Buscar neste blog

17 de out. de 2007

Outra forma de mirar

Aínda que o punto forte da illa reside no seu patrimonio natural, tamén podemos encontrar beleza na súa paisaxe urbana. Ás mostras de construcións populares (os cruceiros, os muíños de vento e de mareas, os lavadoiros de Palmeira e do Río, algunha fonte, algún pombal...), temos que engadir outros detalles de arquitectura urbana e industrial máis recentes, que destacan pola súa orixinalidade e espertan o interese dos curiosos.

A chimenea da antiga fábrica do Charco

As reixas das fiestras do Triskel


As fiestras desta casa, na rúa Palmeira


Este edificio de pisos no Chufre, construido recentemente, ten na fachada un escudo coa data de 1947. ¿Alguén dos que visita este Universo coñece o seu significado?

4 comentarios:

  1. Penso que máis que un escudo trátase dun xeroglífico.
    Supoño que di Chaves Daporta, e o ano debe ser o do nacemento dese señor.
    Supoño ...

    ResponderEliminar
  2. Grazas, non o sabía! Desde logo, é unha explicación convincente. O misterio tiña fácil resolución...

    ResponderEliminar
  3. A mim o que me chamou a atenção ultimamente foi a beleza também da "cara b" da Ilha, a que se mantém menos visitada pela gente de fora e conserva ainda a mais pura pegada humana arousã, e não tanto o meio natural, que também. Refiro-me concretamente ao percurso de Riazom ao Cabodeiro: o estaleiro, os galpões feitos com bombos de bateia, dornas velhas, etc. Eu fiz algumas fotos há um par de meses. Podes ver alguma delas aqui.

    Por certo, muitos saúdos. Há tempo que passo pelo teu blog...

    ResponderEliminar
  4. Respecto as ventanas do triskel, son tanto as reixas como a porta son de cando estivo en ese local a antiga caixa de aforros de pontevedra(ahora fusionada en caixanova), cando veu para a illa, fara aproximadamente uns 45 anos , ano arriba ano abaixo, o escudo que teñen no medio e o simbolo desta caixa.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.