27.8.07

Pisos e máis pisos

Nunha illa na que tradicionalmente dominan as vivendas unifamiliares, o espectacular incremento da edificación de pisos tense convertido nun tema habitual de conversa entre os veciños. A xente quéixase do encarecemento da vivenda, das facilidades para edificar dos construtores fronte aos particulares, da especulación e da destrución da paisaxe. Ao tempo hai quen se ve beneficiado economicamente deste boom, co aumento do turismo, coa venda de leiras a cambio de pisos ou doutras maneiras indirectas, así que celebran e xustifican estas ansias construtoras, evidentes en calquera curruncho edificable, desde EntreCortiñas e Laxes do Pan, ata o Cabodeiro, Con do Forno ou o Lagartiño. Na imaxe vese o progreso das obras da Punta do Furado, unha das máis polémicas.

6 comentarios :

Anónimo dixo

Qué razón tés. Esto non beneficia en nada à Illa (só ao axuntamento que concede as licencias). E o peor e que xa non deixan edificar. Acabaremos comprando vivendas nos pobos cercanos... unha pena.

Anónimo dixo

Un cando vai preguntar para edificar o axuntamento nunha parcela para facer unha vivenda sabe de todalas trabas que pon o pxom, retranqueos, anchuras e fondos máximos, limites na edificabilidade, etc e despois observamos as facilidades que outros teñen para levantar eses monstruos de formigon que temos no noso pobo. Unha vergoña. Eu so pido unha cousa facilidades para os veciños, PARA TODOS, os veciños. Un saudo

Anónimo dixo

si, pero tamen matizar que a moita parte da culpa e nosa, si vas a xunta un veciño para comprarlle un terreno, podes quedar coa boca aberta dos cartos que che poden pedir, moito criticar que se fan pisos pero a xente vende os terrenos como si neles tiveran ouro......

Anónimo dixo

veredes, comparto a opinion que en este concello non se pensa nos veciños e si nos intereses economicos que poidan ter determinadas promotoras. non e extraño ver os municipales facer de intermediarios nin tampouco a unha concejala nin a un funcionario que o mesmo tempo foi o coordinador xeral (ou algo asi) do Psoe da Illa, me refiero a kiko o da mora, pero bueno, ese sería un tema a tratar con mais profundidade. o que quería decir e que dando se fixo a ponte non fumos conscientes que estabamos dando entradas a novas formas de vida moi distintas as nosas, e me refiero o decir que as economias entrantes son mais poderosas que as nosas, mentres os señoritos de santiago, vigo, pontevedra, etc. etc. toman esto como unha segunda residencia e poden pagar moito mais que nos, para nos e a nosa e unica vivenda. outra cousa que me gustaria falar e sobre as travas administrativas que este noso concello pon a hora de apertura de un negocio, perdenche en burocracia e poden pasar meses hasta que che conceden o permiso de apertura, incluso anos. un desastre

Anónimo dixo

Temos o que merecemos. A culpa non he de nadie mais, e toda nosa. Primeiro por ver dia a dia o que pasa no ayuntamiento e nos como ciudadans permitirlo. Todos falan da corrupcion, porque eh ou non? sinembargo nadie denuncia, nadie se manifesta. Vemos como obran viviendas que nada tenhen que ver con a Illa e nos de brazos cruzados.

Esto acabara sendo como a toja, pa que os ricos vehan xogar o golf e tomar sol nas playas e nos que somo sda illa iremos pa fora compra pisos de 60m2 en barrantes e vilanova.

E de montar negocios? pero que dis, e mais facil golpear a cabeza contra a pared que abrir un negocio na isla. Cantos negocios que puderon dar traballo a xente da Illa foron pa fora?

Como sempre, a Illa a de tres, os demais a jodernos.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...