Os furanchos ou loureiros tradicionais xurdiron na comarca do Salnés para darlle saída ao excedente de viño dos produtores. Deste xeito, habilitáronse en garaxes, alpendres e baixos de casas particulares, bares improvisados nos que se podía beber á noitiña, nun ambiente familiar e por un prezo moi económico, Albariño ou tinto Barrantes, acompañado dunha tortilla de ovos da casa, uns pementiños de padrón ou unha tapa de zorza. Hoxe existe unha ampla rede de furanchos nas aldeas de Vilanova, Ribadumia e Cambados, cunha clientela fiel que apreza a calidade do viño e certas liberdades, como a de cantar. Non abren todo o ano, nin son fáciles de atopar, moitos nin sequera teñen un distintivo na porta, pero o boca a boca deulle sona aos furanchos máis farturentos. Os hostaleiros da zona téñense queixado en repetidas ocasións da “competencia desleal” destes establecementos, que non pagan impostos, pero ata o momento, os intentos de regular a situación dos furanchos non prosperaron.
VIVA AS FESTAS DO CARMEN JUSTARIAME SAVER EN Q DIAS CAE PA HIR PA LA AS FESTAS UN SALUDO DESDE CANARIAS UN CARCAMAN DE SANGRE
ResponderEliminar