27.6.09

O vento obriga a interromper a Volta á Arousa

A XXV Volta á Arousa rexistrou unha participación récord de dornas

De volta, despois dunha regata ventosa e accidentada

A 1ª edición da Volta á Arousa en bici acompañou por terra a regata


A Volta á Arousa, a regata coa que se iniciaron a mediados dos 80 as competicións deportivas de dornas a vela, non puido completar o percorrido da edición 2009 debido ao forte vento. A saída produciuse segundo o previsto, no Bao, cunha participación récord de 62 dornas. Pero o forte vento dificultou dende o comezo a navegación; houbo de todo, dornas que foron ao fondo, ou que estiveron a piques, e paus que partiron. Antes de que as primeiras embarcacións chegaran á altura de Carreirón, a organización decidiu suspender a regata. A celebración do 25 aniversario da Volta á Arousa continuou en terra coa merenda de rigor, en merecida recompensa polos traballos pasados. Este ano, por primeira vez, paralelamente á regata celebrouse a Volta á Arousa en bici.

3 comentarios :

Anónimo dixo

Pena o da volta a Illa..
Nailla, porque non publicas o cartel das festas?
Un Saudo

Anónimo dixo

a verdade e que foi unha magoa que se tivese que suspender, pero non paga a pena arriscar xa que eran moitas dornas, e si tes algun problema con varias embarcacions a vez a situacion podese complicar, de todos xeitos creo que buscaran un dia no calendario e facerana de novo, non e o mesmo pero algo e algo.....

Fanequinha Peteiruda dixo

Onte foi a pique unha embarcasion nos Encontros, din que mais que polo mar foi polo estado do galeón.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...