Buscar neste blog

14 de feb. de 2011

Entrevista a Carlos Otero, candidato do BNG á alcaldía

Carlos Otero, candidato á alcadía da Illa de Arousa polo BNG


[Redacción] Dos once concelleiros que compoñen a corporación municipal da Illa de Arousa, Carlos Otero é o único representante do Bloque Nacionalista Galego. Otero conseguiu 437 votos a primeira vez que se presentou como candidato á alcaldía, nas eleccións do 2007. En maio concorrerá por segunda vez ás municipais e agarda que, esta vez, o BNG sexa chave para a formación do goberno. Coa súa entrevista, iniciamos unha serie de conversas  cos alcaldables, que iremos publicando cada semana.

-Que balance fas da actividade do BNG nesta última lexislatura?
O BNG ten un único concelleiro, así que a nosa actividade está moi limitada; a nosa é a labor da formiguiña. A primeira moción que presentei como concelleiro facía referencia á posibilidade de recuperar o proxecto da zona deportiva para o Bao, deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza. E entre as iniciativas recentes, presentei unha moción, que foi aprobada por unanimidade, para instar á Xunta a que detallara os orzamentos que vai dedicar á reforma do porto do Chufre. A día de hoxe, non hai ningunha partida para o peirao, só para a estrada. Neste proxecto, o do ordenamento do Chufre, tamén tramitamos unha emenda para rexenerar a praia do Aguiuncho. Outra das mocións do BNG foi contra a retirada do Noitebús... Entre as nosas propostas que se tiveron en conta, destaca o arranxo das rúas das casas baratas do Monte.

-Ao teu xuízo, que é o mellor que fixo o goberno municipal?
É de eloxiar a política orzamentaria de austeridade que practica o Concello. O alcalde sempre prepara uns orzamentos á baixa, así que é raro que non haxa superávit. Deste xeito, o Concello non está tan endebedado e isto permite acceder ao crédito, como o que se obtivo para mercar as casas do Campaneiro. Esta política deberíana aplicar en todos os Concellos.

-E o peor?
O peor é que o PSOE carece dun proxecto de futuro para a Arousa. Traballa á improvisación e non ten unha visión global sobre aspectos tan importantes como o urbanismo ou o traballo. O único que se fixo para fomentar o traballo na Arousa foi poñer en marcha os obradoiros, que se usaron para recadar votos. A planificación dos obradoiros debería facerse a nivel comarcal, estudar que tipo de empresas hai, cales son as súas necesidades, e a partir de aí, deseñar os módulos. E en canto ao urbanismo, que se vai facer para limitar a especulación? Hai pisos baleiros por toda a Arousa, ata nas Rubas. Non se poden permitir máis “Villa psoes”.

Pero o BNG tamén votou a favor das obras do Furado
Daquela, eu acababa de chegar ao Concello. Era setembro de 2005, e xusto no meu primeiro pleno, abordouse o tema das obras do Furado. Eu estaba máis pendente da miña toma de posesión ca doutra cousa. Votei a favor, pero recoñezo que cometín un erro. Ao meu parecer, o Furado é unha zona onde non debería haber urbanizacións... aínda me parece incrible que teña o permiso de Costas.
Como dicía, o PSOE non ten unha visión global sobre a política urbanística. Fíxate que os cartos do primeiro Plan E, 800.000 euros, gastáronse en colocar pedra pola Arousa adiante. Non sei porque hai esa idea de asfaltalo todo...

Cal é o punto forte do programa electoral do BNG para a Arousa?
A creación de infraestruturas culturais e deportivas. O multiusos custou 4,5 millóns de euros e non é funcional, non cubre as necesidades da poboación. A asociación Dorna, con todas as actividades que fai, non ten un sitio axeitado no que estar. Por outra banda, necesitamos un pavillón no que poder practicar deportes como o voleibol ou o balonmán. O Concello gastou 150.000 euros na reforma da piscina do Igafa, coa idea de que se puideran compartir os usos desta instalación, e resulta que a iniciativa non foi adiante. Resultou un malgasto.

-Como son as relación do BNG co grupo do PSOE? Estariades abertos a un hipotético pacto?
En xeral, o PSOE da Arousa nunca ten en conta ao Bloque, mesmo temos asinado acordos que logo incumpren. Ultimamente, semella que teñen outra actitude, deben pensar que quizais lles poidamos facer falta... En canto aos pactos, é a xente quen os decide á hora de votar.

-Que resultados agardas nas vindeiras eleccións?
Os resultados son unha incógnita. Na lexislatura anterior, houbo unha gran crispación social e política. Moita xente mostraba unha repulsa pola política urbanística do PSOE. E saíu reelixido por maioría absoluta, cunha suba de 900 votos! Con estes precedentes, é difícil facer unha estimación. Hai que ter en conta, ademais, que para o Bloque, a do Salnés é unha das peores comarcas a nivel de resultados. Pero un sempre espera que o seu traballo lle sexa recoñecido.

17 comentarios:

  1. isidro garcia garcia14/02/11, 19:22

    esta claro q todas as opinions son importantes pero non podes acusar ao psoe de non ter proxecto de futuro cando falas de unha zona deportiva do bao que intentou facer o psoe e que o Sr. Fraga desbotou,con respeto a falta de visión global sobre urbanismo,ten moito mérito o que opinas cando somos dos poucos concellos da comarca que ten un plan urbanistico aprovado por todas as forzas políticas,incluido o Bng.Iso é ter proxecto politico.

    ResponderEliminar
  2. Cunha visión construtiva quero comentar as contradicións do candidato do BNG. En primeiro lugar choca como alaba os orzamentos do concello que todos os demais deberían imitar e por outra banda di que o Psoe non ten planificación. ¿Qué son os orzamentos mais que unha planificación anual? Dí que o Psoe non conta con él, e sin embargo dí que mocións presentadas por él foron aprobadas por unanimidade, e que propostas que fixo foron feitos polo concello.
    Que vamos decir desta frase: Gastáronse cartos en colocar pedra pola Arousa adiante. Non sei por que hai esa idea de asfaltalo todo. Por favor señor candidato a pedra non é asfalto. E si non quere pedra nin asfalto ¿Qué quere?, terra.
    E que vamos dicir de que votou a favor de Villa Psoe pensando mais na toma de posesión que no que votaba.
    E esta outra frase sobre un posible pacto co Psoe: ... En canto aos pactos, é a xente quen os decide á hora de votar. Supoño que se refirirá o seu voto a hora de votar o alcalde, porque nas eleccións municipais non se pregunta polos pactos.
    Sin mais, moita sorte candidato.

    ResponderEliminar
  3. en primer lugar disculparme por que o meu no e ecrivir en galego,pero bueno e o que ahi.
    acabo de leer a entrevista o alcaldable do bng o concello da illa,y bueno,xa vexo que este ome ,xa fala coma un politico profesional,fala fala,pero non di nada,e tipico dos politicos,mire vostede,eu coma veciño da arousa,so lle bou a decir duas cousas,a primeira e que a politica a a farramente para solucionar os problemas da xente,no para crealos,polo tanto e dever dos politicos,para eso se presentan a unhas eletcions,presentar un programa e ese e o compromiso co cal se presentar cara os seus veciños,vostede en catro anos non ten feito mada polo noso povo,polo tanto non sei que fai presentandose de novo,dame a impresion de que coma a todos ,lle gusta demasiado o sillon e sair nos papeles,y en segundo lugar,e verdade que a goberno municipal tampouco e do meu agrado,sobre todo algun que outro cogej@l,que da a impresion de que solo estan nesa responsabilidade para fardar e ir de guay ,no me estraña que o psoe o teña tan facil, nas prosimas eletcion municipais con esta oposicion de coña.

    ResponderEliminar
  4. para o anonimo nº3 , unha cousa e non saber escribir en Galego , pero outra moi distinta e non saber escribir......

    Si crees que este ou outro candidato non se deben de presentar, que tal si te presentas TI ??? , ai non que e mais facil "mal escribir" en internet e poñer a todo mundo a pingar , porque como e anonimo......


    En canto o candidato , sorte e gracias por dedicarte ao mundo da politica municipal, tanto a ti como aos do resto dos grupos municipais.

    saudos

    ResponderEliminar
  5. Caralladas as xustas15/02/11, 11:09

    Non sei si o que escribe de primeiro é realmente Isidro García; polo estilo e a falta de reflexión de seguro que sí. A este cóntanlle un conto e ponse a pregoalo sen rubor, que para eso está.
    O caso, querido Isidro, é que o proxecto do Bao non foi máis que o primeiro antecedente dos que anos despois vos, os socialistas, venderíades como DVD´s en campaña electoral. O de meter a Fraga polo medio xa forma parte do ingrediente do suflé propagandista de toda a vida, claro que esqueces, por ignorante, que esa actuación dependía de costas do estado que estaba nas mans da xente do teu partido, que daquela andaba metida nos crimes de estado, nas Filesas, e no saqueo das arcas públicas.

    ResponderEliminar
  6. Eu si Carlos me promete que o meu voto non via ser para apoiar o alcalde, votolle mañan. E o menos malo de todos, e pareceme un bo rapaz e honrado algo que non podemos dicir de todo o mundo nestes tempos que corren. Pero desgraciadamente o pacto Bng Psoe fai que votar para Carlos sea seguir coa liña dos Dvds propagandisticos, o sectarismo, o nepotismo, caciquismo etc etc etc. Se me convence de que pode cambiar eso dende o goberno tera o meu voto.

    ResponderEliminar
  7. Metedelle caña a Duran pa que nos ensenda as luses do puente ou pa que nos dén a titularidade que esto foi sempre unha verjonsa e sije sendo. Non cheja con que se nos vaia a lus así a conto de nada e sin que nos dén esplicasións e de repente quedemos a oscuras na casa que nin pola carretera podemos ver, levava un ano apajado e ahora que por fin o ensende está sólo a metade. É de pena

    ResponderEliminar
  8. Pois a min non me pareseu lógico que a pasta do plan e fora pa arrejlar calles que xa estaban perfectamente asfaltadas coa de roeiros de camiños desfeitos que hai polo pueblo. Ademáis as plaquetas da pedra non fan máis que romper e baias en coche ou en bisi a bibrasión é incómoda de cojones. E penso que vai hacia carreirón debería ser unha pasarela de madeira e non de pedra eso sí, con un mantenimiento non pa inajurala quedar ben e deixala pudrir como a da Area da Secada. Así de paso tamén lle dan traballo a @s que fixeron os obradoiros de carpintería e nunca máis volveron a traballar de eso.

    ResponderEliminar
  9. e digo eu,somos incapaces de emitir un xuizo de valor,sin meternos con nadie,a min non me perece tan desacertado o que di o n.3.simplemte por que e verda que os politicos non suelen comprometese moito,ou nada,y no concello da illa os candidatos,certamente non son bos politicos,sin entrar no tema personal.eso a min non me interesa,o que realmente importa e como son politicamente,pero confirmo tamen,que o equipo de gorberno o ten muy facil,por que seamos realistas,non ahi candidatos que ye fagan sombra,ainda que o alcalde non sexa a persoa mas carismatica da illa.pero a sua gestion,economica y social esta ahi,ainda que eu considero que non a saven verder o suficientemente,outra cousa e a xestion politica,a cal para min e malisima,un cero patatero,jajaja,pero bueno ahi cadaquen ten a su opinion,cousa que eu non critico,o contrario me parece moy ben,ahi que aproveitar estes foros ,para cada un deisar a sua opinion,pero sempre con restecto hacia os demais,y non escudarse en anonimos,para facer o ridiculo,insultando a todo aquel que non pense coma nos,por certo cada un ecrive como pode ou quere,o caso e non ofender a ningen,asi que paz y amor e o plus,pa cultural,jajajaja.

    ResponderEliminar
  10. Número 9 pero si ti es a misma persoa que o número 3, qué carallo estás a falar???!!!
    Xestión económica eficaz!!!!, pois tamén a tiñan Grecia e a Caixa de Castela-A Mancha por poñer dous exemplos dispares, e o conto rematou como sabemos.
    Sobre o grupo de goberno actual, na miña opinión creo que é dos que máis carga sectaria ten dos últimos anos e o que menores progresos lle aportou a este pobo.

    ResponderEliminar
  11. Isidro, o que che din que contes o contas moi ben.
    Poderíaste parar a pensar si é todo mentira, non sei si será moito pedir.

    ResponderEliminar
  12. e digo eu, numero 10,xa vexo que ti no eres nada sectario,e ademais moy sensato,por que ves a astilla no ollo alleo, pero non aviga no teu, en canto a politica economica do concello,penso que:quen fala coma ti unha de duas,ou non ten nin idea,ou simplemente non quere tela,e decir, que fai o parvo por non bogar,(sin animo de ofender)e bueno non son u numero tres,querido anonimo,eu so:,e digo eu,o que non falta a o respecto a nadie,e non digo cousas feas,por que din que se bay o inferno,asi que dirixase a min,(o n. 9),coa mesma educacion y repecto que eu o fago,sin mais un sincero abrazo fratenal,solidario e libertario,ciao querido n, 10.

    ResponderEliminar
  13. Eu creo que se lle preguntan polo mellor que fixo o goberno municipal terá que dicir algo bo, pero aforrar non ten que ver con ter boas ideas para o futuro, así que non é contradicción.

    O que di de Villa Psoe é máis raro, porque o constructor era do PP, e empezaron a falar mal dese sitio cando comprou o piso Pepe Blanco.

    ResponderEliminar
  14. Eu estou dacordo con todo ou case todo do que Carlos di na entrevista. Unha persoa razoable que di cousas razoables. Que o obradorio foi para dar cartos os amigos e conseguir votos. ¿Cantos que traballaron no obradoiro, teñen hoxe traballo grazas a esa formación? ¿quen conseguia as prazas?. O problema e que despois levan os votos os que venden fume e reparten DVDs que firmarian Spilberg ou Zemeckis. E que conste que eu non son nacionalista pero creo que hai que distinguir a pólitica local, da autonómica e nacional. Deberiase votar mais a persoa que as siglas, como sudece noutras cidades como Lugo, A Coruña ou Vilagarcia onde se valora mais o candidato que o partido, senon ver as diferenzas das eleccións municipais con respecto a autonomicas ou nacionais. Este goberno que temos na Illa di que e de esquerdas, pero poderia ser de dereitas, ou liberal, ou de extrema dereita, non sei poderia colar por calquer cousa, pero dos valores que di representar a esquerda non. Onde estan as VPO tan necesarias para que os xovenes poidasmos optar a emanciparnos, as infrastructuras deportivas que nos prometeron, o plan E que malgastaron en poñer lousas que rompen os dous dias, e que non sirveu para aumentar o emprego porque viña man de obra doutros paises a facelo... etc etc etc

    ResponderEliminar
  15. Carlos , navegando buscando por outra cousa atopeime con esto.

    Donde esta agora a tua querida "Beira do Mar", agora que o plan do litoral afoga definitivamente o urbanismo na illa.

    http://www.dosespacios.com/Bng-Salnes/nova.asp?id=729

    ResponderEliminar
  16. Ollo ao piollo. A ver se apuntamos ben. Seica non vos chegan os votos e ordenaron fogo a discreción. Pois coidado que onde as dan tómanas.

    art.193.5 Lei Facendas locais.

    As entidades locais remitirán copia da liquidación dos seus orzamentos á Administración do Estado e á comunidade autónoma antes de rematar o mes de marzo do exercicio seguinte ao que corresponda.

    art. 36.1 da Lei 2/2011, de 4 de marzo, de economía sustentábel.

    No suposto de que as Entidades locais incumpran a obriga de remitir ao Ministerio de Economía y Hacienda toda a información relativa á liquidación dos seus
    respectivos orzamentos de cada exercicio, de acordo co establecido no artigo 193.5 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a Dirección General de Coordinación Financiera coas Comunidades Autónomas e coas Entidades locais procederá a reter a partir do mes de setembro do exercicio seguinte ao que corresponda aquela liquidación, e hasta que se produza a citada remisión, o importe das entregas mensuais a conta da participación nos tributos do Estado que lles corresponda.

    ResponderEliminar
  17. 16 , que me queres decir con eso, expresate home , que e gratis e non cobran por palabra.....

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.