tag:blogger.com,1999:blog-32358881.post8042617733712842689..comments2024-02-24T12:06:26.910+01:00Comments on na illa: As dunas da Area da SecadaUnknownnoreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-58722068040861285962010-07-13T15:52:16.494+02:002010-07-13T15:52:16.494+02:00Non me esquecín das dunas de Carreirón porque se n...Non me esquecín das dunas de Carreirón porque se nos poñemos a mirar cáseque todo Carreirón é unha duna. De feito, a lagoa de Carreirón non é nin mais nin menos que un cacho de terra tapado por unha antiga duna. Vese area en gran parte da superficie de Carreirón, e afondando un pouco atopamos máis area.
Por certo, nailla, podes utilizar a información xa que a min o que me interesa é que a xente coñeza os valores naturais para protexelos. Ademáis, protexendo as dunas estase a protexer a propia superficie territorial da Illa de Arousa xa que en caso contrario vai a ir a menos e os dominios de Costas vanse a ir extendendo máis terra adentro.
Non nos esquezamos de que o nivel do mar está subindo unha media de 2 cm cada dez anos (2 mm anuais) segundo o seguemento que se está a facer desde 1960. Entre o ano 1960 e o 2000 o nivel do mar, en todo o mundo, subeu 7 centímetros.Juanhttps://www.blogger.com/profile/12705936006123094076noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-76730662626519703312010-07-13T10:46:47.460+02:002010-07-13T10:46:47.460+02:00A min contanme os vellos que se sacaba a area para...A min contanme os vellos que se sacaba a area para as casas do areoso e da area da secada e que as dunas eran moito máis grandes do que nós recordamos. O do vao é moi forte porque a xente empéñase en ter o coche enriba da praia e pronto vai chejar a ajua arriba. Deberíanse protexer e respetar todos eses espacios pero parese que nadie lle dá a importansia que teñenAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-34255370806347493702010-07-12T23:26:50.257+02:002010-07-12T23:26:50.257+02:00Juan, aínda che faltou por mencionar unhas dunas q...Juan, aínda che faltou por mencionar unhas dunas que hai en Carreirón, e que tamén foron protexidas cun cerco hai un par de anos, máis ou menos. Se mo permites, vou recoller a información que facilitas sobre as dunas da Arousa e publicala nunha entrada propia, para facilitarlle a consulta a todos os interesados.
Grazas.naillahttps://www.blogger.com/profile/03603214568696141512noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-60068716148180307682010-07-12T14:01:41.581+02:002010-07-12T14:01:41.581+02:00Por certo, a duna da Area da Secada é móbil, pois ...Por certo, a duna da Area da Secada é móbil, pois pode comprobarse que carece de vexetación en gran parte da súa superficie e, ademais, as úa area desprázase cambiando a súa forma ao longo do ano.
Hai moitas dunas baixas fixas ao longo do litoral da Arousa, que non o parecen porque están cubertas de vexetación mesturándose a típica dunar coa terrestre. Pero certamente estanse a perder a causa da colmatación.
Outra duna importante é a de Espiñeiro. Menos mal que se puxo o cercado de madeira porque os coches metíanse por ela ata aparcar na mesma praia.
Por certo, as tumbas que apareceron na praia (non me acorda o nome) dan idea da cantidade de terro que xa lle comeu o mar á terra desde que se construiu a ponte, como resultado da destrución das dunas que había por esa zona.Juanhttps://www.blogger.com/profile/12705936006123094076noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-32358881.post-26899909022849813212010-07-12T13:42:32.738+02:002010-07-12T13:42:32.738+02:00A función das dunas é amortecer o avance do mar pa...A función das dunas é amortecer o avance do mar para evitar que iste avance sobre a terra. Antes da construción da ponte había moitas dunas en todo o litoral do leste. Trala inauguración da ponte, os camións grúa fixeron o seu agosto quitando coches que quedaban enterrados nas dunas. Trala súa colmatación, o mar foille gañando terreo á terra, o cal é evidente nun paseo polo entarimado que ven desde O Vao: xa o mar está a piques de arrincalo en algúns puntos.
Impresionante duna debeu ser tamén a do Furado. De alí sacouse a area de cáseque tódalas casas vellas da Arousa. Son os vestixios dunha duna fósil formada cando o nivel do mar estaba varios metros por riba do actual.
Mención enpecial tamén merece a duna do Vao. Non o parece porque por riba dela pasan os coches coma se fora unha estrada. Non creo que aguante moito ise ritmo. Pronto desaparecerá e meterase o mar por toda a marisma ata chegar á elevación da estrada da ponte.Juanhttps://www.blogger.com/profile/12705936006123094076noreply@blogger.com