin coma topónimo cubano, ou palabra recuperada en castellano de Montefrío (resultado, tras darse un golpe. Sin: Tolondrón). Curioso tamén esa lista > http://www.forummontefrio.es/foro/index.php?topic=997 . Pasaran-me un libro titulado «Galegos nas Alpujarras granadinas», e quén sabe se algún léxico é só "confluencia" ou "influencia"

Na Arousa dixo

O n antes do g non implica sempre a ausencia de gheada. Exemplo "enghado, enghanche".

McMill dixo

O do -ng- tamén é certo que vai con gheada ás veces (desde ló ésas!) pero a maioría das que se me ocorren agora sen gheada, e as que dixo "nailla" son dese tipo, igual algumhas tamén por seren neoloxismos -manga, mango, mangallón, mangueira, longo, alongado, pinga, pingueira, ningu(i)én, ningures, changüí, tango, ángulo, triángulo, xungas (plantas que nascen ventureiras nas leiras) terá que ver con "chungas"?... non é umha palabra 'caló', coma o verbo "molar"?

McMill dixo

E seguindo con plantas, umhas dúbidas:
O lugar de "Espinheiro" ha ser pola "espiñeira" ou "espiño albar" (crataegus monogyma)? "Samugueiro" que ten flores brancas, tenho escoitado "sabugueiro", tamén fóra da Arousa, pero só o vira de flores amarelas. Acabo de ver que é a mesma especie. "Salgueiro" é "sauce" en castelhano (chorón, branco, etc) é curioso como perduran nos topónimos cousas coma "Los Salgueiriños" e un taller se chama "Os Sauces".

Na Arousa dixo

Ainda que na mairoría dos casos despois do n vai g e non gh hai exemplos no senso contrario. Vou poñer un par deles máis "enghretado". Agora diredes, claro, pois serán as que empezan por en-. Pois non, tamén temos "anghustia". Penso que decimos Inghlaterra.

McMill dixo

Inglaterra e inglés creo que os escoito máis sen gheada... menos cando se refire a VillaJarsía! Haha...

McMill dixo

Máis de flores: millarenga (non exclusivo da Arousa, de feito é tamén un topónimo corunhés) > http://farm3.static.flickr.com/2389/2359346482_cf1fca3d14.jpg

McMill dixo

Outra moi da Arousa: "asougar" ou "azougar". Para nós significa 'axordar', molestarse por uns berros moi fortes. No primeiro diccionario que eu vin non saía, logo no Dic-de-dics: http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=azougar&tipo_busca=lema sae "animar" ('azogar' en español), "embruxar" ou, se acaso a máis parecida "desasosegar"; na ilha de Madeira significa morreren os animáis (ou esmoreceren), nos diccionarios que vin de portugués na rede está como palavra (cos tempos verbais no 'wik-cionário') pero sen o significado!

McMill dixo

Onde preferides os comentarios, aquí ou en http://illadearousa2.blogspot.com/2009/05/dicionario-de-ausencias.html ?

McMill dixo

Do mar: Numha copla do entroido dos anos trinta din "levou-lle a roda da proa / un felucho de Corón" 'felucho' era un bote pequeno, con tipo de vela triangular.
"Ilhola" eran as embarcacións pequenas feitas con tablóns, moitas veces para "enredar" (para xogaren os rapaces)... terá que ver con "ilha" ?
"Bruscas" son as madeiras curvas da dorna. "Barragán" ou "barraganete" é outra parte da dorna que tampouco sae no diccionario.

McMill dixo

Do topónimo "Tarais" tampouco hai referencias: nen 'taral' nen 'tarai', que é umha árbore (non sei de que especie, disque hai un na horta do cura).
"Pereiuco" (perilhuco) tamén se chama "estripo, según me dixeron. No dicc. da Xunta: "Estripeiro" s.m. Arbusto espiñoso, bravo, con froito non comestible, que se utiliza para enxertar pereiras e maceiras. Ó estripeiro tamén lle chaman pereira brava. SIN. estripo. CF. espiñeiro, espiño

McMill dixo

"Carena" ha de ter influencia de "carenado" dos veículos de terra, e do castelán "volumen limitado por el casco y por la superficie de flotación en un buque". Na Arousa di-se "ter umha carena" ou "levar umha carena" coma "ter umha area".
Noutra das letras do entroido dise chama-se a un "bodeón", un peixe similar á maragota, que tampouco ven no diccionario.

McMill dixo

"maiolos" son os chopos aboiados, despois de desovar (disque por maio...) fracos e moitas veces sen cabeza, por chanchadas de arroaces ou congros (que non roen a cuncha)

McMill dixo

Para engadir ao de "mó" que xa recolhestes: noutra antiga copla do entroido di-se "e meteran-se dentistas (...) para rastrear as mós". Igual é un xogo de palabras con retranca (falan dun 'duque dos Tarais', un 'marqués de Riasón') ou outra maneira de chamar-lhe ás "moas" (en todo caso non "muelas").

McMill dixo

Hai algumhas palabras con pinta de inventadas expresamente para as coplas, posiblemente para cantar outra cousa umha vez evitada a censura. Se alguén sabe qué son "alegorizas", "atesas pernequitencias" ... sou todo orelhas!

McMill dixo

Hoxe dixeron-me que "corconho" na Arousa é un tipo de minhoca branca, igual é un tipo de con-fusión similar ao de "biluricos" (que designa a catro ou cinco especies parecidas pero distintas".

nailla dixo

McMill, as propostas de palabras penso que é mellor poñelas no sitio directo do dicionario. Tomo nota das túas achegas, Graciñas!

McMill dixo

Vou comentar aquí, porque non sei que pasa que na outra páxina do diccionario non me deixa:

«Magas» que di "pepito" na outra web > /maghas/ , non é exclusivo da Arousa, e suponho que sae en moitos diccionarios. Daí ha de vir tamén «esmagar».

«Alborio» e «trebolín» (ou «trebulín») aparecen con significados distintos aos da Arousa.
O primeiro é un alpendre, que noutros diccionarios de galego está coma "alboio" e no Estraviz é => s. m. Terreno ruim com bosque. E "Trebolim" => s. m. Briga, liorta entre gente. Na Arousa escoito-o coma vendaval repentino. tal vez emparentado con «trebón», «treboada», pero o curioso é que ven no Estraviz con -v- => "Trevom"
s. m. (1) Chúvia súbita e forte.

Anónimo dixo

ir a estrola e ir a ruina, ainda que non sei cal e o significado de estrola. si o sabedes poñedeo.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...