[Redacción] O abruíño é un froito silvestre propio deste tempo do ano, que adoita medrar á beira das leiras e camiños rurais. O seu sabor agre, que deixa na boca unha lixeira sensación de sequidade, é difícil de esquecer. En castelán, coñécese co nome de "endrina", e no galego estándar, como “abruño”. A palabra que usamos na Arousa para nomear esta clase de cirola, “abruíño”, forma parte do noso particular “Dicionario de ausencias”.

6 comentarios:
o de "deixa na boca unha lixeira sensación de sequidade" é unha mentira piadosa, porque de lixeira nada!!pero aínda así a min gústanme, recordanme os meus vrans da infancia ó voltar da praia...
Ao mergullalos en anís dan o pacharán. Supoño que tamén estarán bos coa caña.
En Vilanova chámalle eu, na nenez, ambruíño.
A froita dos pobres dos anos da postguerra e dictadura franquista.
Non che sabía eu que o pacharán sale dos abruíños. E aljén sabe como se fai? Estaba ben provar, a ver que sae.
Aquí tes a receta:
http://www.conpan.es/content/view/120/36-patxaran-pacharan-casero
E ti que dis?
A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.