19.6.08

O ático de Pepe Blanco




Diversos medios dixitais fanse eco hoxe deste vídeo realizado e publicado polo xornal conservador La Nación (Grupo Intereconomía) no que se asegura que Xosé Blanco, secretario de organización do PSOE, adquiriu unha propiedade nos famosos pisos da Punta do Furado. A construción deste residencial á beira do mar ten provocado airados comentarios neste blog, onde incluso algún visitante xa ten advertido de que Blanco, asiduo dos veráns carcamáns, tiña os ollos postos na polémica obra.

É obvio que este vídeo sensacionalista ten por principal obxectivo desprestixiar politicamente tanto ao Concello socialista, como ao secretario do PSOE, e nel fanse algunhas afirmacións falsas; por exemplo, non é certo que as ameazas de derribo das casas da zona proveñan do Concello, senón da Xunta. En todo caso, si é responsabilidade do Concello a recalificación como urbanizable dun piñeiral situado enriba da praia e a concesión das licencias de obras. Ata o momento, leva soportado as críticas de moitos veciños, veremos agora como capea o temporal baixo o foco dos medios de comunicación.

26 comentarios :

Modesto dixo

A min dame ighual que con este vídeo queiran desprestigiar ó alcalde ou os do PSOE, pero as cousas como son, ese edificio ahí non ten que estar e punto. Ademais e feísimo... Parece un instituto...

españoliño dixo

que lle vamos facer? o final sempre pagan os que menos teñen e non se vay cambiar pase o que pase........ saludo pa todos os carcamans que esta lonxe da nosa terra

Ramon Paz dixo

Dame moita pena que na Illa andedes con esas historias urbanísticas a voltas. Todo isto está fora de lugar, e as ganas de chupar do bote de todos os políticos, cárganse a historia, o patrimonio, as propiedades, da igual o que, o caso é construir e arregañar un puñado de euros. É penoso.
Eu quédome co recordo da Illa cando vivía alí, coa súa xente, a mellor de toda España, coas súas tradicións, coas súas paisaxes.
En xulio cando vaia para ahí, sei que me encontrarei todo moi cambiado, edificios e mais edificios (según me contaron) o novo Regueiro (esto sí me parece moi ben, según vin nas fotos que publicastedes), etc
Eu vivo en Murcia, e aquí todolos días amencemos cunha nova trama urbanística, caso totem (ver totana.com) caso polaris, urbanizacións de 25000 habitantes, en fin, penoso.
Eu penso, resumindo, que hai lugares que merecen ser respetados, e a zona onde se quere ubicar este edificio, como dí modesto, non é a mellor.
Saudos a todos carcamans dende Murcia

Anónimo dixo

Co que estou de acordo neste video e ca falta de sensibilidade. Ademais de ser honrado hai que parecelo,e aqui a honradez non a vexo por ningun lado. Sempre axudando o grande e axudando pero a afundir o pequeno, unha pena

Anónimo dixo

Espero que pronto todo salga a luz. Porque esta edificacion xa trae cola de antes. A pena e que seguro non sigue a diante mais nada. Porque ningun outro periodico se fixo eco de esta noticia. Nin o PP lle esta sacando partido.

A cola da que falo que escoitin e que se puderon pagar sobornes para aprovar esa edificacion. Xa que anteriormente todos os partidos non sendo o PSOE ivan en contra, e de repente o independiente que ahora xa non esta, votou a favor. Que lle fixo tan repintinamente cambiar de opinion.

Outra trama mais, a edificacion que queren facer na carretera das aceñas, no chamado con do sol. Supuestamente tamhen seran VPO, algunhas delas por lo menos porque sabe dios as viviendas que faceran ahi. Non debe de estar a mais de 100m da playa. E sei que os veciños de esa zona non lle deixan obrar.

A verdad non entendo como a xente que conoce de estas cousas non denuncian.

Anónimo dixo

Encontre esta noticia en¨la voz de galicia¨ que tiene en parte que ver con la edificacion de este edificio. Y en parte que afecta a todos los vecinos de la Isla de Arousa. Costas pretende recuperar todo el litoral, cuantos seremos los afectados en la Isla?Nos derribanran nuestras viviendas de todo la vida? Conozco a mas de una casa que entraria en este deslinde.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/06/22/0003_6926072.htm

Que opinais?

Anónimo dixo

Disculpar no salio todo el enlace del articulo.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/06/22/0003_6926072.htm

Anónimo dixo

[url]http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/06/22/0003_6926072.htm[/url]

Anónimo dixo

No entiendo porque no sale el enlace. Disculpar.

pegar esto despues del 2003.

_6926072.htm


seria 2008/06/22/0003_6926072.htm

Anónimo dixo

La verdad es que la mayor de la gente que aquí opina no tiene idea de la realidad de la obra. ¿Alguien sabe que esa zona de unos 34.000 mtrs.2 de propiedad privada pasa a ser un parque público de 28.000 mtrs. de propiedad pública? Es cierto que es un edificio que pueda no gustar, pero el pueblo de la Isla gana en muchos sentidos. Hay que informarse antes de criticar.

Anónimo dixo

La gente que aqui opina talvez no le importe un parque publico de 28,000m2 cuando tiene que vivir en una casa de menos de 100m2 con sus 3 hijos, su mujer y sus padres bajo el mismo techo porque no se permite hacer viviendas unifamiliares en la mayoria del territorio de la isla y los pisos que si se hacen se disparan de precio y los que son de precio asequible son de 50m2.

Al final ese espacio publico lo que hara es servir de bonito para ese edificio. Lo mas sensible y correcto seria utilizar eses 28,000m2 para construir VPO's a coste para los que somos de la Isla.

Porque no ofrecer eses 28,000m2 a una cooperativa que se pueda formar entre familias de la Isla que necesitan vivienda y la edificariamos nosotros mismos a coste. Ya se hace en otros sitios de España, porque no se podria hacer aqui? Seguro que a muchos les gustaria eso. Ahhh pero, le fastidiaria las vistas al Villa PSOE.

Tu lo que no ves es la realidad de los que habitamos la isla y no solo en verano. Tu lo que no ves es que se permitan construir y recalificar terrenos a los promotores y no se permita hacer una pequeña extension en tu casa para que puedas tener 2 baños en vez de solo uno.

Tu lo que sugieres es que hagamos la vista gorda hacia cosas que no estan bien y parecen bordar la linea de la corrupcion, si no la ha pasado ya, y que cerremos los ojos porque nos dan un hueso para roer.

Me gustaria saber en que otros sentidos gana la "gente de la Isla" segun tu en respeto a esta obra y ese espacio publico.

Moloboo dixo

Vamos a ver, si incumple la ley que lo derriben y punto...Dura lex sed lex.

Anónimo dixo

Que gaña a illa con ese parque de 28000 metros cadrados. Eu teño un terreno de catrocentos metros doulle mañan 250 o alcalde e que me deixe edificar o que queira nos outros 150. Gaña o pobo, unha merda. A min danme unha patada no cu e a Pepe Blanco un piso no Cabodeiro. E todolos galegos sin edificar a 500 metros da costa. Eso e do que se hai que informarse. Xa estou informado e coas cousas moi clariñas, non encubrindo corruptos porque son amigiños do Psoe. Corruptos ainos do PP do Psoe e do Bng, non nos engañemos e nos temolo socialista e hipocrita.

Anónimo dixo

todos os que chorades e criticades seguro que tendes vendido algun terreno a precio de ouro, e si non vos algun familiar directo , asi que menos demagoxia, que e moi bonito despotricar aqui, pero a hora da verdade vas a xunto calquer veciño da illa pra comprarlle unha tira, e pideche a precio de marbella ou directamente che manda a merda, e despois claro , non podemos facer casas na illa, sodes uns hipocritas e so vedes o que vos conven, cantas areas de reparto non se fan por culpa de catro burros que non ven mais ala do seu nariz, e despois claro a criticar e a manifestarse contra costas , pena me dades, que ben fixen en construir a miña casa fora da illa, a pesar de que a miña muller e de ahi, pero nada tedes o que vos merecedes......

saudos

Anónimo dixo

Pena da o rencor e a ignorancia. Como eu me tiven que ir para fora jodedevos todos. Asi nos vai, con esa solidaridade todo sera mais facil. Como eu deixin que me pisotearan ti deixate tamen. Eu non, outros xa vemos que si. Protestar polas inxustizas e un dereito e case deberia ser unha obligacion. Temos o que nos merecemos eso si, porque o votamos, e respaldamos esa xestion catastrofica, clientelar e caciquil. Non o fascimo.

La primera verdad es que la libertad de una democracia no está a salvo si la gente tolera el crecimiento del poder en manos privadas hasta el punto de que se convierte en algo más fuerte que el propio estado democrático. Eso, en esencia, es el fascismo - la propiedad del estado por parte de un individuo, de un grupo, o de cualquier otro que controle el poder privado.

Franklin Delano Roosevelt,

Anónimo dixo

Choramos e criticamos? Que pedimos moito por os terrenos? Anda home, pero donde estas metido ti? Encima de que nos estafan con a mal chamada area de reparto queres que regalemos os nosos terrenos? Ti desde logo non tes moita idea do que falas. Creo que deberias de enterarte realmente o que son as areas de reparto. Que pouco lle falta para que a U.E. as declare ilegales.

Eu tenho terreno en area de reparto e como sabes non todos somos narcos ou mexilloeiros. Alguns vivimos con pouco diñeiro e non podemos emplear de 3 a 5 millons en urbanizar esa area de reparto.(cando outros non pagan nada).

Para que sepas como funcionan as areas de reparto. O ayuntamiento esta suposto a promover e axudar a os propietarios a repartir e a edificacion das areas. Eu econtreime con imposibles a hora de seguir adiente.

Sabias ti que o ayumtamiento pode expropiar o terreno e darllo a un promotor para urbanizar si esa area de reparto non e sacada a diante en X tempo? Non sera por eso que existen tantos impedimentos? como pode ser que non salan adiante as areas de reparto?

Anónimo dixo

Totalmente dacordo contigo no das areas de reparto. Eso e un roubo e fanche a vida imposible para que non saian adiante. Ahora o de narcos ou bateeiros sobra. Creo que non ten nada que ver un narco cunha persona que traballa honradamente. Hai equivocaste gravemente.

Anónimo dixo

"Sabias ti que o ayumtamiento pode expropiar o terreno e darllo a un promotor para urbanizar si esa area de reparto non e sacada a diante en X tempo? Non sera por eso que existen tantos impedimentos? como pode ser que non salan adiante as areas de reparto?"


sei sobradamente como funcionan as areas de reparto, e mais , eu teño un terreno en unha, e podoche decir que si non saen adiante e po-la negativa da xente, o de que cha poden expropiar eso e mentira, e partindo de eso pouco podo decir......

ao que nombra a narcos e mexilloeiros, e mellor que englobes a narcos e contrabandistas, o que pasa e que a estos ultimos ao mellor telos moi cerca e por eso metes aos bateeiros no saco, en fin , seguro que ti (ou a tua familia)tiñas unha batea , vendestela collechelos cartos e agora falas mil pestes dos bateeiros....

saudos

Anónimo dixo

"Pena da o rencor e a ignorancia. Como eu me tiven que ir para fora jodedevos todos"


non amigo, eu fixen a casa fora da illa porque quixen , e porque a quixen facer legal , xa que tiven que pedir unha hipoteca, claro non me tocou a loteria na chabola .....

eu tiña un terreno para facela como esas do cabodeiro, pero non me gusta xogar cos meus cartos , e cando fago algo fago seguro de que non vou a ter problemas......

na illa, tendes un concepto distinto da ley, acatadela si vos conven , e sinon a dar pena.......

criticades o edificio do furado, si todo dios sabe que eso e perfectamente legal (horrible como el solo , pero legal) e apoiades aos que fixeron a sua casa donde lles saeu dos collons.....non hai quen vos entenda.....

saudos

Anónimo dixo

O comentario de narcos o bateeiros referiame a ter diñeiro para poder invertir de 3 a 5 millons para urbanizar, non todos dispoñen de esa cantidad o que significa que non podes sacar a area de reparto adiante. E non, nunca tuvemos bateas, e tampouco tenho nada contra os narcos ou bateeiros.

Sobre que o ayuntamiento non pode expropiar o terreno para urbanizalo deberias informarte millor. Xa che dixen que a U.E. esta avisando a o noso pais que o que estan facendo e ilegal e xa fixo pagar indemnizacions a varia xente por expropiarlle as propiedades.

O furado acabarase sabendo a verdad, non sei eu o legal que e eso. Hoxe saleu un articulo na revista Epoca sobre el. Vamos que mirando o PXOM vese claramente que foi recalificado a dedo.

Estou de acordo tamen que os que obraron no cabodeiro sin licencia e en outras partes da Illa pos que se acaten as consecuencias, pero non pode ser que mentras os demais estamos estancados coas areas de reparto, zonas verdes e agora coa ley de 500m da xunta non podamos facer nada e sempre o chulo de turno levanta edificios.

E para mostra un boton... sei de primeira persona de unha casa unifamiliar construida na Illa que no ayuntamiento decian que era para ser un bar pero sabian que seria unha unifamiliar. Ali mismo me dixeron " fai ti o mismo" saca licencia para bar e fala unha casa. Asi que con estes antecedentes xa me espero que O Furado sea legal e todo.

Anónimo dixo

enton estasme dando a razon, o que fixo mal o concello e esa permisividade que da para facer as casas, porque despois vese collido, eu tamen sei de que casa falas, a que hai unha rotonda ben cerquiña......


eso son trampas legais que era como se facia antes, obrabas pagabas a multa e arreando........eu non de esa forma de pensar, eu prefiero dormir tranquilo.

en canto os millons que fan falta para a area de reparto, eso ten moitas posibildades, pero penso que e a forma mais xusta de que todos os da illa teñades a oportunidade de facer unha casa hai, existen multitud de formulas para que si non tes esos millos para desarrollar a area, podes ceder mais terreo que os demais, etc etc , o que non me vale e que poñas mil trabas para facer unha area e despois chegue unha promotora e llo vendas, eso e o que critico eu....

en canto a legalidade da obra do furado, eu creo asi vendo desde fora que ahi ten que estar todo moi clariño, pois a obra non pasa precisamente desapercibida, cando se redactou o pxom aprobado por todos os grupos politicos , nadie se opuxo a esa area, e era propiedade de mais de 20 veciños da illa, asi que xa me contaras........foron eles os que venderon os terreos, si fosemos eu e ti a comprarllos para facer unha casa, mandabanos po carallo....pero claro primeiro collemos os millons , e despois manifestamonos...

saudos

Anónimo dixo

O que non se pode mezclar e todos no mesmo saco. Os que venderon os terrenos son malos. Os que obraron nos seus terrenos coa permisividade e apoio do Concello son malos. ¿Que facemos? Ou facemonos amigos dos do Axuntamento ou estamos jodidos vamos. Eu non vendin nada e quero vivir onde nacin solo quero as mismas facilidades que teñen os grandes promotores. Eso e pedir moito, eu creo que non. E si fosemos mais unidos e protestaramos ante as inxustizas mellor nos iria. Cada un que me joda ca sua. Pero cando vexas as barbas do veciño.....

Anónimo dixo

vamos a ver, o final estasme dando a razon en todo, non e que o concello dea mais facilidades aos promotores,

un area de reparto e comprada por unha promotora, ela desarrolla o area de reparto, o sea non se ten que poñer de acuerdo con nadie, presenta no concello, e a comision de goberno ou o pleno aprobana.


unha area de reparto e de , poñamos 15 veciños, como haya tres que non queiran desarrolla-la, problemas, porque claro xa tes unha postura enfrentada con un veciño, enton costa dios e axuda desarrolla-la.

enton a culpa non e do concello, ao concello xa lles gustaria que se desarrollasen moitas mais areas, porque gaña o 10% que lle queda , para patrimonio de todos os habitantes da illa.

asi que , dime ti de quen e a culpa de que as areas non se desarrollen, eu personalmente creo que e dos veciños de a illa, penso que con unha generacion mais, veran que as areas son moi positivas.

saudos.

Anónimo dixo

saudos de novo, como vexo que esto pode dar lugar a unha longa conversa, acabo de ter unha idea, crear un foro sobre a illa, donde todos poidamos dar as nosas opinions, sempre mantendo un respete hacia os demais, pois non podemos estar de acordo en todo, senon seria aburrido.

animovos a que o visitedes, haber que sae de aqui, pois despois de todo esto e un blog, que non e o lugar para ter estas conversas.

http://server3.foros.net/index2.php?mforum=illadearousa

saudos

rumorosa s.a dixo

TEÑO 24 ANOS, A MIÑA FAMILIA 6 BATEAS, E NON TEMOS NIN TERRENOS NIN CARTOS PA COMPRALOS, ASIQUE VIVO A CABALO ENTRE A DO MEU MOSO E A MIÑA CASA, MIRA TI QUE RIQUESA A DESTES BATEEIROS!!!PORQUE PA TER BATEAS PRIMEIRO HAI QUE COMPRALAS!!!SEMPRE ESTADES CO MISMO!!OU PENSADES QUE NASEN NO CU, COMA OS PELOS!!!

rumorosa s.a dixo

PERDONADE POR SER TAN MAL FALADA, SI ME LEE MIÑA ABUELA... O CASO E QUE ME PON DOS NERVIOS A XENTE ENVIDIOSA, O QUE QUERIA DISIR E QUE SI QUERES SER UN RICO BATEEIRO HAISE QUE ARRIESJAR MOITO, INVERTIR E ESPERAR TER SUERTE, PA MIN TENDOLO MOITO MAIS FASIL VÓS PORQUE NON TENDES NINGUN MULTIMILLONARIO PUFO NO BANCO. POR SERTO MOI BEN PENSADO O DO FORO!!!

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...