3.7.08

Flora dunar

Rabo de coello, na praia das "Señas"


"Bágoas de crocodilo"


Xa que falamos aí atrás do carpobrotus, o protagonismo nesta ocasión correspóndelle a dúas especies propias das dunas e os areais costeiros da illa, o rabo de coello (lavutus ovatus) e as “bágoas de crocodrilo”. Esta última especie é probable que teña outros nomes, agradécese a información sobre a denominación científica. As dúas imaxes foron captadas na praia das Señas.

3 comentarios :

Juan dixo

A que chamas bágoas cocodrilo coñécese na Arousa como bágoas (ou lágrimas) de San Pedro. En galego tamén se chama tremedeira e o seu nome científico é Briza maxima (sen tilde porque os nomes científicos non a levan).
O rabo de lebre ou rabo de coello tamén se coñece co nome castelá de "lágrimas de la virgen". O seu nome científico é Lagurus ovatus (hai un pequeno erro).
Estas plantas non son características das dunas, senón dun estado màis avanzado na sucesión ecolóxica cara á vexetación litoral. Son plantas de litoral, pero non soportan os ambientes extremos das dunas móbiles ainda que poden colonizar as dunas fixas cando comeza a formarse unha capa de terra.

nailla dixo

Xa sospeitaba que o das "bágoas de cocodrilo" non debía ser tal, pero era o nome que usabamos eu e meus irmáns de pequenos, cando íamos á praia e se nos daba por apañar este tipo de herbas. Non sei de onde o sacamos.
Agradécoche as túas explicacións, deixo a entrada tal e como está, pois co que nos explicas, xa queda corrixida. Grazas!

rumorosa s.a dixo

A VESES TAMEN ESTAN POLO CAMIÑO, DE FEITO ANTES HABIA MOITOS XUNTA O JRUPO...

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...