[Susi Rial] Un grupo cada vez máis numeroso de arousáns é afeccionado á práctica do tenis. A imposibilidade de que este deporte se poida practicar na Illa provocou a aparición desta pintada, nun lugar que non semella ter sido escollido ó azar. Trátase dun cartel do "Plan E", situado na Rúa Con do Moucho. O "Plan E" foi lanzado tempo atrás polo goberno para reactivar o emprego, pero para moitos non foi máis que unha operación de maquillaxe, porque as obras que se levaron a cabo, ou se trataban dun simple arranxamento, ou simplemente non se realizaban, como sucede no lugar da foto. A pintada demostra que a poboación ten necesidades nas que as autoridades moitas veces non reparan. Porque ben que se nos di que practiquemos deporte, pero onde?
pistas de tenis xa!!!!!
ResponderEliminarnon parece unha infraestructura tan costosa nin fan falta miles de metros cadrados de terreo.
seria unha boa mellora de calodade de vida pos arousans qeu nos gusta estre deporte, e que non teriamos que desprazarnos fora!!!!!
cambiamos todos os carteles do Plan E por pistas de tenis xa!!! (digo eu que aínda teñen que valer unha pasta..)
ResponderEliminarMentras este o PSOE na Illa vexo chungo que haixa nada de infraestructuras pa ningun deporte. Non fixeron nada nestes anos que levan e non faeran nada aunque voten 20 anos mais. A unica esperansa e que saquen outro video bonito de propaganda socialista donde nos poñen os dentes largos cos proyectos que nunca chejan, ahi o millor aparecen as tan deseadas pistas de tenis.
ResponderEliminarTampouco é que non fixeran nada. En tempos de Sito como alcalde, o arquitecto Álvaro Sixa fixera un proxecto boísimo para a Canteira, frente ao club de piragüimo. Costas dixo que non, porque disque era "relleno ganado al mar", cousa que desminte calqueira estudio xeolóxico e as fotos máis antigas. Xa choveu, pero non estaría mal recuperar a idea dese polideportivo (incluía pistas de tenis e pìscina olímpica climatizada).
ResponderEliminarbuf eso xa sona demasiado ben!!! piscina olimpica climatizada... que lujo!!
ResponderEliminarunha pistiña xa estaría ben para empezar :)
a min eso de queixarse por quixare e votarlle sempre a culpa os outros non me vai
si sairamos todos a calle aprotestar veriamos como se facia cousas, ou senon mira o que eta a pasar en tunez e exipto!
menos queixarse desde o sofa e mais acción!