Buscar neste blog

3 de abr. de 2009

Primavera

O perilluqueiro da Abilleira en flor

A denominación que recibe na illa esta árbore, o "perilluqueiro", non aparece no dicionario, pero así é coñecida entre os veciños. Antes de que houbese bancos e beirarrúas na Abilleira, xa estaba alí o perilluqueiro, ofrecendo a súa xenerosa sombra nos días de verán. Na primavera, loce espléndido ateigado de flores, reclamando o seu merecido lugar na paisaxe sentimental da Arousa.

7 comentarios:

  1. Bonita foto, parabéns. Pode ser unha pereira brava ou escambrón, ái podería estar a orixe de pereiuco (froito) ou pereiuqueiro (árbore). Pero tamén pode ser un Estripo albar,
    Crataegus monogyna, (Rosaceae), nunha páxina dun colexio de Poio chámanlle ós seus froitos "pero" ou "perulo". Tamén nalgún lugar confunden as dúas especies ESTRIPO, ESTRIPEIRO, ESTRIPIO e PEREIRA BRAVA. A pereira brava sería Pyrus cordata Desv. Rosaceae, mais o estripo é Crataegus monogyna, Jacq (Rosaceae). O estripo ten espiñas, a pereira brava penso que non, tamén se distinguen as follas. Sería preciso unha primeira identificación botánica da especie, e a partires de aí poderiamos atopar a orixe da verba pereiuco. A ver si alguén nos pode axudar.

    ResponderEliminar
  2. Outra cousa, para ser máis precisos, habería que falar de arbusto e non de árbore. Antes as leiras chegaban ó mar. O primeiro camiño que se fixo pola praia foi arredor do ano 80. O camiño orixinal é o que vai por riba, pola horta do cura. Antiguamente tamén se iba pola praia, pola testeira das leiras, incluso habia unha pequena pasarela por riba dun regato que saía máis ou menos na metade da praia da abilleira. A fin deste arbusto acho que nunca foi a de dar sombra, tamén sirveu para amarrar algunha dorna, que xa o teño visto. Tense empregado en moitas zonas da Galiza como marco, quizais esta fose a súa verdadeira función. O que penso que está claro é que se trata dunha especie endóxena, adaptada moi ben á salinidade, non coma outras árbores que se empeñan en poñer en prazas e paseos, que o único que fan é dar problemas. Penso que, con bo criterio, os arbustos que se prantaron nese paseo son da mesma especie, ou polo menos espiños. Seguro que quedará moi bonito cando medren. Os froitos, flores e follas son comestibles, son moi bós para o corazón. Seguro que é por esto e non pola sombra polo que os vellos se sentan debaixo del..., esto último é broma.

    ResponderEliminar
  3. Ainda que non son de letras, quizáis o nome da árbore sexa feminino, ou non?

    Esta árbore é o Crataegus monogyna, o dos perellucos (ou pereiucos?). Moitos libros de botánica o chaman estripeiro. Eu sei que o que na Arousa chaman estripo non é esta árbore, senón á pereira brava ó abruiñeiro e tamén a un cerollo que aparecía salvaxe e os rapaces íamos a coller os seus cerollos.
    Pero este en concreto é o Crataegus. Un bo exemplar, evidentemente.
    Certamente é arbusto, ainda que na lista de plantas da Illa (http://www.freewebtown.com/ambiental/fanerogamas.htm) o agrupei entre as árbores.

    ResponderEliminar
  4. Olá Juan. Não conhecia a página do projecto do teu liceu. É fantástica. Parabéns.

    ResponderEliminar
  5. Grazas pola información. Dúas dúbidas, os arbustos que prantaron nese paseo son a mesma especie?. Poderías intuir de onde ven o nome pereiuco?, xa apuntei máis arriba que na web dun colexo de poio ós froitos chámanlles peros ou perulos. Eu penso que ten que ver coas peras. Outra cousa, meu sogro chámalle estripo a ese pereiuqueiro. Di: vou dar unha volta ata o estripo. É verdade que para min un estripo sempre fora outro arbusto, mais xa ves, non sabía que tiña un sogro experto en botánica.

    ResponderEliminar
  6. Coñecer os estripos era moi importante para os agricultores, xa que se empregan para inxertar neles outras árbores froiteiras. Por eso se lle chama estripos a tódalas árbores que serven para inxertar (pereira brava e abruiñeiro ou bruñeiro en galego oficial).
    O nome probablemente teña que ver coas peras. Eu recordo que meus avós inxertaban as pereiras nos pereiucos.
    O froito do Crataegus é inconfundible; pero a folla tamén. Fíxate na forma das follas para saber se son a mesma especie. Sinto non poder confirmarcho porque non me fixei.

    ResponderEliminar
  7. Gracias polos parabéns, José Luís Dopico. A web é un resumo do traballo realizado que se recolle en 7 tomos.
    Por certo, un acceso facil á web do impacto ambiental do turismo en Carreirón é a seguinte:
    http://www.ambiental.tk

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.