Buscar neste blog

13 de dec. de 2010

A formación dos mariñeiros de baixura

Mariñeiros facendo cola na lonxa

[Redacción] Os mariñeiros da Arousa levan anos atrapados nun bucle de cursos, que os obriga a volver ás aulas de tanto en tanto para seguir exercendo a súa profesión. O antigo título de “competencia mariñeira” foi substituído polo “carné de mariñeiro-pescador”, pero a maioría dos profesionais puideron convalidar a titulación e eludir así a repetición do curso. Non se libraron, con todo, doutras novas materias obrigatorias, como os cursos de “formación básica”, “operario de radio” ou “sanitario”, por exemplo. A formación continua dos traballadores é unha meta desexable e esixible, aínda que a moitos adultos lles custe prestar atención a un encerado que deixaron de ver a unha idade moi nova. O que non ten sentido é que os contidos da aprendizaxe estean desconectados da realidade, e que se traten temas como o abandono de buque e o comportamento en caso de incendio en barcos de gran tonelaxe, cando estamos ante unha flota de baixura que desenvolve o seu traballo en gamelas e planeadoras, a quince minutos de terra.

1 comentario:

  1. Eu nestes cursos non aprendin nada que non soubese noutros que xa teño caducados, ou mellor dito que non se me olvidara despois de 3 meses. Moitos de nos andamos desde o chufre o areoso, de do chufre a arnela, non e o mesmo andar en alta mar que na ría, e os contidos para eso tamen terian que ser distintos. Nos últimos anos na Illa modernizouse a flota tanto de batea, como do marisqueo e artes menores, e pareceme inxusto que nos poñan tantos paus no camiño para desempeñar o noso oficio.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.