É certo que os rapaces perderon os nervios, que houbo insultos, empuxóns e que mesmo chegaron a proferir ameazas. Pero nunha situación de tanta dor e tensión e tratándose de rapaces novos, é ata certo punto comprensible e hai que entendelo como un acto de desafogo que xurdiu espontaneamente e que non ten por que ir a máis. É lamentable que os xornalistas non foran capaz de velo.
En ningún momento se tenta facer un achegamento comprensivo á situación que viviron uns rapaces que presenciaron a morte dun amigo nunhas tristísimas circunstancias. En toda a noticia, as declaracións que se destacan entre comiñas serven unicamente para incidir e recrearse na idea de "vinganza", chegando mesmo a interpretacións e xeneralizacións fóra de lugar como a que destacamos na imaxe:
Tampouco os tres implicados no acoitelamento se zafaron dos tópicos da prensa local. As vidas de dous deles descríbense cunhas interpretacións tendentes ao drama. Sobre o Cuco, o xornal recolle no titular, como dato básico, que andaba "con malas compañías". É para preguntarse que clase de compañías serían esas, ou incluso se non sería el a mala compañía.
Do Cuco destacan ademais que é de "familia humilde". De ningún dos rapaces se di algo semellante, ¿que considerarán estes xornalistas unha familia humilde?. Debemos deducir desta aclaración que o nivel económico da súa familia é moi inferior ao do resto dos seus veciños e condicionou a vida do rapaz de xeito irremediable?. Pola súa parte, Abraham é definido como un "rapaz sen oficio coñecido" (cantos rapaces de 18 anos hai sen oficio coñecido??), e segundo os xornalistas, cunha historia familiar "tamén triste" porque lle morreu o pai hai anos. A cantas persoas lles morreu o pai a unha idade nova?.
O Xurxo Melchor este deixa moito que desear como periodista, os que lemos as suas cronicas xa estamos acostumados as suas versions un tanto raras da realidade. E unha vergoña defendelas verdugos, e condenalas vitimas. O que fixeron eses rapaces e inxustificable,e non estou dicindo que os veciños da illa sexamos santos, pero ante a situación tan dura vivida creo que as manifestacions a porta dos xulgados non estan fora de lugar. Se o asesinado fose familia del non haberia tanta comprension, cos pobres asesinos, sin traballo e con pais conflictivos. Vergonzoso
ResponderEliminarA verdade é que as crónicas parece que querem provocar pena pelo assassino, e deixam muitíssimo que desejar na sua focagem da raiva na Ilha. Um abraço desde Alacant, assistindo tudo na distância e com lágrimas nos olhos.
ResponderEliminarPouco máis queda por dicir.
ResponderEliminarNós tamén vivimos isto na distancia con dor, rábia e impotencia...
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/11/10/0003_8096283.htm?idioma=galego
ResponderEliminar... na mesma línea.... é indignante!!!
Non estou de acordo con como actuou a xente tralo asasinato de cristian. Se foron o xulgado non foi precisamente para facer un acto en contra da violencia foi a vinganza da que falan os medios. E a maioría dos que estaban alí, como todos sabemos, son bastante buscabullas. Igual que tampouco se fala das persoas que foron agredidas inxusta e brutalmente polo finado. Todos sabemos que esta historia tivo un final tráxico e inxusto pero por favor nos vos olvidedes dos motivos que provocan este tipo de situacións porque todos as vemos a cotío; rapaces que saen, desfasan demasiado e acaba avendo pelexas por motivos inverosímiles que poden acabar moi mal. Sabemos que os rapaces que foron a manisfestarse a diante dos xulgados estaban furiosas por haber perdido un amigo dese xeito pero penso que deberían facer exame de conciencia e intentar precisamente evitar chegar a situacions dese tipo
ResponderEliminarA xente que se manifestou diante dos xulgados aquel dia ,foi desafogar a rabia e a indignaciòn que senti naquel momento polo asesinato de un rapaz de 19 anos que non merecia morrer.Unha pelea e unha pelea,pero coller un cuchillo e clavarllo no corazòn e outra cousa.Ali non habia solo rapazes buscavullas,habia mais xente.Ti a igual que os medios de comunicaciòn sacastela foto donde che tuvo conta.
ResponderEliminarPor poñer un exenplo,no caso de Marta Del Castillo,oubo grandes disturbios querian linchar òs asesinos,en niungun medio percibin eu que aquelo estuvera mal e mais,creo que foi considerado como unha reacciòn normal à rabia e indignaciòn que sentia a xente polo asesinato.