tag:blogger.com,1999:blog-32358881.post3329852485554553577..comments2024-02-24T12:06:26.910+01:00Comments on na illa: Noite de San XoánUnknownnoreply@blogger.comBlogger11125tag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-55655425434143844672010-06-26T02:16:30.036+02:002010-06-26T02:16:30.036+02:00Chegando ao punto de que alguén chame "nazion...Chegando ao punto de que alguén chame "nazionalista" a outro non vale a pena seguir discutindo con ese tipo, pero tendo en conta que este foro o le xente que pode ter interese, a ver varias cousas:

A escrita non é transcrición fonética: non se le igual TOXO que TÓXICO.

A raíz do fonema /Ñ/ en galego é distinta á do español.

O Ñ é un -n- enriba doutro -N-. Tamén se escribía /De/ coma un D "tachado", pero tanto en castelán coma en portugués foron habendo (e segue a haber) normativas e dicionarios que van adaptando a ortografía. En galego tamén, pero menos polas trabas que sabemos.

En castelán /ANNO/ antes de que inventasen o -Ñ- xa se dicía /AÑO/, pero en galego-portugués ese "doble ene" foi dar a /ANO/. En moitas outras palabras pasa que o -NN- non se corresponde en galego e castelán: Vinho/Vino ; Canela/Caña ; Sono/Sueño ; ETC.

Algo así pasou con -LL- e -LH- : en galego-portugués tomou-se do provenzal, e ten raíz distinta, en galego o -LL- tendeu a ler-se como -L-, e o -LH- está noutras palabras:

Castillo/Castelo ; Repollo/Repolo ; Allá/Alá ; Gallo/Galo ; por outra banda o fonema /Y/ (que en galego é igual Y que LH ou LL) foi outras veces dar -J- no castelán: Alho/Ajo ; Filho/Hijo ; Velha/vieja ; ETC.

Non é que se copien o -NH- ou -LH- do portugués, senon que son letras galegas. Usaba-as a condesa de Altamira escribindo galego incluso despois dos Reis Católicos, usaba-nas escritores galegos do século XIX, moitos do XX, e hoxe está o debate de incorporar esas letras á normativa oficial.

Entre as varias ventaxas de incorporar esas letras están a de estimular o interese de máis de 200 milhóns de falantes das distintas versións do portugués e facilitar-nos a chegada de moito material editorial. En alemán pasaron a usar o -ss- e aceptan o "ue" en vez de "ü" na última reforma, para ter outra vía de escritura (por exemplo por se escriben nun ordenador desde fóra de Alemania) e en castelán tamén se plantexou.

Na práctica en galego uns queren reducir o debate a un tema político, cando non debería, e por exemplo GOOGLE pasa do tema, e igual que o valenciano o considera a mesma lingua que o catalán, as páxinas en brasileiro, angolano, e GALEGO, identifica-as como variantes da lingua portuguesa.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-72541631991095219992010-06-26T01:41:17.043+02:002010-06-26T01:41:17.043+02:00"Conseguiremos que fale mais xente galego...&..."Conseguiremos que fale mais xente galego..."

Apostaría a que quen escribe iso, se é da Arousa:
FALANDO non di conse'GUI'remos > Usa gheada.

Tampouco di "galego", e moito menos dirá "mas" en vez de "pero", e aínda así non usa o til (ou arre ou xo).

E ven dando clases...
Ademáis da ración de autoodio, vai insultando de nazionalistas, cando o único partido que por desgraza (ou desjrasia) ataca o galego é o que fundou un ministro de Franco, que si apoiou aos nazis. E por certo aínda non condeou o franquismo no Parlamento Europeo (abstivo-se, porque disque son moi insistentes os que piden que o condeen 1VEZ!).

Meendinho era galego, non portugués. A letra Ñ foi usada polos escritores que recuperaron o galego para a escrita porque durante anos estivo prohibida na escola -por decreto lei, baixo pena de despido do profesor, senon algo peor-.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-10650913585607320912010-06-25T00:04:21.573+02:002010-06-25T00:04:21.573+02:00Que é o que piden?Que é o que piden?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-901235209169041952010-06-24T23:46:53.982+02:002010-06-24T23:46:53.982+02:00Eu a varios nacionalistas dos que coñecin, falaban...Eu a varios nacionalistas dos que coñecin, falaban un castelan de caer al chan. Piden pos demais o que non fan eles. O galego e dos galegos claro que si, dos que o falamos e dos que o ensinamos os mais pequenos. Por eso que a min non me veñades con rollos da defensa do galego. O galego defendese na casa ensinandollo os fillos e desois contos baratos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-53129525200216256622010-06-24T21:50:50.303+02:002010-06-24T21:50:50.303+02:00Permíteme dubidar que ti e os teus teñades o máis ...Permíteme dubidar que ti e os teus teñades o máis mínimo empeño en promovelo uso do galego. Imos ver unha cousiña, cal é a diferenza na fala da escrita xuño, xunho ou junho?, respondo eu, NINGUNHA. No que si hai diferenza é en "junio", que por moito que ti o digas, non é galego nin falta que fai.

Eu conformaríame con que non fixerades nada, nin a favor nin en contra do galego. O que nos queredes meter polos ollos os nazis españois de faes e demais comparsa é que o castelán é lingua propia de Galiza, e iso, de momento, non é así co Estatuto e a Lei de Normalización na man, por certo votada por unanimidade, tamén da dereita, que se ve que daquela era máis civilizada que hoxe, polo menos neste asunto.

E xa para rematar, o galego é dos galegos, non dos nacionalistas, aínda que por desgraza moitas veces só se defenda por estes. Que vos parece que vaian queimar máis de 5 millóns de euros en libros de texto de matemáticas porque están en galego?, será culpa tamén dos aportuguesados nazionalistas. Dos aportuguesados non sei, dos nazionalistas españois seguro que si.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-33787580102197785432010-06-24T19:53:31.613+02:002010-06-24T19:53:31.613+02:00Conseguiremos que fale mais xente galego, se usamo...Conseguiremos que fale mais xente galego, se usamos na escrita formas mais alexadas do galego que falamos a maioria do pobo.
Despois buscamos culpaveis, moitas grazas. Mais galego, e menos portuguesadas raras que nos queredes meter polos ollos os nazionalistas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-38269330315114642422010-06-24T19:16:11.461+02:002010-06-24T19:16:11.461+02:00Eu creo que a normativa oficial debía incorporar o...Eu creo que a normativa oficial debía incorporar o -nh- e o -lh-, que son galegas; así por min "xunho" está perfecto.

A favor do 24, pois cada un pode celebrar o que queira, non? O 21 é o solsticio, pero as festas antigas duraban varios días. Tamén o 21 se celebra o de inverno (e o 22 o día da lotería), e o 24 é Noiteboa...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-81115157364558228532010-06-24T17:23:30.936+02:002010-06-24T17:23:30.936+02:00Vou mediar na disputa, si mo permitides. Vou busca...Vou mediar na disputa, si mo permitides. Vou buscalo centro, que vos parece?, pois ben, nin xuño nin xunho, JUNHO. E xa de paso, por só 15 euros, "do ñ para o nh", de Valentim R. Fagim, que presentara daquela no Roaz "O galego im-possível", totalmente recomendábel si se quere ir a por nota.

P.S. Non tires a auga coa que laváchela cara hoxe pola mañá, disque vale para as picaduras, o acne, para a depresión, si é leve iso si, e para moitas outras cousas.

Saúde.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-3326533360379856962010-06-24T13:32:36.472+02:002010-06-24T13:32:36.472+02:00ultimamente non dou unha...
hei de corrixir o do ...ultimamente non dou unha...
hei de corrixir o do 21, claro. A xunho non lle vexo o problema.naillahttps://www.blogger.com/profile/03603214568696141512noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-9007611491994777992010-06-24T13:06:50.087+02:002010-06-24T13:06:50.087+02:00XUÑO E 21 POR FAVORXUÑO E 21 POR FAVORAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-47304013868003518572010-06-24T02:13:05.639+02:002010-06-24T02:13:05.639+02:00Tarde piaches... o solsticio de verán foi o 21. A ...Tarde piaches... o solsticio de verán foi o 21. A ver si para o equinoccio lle acadas. Moi bonito o cartaz.Anonymousnoreply@blogger.com