[Susi Rial] Continuas subas, prohibicións cada vez máis estritas de fumar en lugares públicos... as continuas medidas do goberno relacionadas co tabaco están creando un cerco ó fumador, que cada vez ten que agudizar máis a imaxinación para gozar dun cigarro. O feito de que calquera paquete de tabaco, incluso as marcas clasicamente máis accesibles, acadasen altos prezos, fixo que na Illa cada vez sexa máis habitual que os fumadores se pasen ó tabaco de lear, máis económico, pero tamén con necesidade de accesorios "extra", como filtros, papel e ata un sofisticado aparello que axuda a facer o cigarro de maneira perfecta en apenas uns segundos. A nova lei antitabaco prohibirá fumar en calquera lugar público, incluído bares de tódolos tamaños, a partir do 1 de xaneiro, aínda que estará permitido na noite de fin de ano. Serán as últimas festas de Nadal nas que se fume nos bares. A partir de aí, os cafés, as partidas de cartas e os "cubatas" nos bares e cafeterías, non poderán ser compartidos co pracer dun cigarro. Na Illa, a primeira gran proba chegará o día do Patrón, pero todo indica que haberá que fumar o puro no traxecto dun bar a outro. Por se todo isto fose pouco, o goberno anunciou a semana pasada unha nova suba do tabaco, unha media do 7,3%. As alternativas dos fumadores cada vez son menos. Dende aquí imos propoñer unha que, sen dúbida, non será a máis popular, pero... por que non deixar de fumar?
Buscar neste blog
10 de dec. de 2010
A Illa prepárase para vivir sen fume

6 de dec. de 2010
Canda a lotaría
Nenos á entrada do auditorio
[Manuel Suárez Nieto] Pois si, o Consello de Ministros non para. Estragóuselles a ponte, a eles e a algúns máis. O pasado venres 3 de decembro aprobou o “Real Decreto Lei de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar de forma inmediata o investimento e a creación de emprego”; máis unha, das xa moitas medidas que non conseguen os obxectivos para o que foron ditadas, baixar o desemprego. Todo a estribor, voga de couso na política económica. Séguese o ronsel das medidas propostas pola doutrina neoliberal, que non deixaron de poñerse en práctica dende finais da era Felipe González, con Pedro Solbes como Ministro de Economía, quen continuou coas mesmas de volta no goberno, aló polo 2004, moi na liña das preocupacións de Rato e do seu temor ao “tsunami regulatorio”. Pero nese Consello de Ministros houbo máis. Tamén se aprobou, coma tódolos anos, a proposta do Ministerio de Economía e Facenda, o RD que declara oficiais as cifras de poboación dos municipios españois a 1 de xaneiro de 2010.
De cando a roupa se botaba ao clareo
O río da Abilleira
30 de nov. de 2010
Pisos pantasma
Pisos á venda na Avenida da Ponte
A visibilidade do Igafa, e da FP
O Igafa, visto desde o mar
[Manuel Suárez Nieto] Se facemos unha pescuda no buscador de na illa co termo "Igafa", o primeiro que nos sae é unha entrada do 2008, na que se denuncia a invisibilidade do instituto na rede e a imposibilidade de consultar a oferta formativa e os proxectos de investigación que se estaban a levar a cabo. Afortunadamente, isto mudou. Dende febreiro de 2009, está rexistrado o dominio www.igafa.es. Unha web, ben bonita e entretida por certo, na que se pode atopar toda a información. A Formación Profesional avanzou de xeito importante no sistema educativo español. Aquela FP marxinal e sen recursos pasou á historia, aínda que é frecuente escoitar algúns tertuliáns que non se puxeron ao día reproducir argumentos do pasado. Hai ciclos formativos cun nivel moi alto, do que os alumnos saen con altas capacidades para o desenvolvemento de profesións cualificadas. Sería unha pena que este camiño comezado fai algúns anos e ao que tanto esforzo se ten dedicado comezase a desandarse só pretexto da crise. O movemento demóstrase andando, e a aposta pola educación demóstrase con recursos enriba da mesa. Non é casual que as comunidades con menor gasto en educación (Valencia, Canarias e Baleares), sexan tamén as que maiores índices de fracaso escolar ostentan, e ao revés, a maiores recursos, mellores resultados (Asturias, País Vasco e Navarra).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)