9.7.11

Analizando os cons da Arousa: un enigmático conxunto preto do Faro

Foto enviada por Francisco Cores, coa intención de determinar o interese arqueolóxico do conxunto

[Redacción] Ao fío dos comentarios xurdidos recentemente sobre os tesouros arqueolóxicos da Arousa, Francisco Cores envíanos as imaxes dun conxunto de cons, situados entre a Area da Secada e o Faro, que el considera que poden corresponder a unha ara prehistórica. Cores explícanos os seus argumentos coa intención de que se abra o debate e de que os expertos poidan opinar sobre a orixe das curiosas formas que adquiriron as pedras. En todo caso, confésase fascinado polo lugar.

O monumento arqueolóxico estaría formado por tres elementos, segundo explica Francisco Cores, situados ao pé dun gran con que morre no mar, moi frecuentado polas espectaculares vistas que ofrece do norte da ría. “A situación na que está ubicado parece axeitadísima para as ofrendas rituais”, sinala.


"O con do medio é para min simplemente espectacular, con esa forma traballada en punta ", sinala Francisco Cores. Para o autor das imaxes, a pedra non foi formada así de xeito natural, "para min é clarisimamente obra do ser humano". No con do lado, apréciase unha pía coma tantísimas outras que hai na Arousa. "Penso que a saída do derrame da mesma está orientada ó poñente, como parece ser bastante habitual neste tipo de elementos rituais", sinala Cores.


 

Por último, o conxunto complétase con este terceiro con, que presenta o cume totalmente aplanado. Tamén  forma casual? 

Unha vez expostas as imaxes e os argumentos, tócalles aos expertos determinar o interese do conxunto. A imaxinación é libre, e non é a primeira vez que discutimos neste blog sobre curiosas formacións xeolóxicas que parecían ser obra dos habitantes primitivos da illa. Pero non imos quedar coa dúbida por medo a errar, non?

30 comentarios :

Anónimo dixo

imaxinacion , moita imaxinacion , e o con do cocodrilo que e , unha ofrenda os dioses para que os protexeran dos cocodrilos da lagoa de carreiron??

Anónimo dixo

Si dous, copio e pego a explicacion que en este mismo blog da Juan (creo que e Poza).

"O que se observa nas imaxes son os efectos da meteorización e erosión química e diferencial do granito que forman as coñecidas popularmente como cacholas ou marmitas de xigante."

A partires de esto, buscarlle explicacions as formas dos cons , e querer facer da forma caprichosa que poden obter, e un exercicio de imaxinacion libre, por iso a miña pregunta a si a forma do con do cocodrilo.

Anónimo dixo

3, ves como non é tan difícil ser educado. A ver se imos facendo bo de ti. E xa no referente ao comentario de Juan, era sobre uns cons de Testos, non a estes que son en Sualaxe, xunto ao faro.

http://illadearousa.blogspot.com/2010/01/os-misteriosos-cons-de-testos.html

Anónimo dixo

Pois eu creo que para atopar este tipo de cousas sí é necesaria a imaxinación do ke se trata agora e de buscar probas da meteorización ou da obra do home para poder discernir

Anónimo dixo

Dende a inoransia e con todo o respeto..elo por que a "meteorisasión" dase nun con e no do lado, sendo o mesmo tipo de pedra ,non se da tal efecto?
Esperando respostas , moitas jrasias.

Anónimo dixo

A Arousa e unha mina de historia, moito máis do que pensamos, cando algen se poña en serio a estudiar todolos achazgos que hai pola Arousa, van descubrir un tesouro de historia. Eu sempre pensei que esa especie de tumba que hai na praia de riasón era un pequeno viveiro, pero ao ir comendolle o mar ao campo de Riasón esta aparecendo outra, e eso ten que ter aljun milenio que outro, porque a capa de terra que ten encima non e dun palmo precisamente. Ainda ei de ir eu ali na lejoña, sejuro que atopo o santo grial, jajaja

Juan Poza dixo

As rochas son o esqueleto da Terra que aflora á superficie cando se erosiona a terra que a cubría. As rochas da Arousa formáronse durante o período Pérmico, fai 300 millóns de anos a 6.000 metros de profundidade cando chocou Norteamérica con Galicia para formar a Panxea e unha enorme cordilleira chamada o macizo Hespérico, do que hoxe non queda nama máis que as rochas producidas ao arrefriarse os magmas que se formaron como resultado do choque.
Durante 300 millóns de anos esas rochas fóronse meteorizando, tanto baixo terra como cando emerxeron á superficie, e como teñen partes nas que abundan minerais máis duros (seixo ou cuarzo) e outras con predominio de minerais máis brandos (mica e feldespato) foron adquirindo curiosas formas que as converten en auténticas esculturas naturais.
Igual que nos marabillamos nós desas curiosas formas abstractas ás que lle podemos asignar un parecido con algo, quizáis os nosos antepasados fixeron o mesmo.
Incluso hai quen se dedicou a darlle certos retoques para perfeccionar a forma escultórica. Creo que se cita nun artigo deste blog á persoa que o fixo na Arousa.
Nas relixións ancestrais adorábanse as forzas da natureza. Árbores milenarios e rochas curiosas convertíanse nos iconos ou "santos de pedra" aos que adorar. O monte do Pindo, en Ézaro está cheo de santos de pedra, por iso se considera o monte Olimpo da relixión celta.
Pero hai que ter coidado con interpretar que o que a nós nos parece un santo de pedra tamén tivo que ser considerado así polos nosos ancestros.
O que máis me chama a atención da primeira foto é o pico cilíndrico da esquerda. Pódese interpretar como erosión diferencial, pero na foto parece demasiado perfecto. Quizáis tamén foi retocado, igual que o afogado do Aguiúncho, pero neste caso para amarrar barcos. Ata parece que a base está erosionada polas cordas que alí se enganchaban. Haberá que facerlle unha visita para comprobalo sobre o terreo.
En conclusión: as curiosas esculturas das rochas débense a procesos xeolóxicos. A imaxinación humana pode convertelas en obxectos de culto e incluso darlle uns pequenos toques para que o resto as interprete igual que nós.
Outra cousa é cando algún poderoso da época quixo rodear a súa tumba de santos de pedra; pero estes casos son evidentes.

francisco m.cores dixo

Amigo Juan Poza, veño de ler o teu comentario, o cal agradezo fondamente por canto supón unha valiosísima opinión de unha persoa experta, neste caso en temas relacionados coa xeoloxía. Parécenme interesantísimos os apuntes sobre a formación xeolóxica ou as sucesivas transformacións que puderon sufrir os cóns ó traveso do tempo debido ás condicións climatolóxicas. Tamén paréceme moi interesante o que indicas sobre o cón que está no medio do conxunto, o que ten esa estrana formación en tubular, a propósito do cal concedes a posibilidade da intervención humana na súa formación actual. Pois ben, isto para mín é o mais importante, pois o que eu trato de poñer en debate non é a morfoloxía nin a orixe xeoloxica destes pandullos, senon a posibilidade da intervención e uso human dos mesmos, e nin siquera de xeito individual, senon en conxunto os tres, aínda que uns teñan esas formas de xeito natural, e outros non, polo que, para min, poderíamos estar en fronte de un elemento de investigación arqueolóxica. En calqueira caso, sinto decirche que a atribución do posible uso que lle das a esa forma en canto a ser un punto de amarre de barcos paréceme totalmente desafortunada. Eu dende logo, si tuvese unha embarcación, ése sería o último sitio onde a amarraría, pois non creo que tuvese barco á mañán seguinte. Aínda así, gostaríame a opinión dalgún mariñeiro, ou alguén que nos poida falar desto con propiedade. En calquera caso, o que verdadeiramente me gostaría sería a opinión dun arqueólogo que sexa quen de interpretar este conxunto dende un punto de vista histórico, tendo tamén en conta si procede, a ubicación no entorno xeral da zona, onde xa son coñecidos outros xacementos arqueolóxicos. Resumindo, que non todalas pedras que están arredor de nós foron así de xeito natural, senon que algunhas delas foron modificadas polo home con algún motivo Ti mesmo aceptas que o ser humano pode converter estes escenarios en obxectos de culto. Ese sentido é ao que lle quero que teña a miña interpretación, porque é o que mais me gusta e me interesa. En fin, unha vez mais teño que agradecer a túa valiosísima intervención polo que indubidablemente supón de axuda neste debate.Un saúdiño.

manu dixo

Hai un blog moi interesante do que xa falaron aquí e que trata entre outros temas de arqueoloxía. O autor é veciño, da Ría. Seguro que se vai interesar. Mándalle as fotos.

http://www.manuelgago.org/blog/

O blog de Patrimonio Galego

http://patrimoniogalego.net/

E a dirección de correo onde lle podes mandalas fotos e facer as preguntas que consideres

patrimoniodegalicia@gmail.com

Juan Poza dixo

Francisco, está claro que cada un ve a feira á súa maneira. A través das rochas eu podo interpretar a historia xeolóxica da Arousa, que é interesantísima e remóntase máis alá de fai 300 millóns de anos. En cambio, a historia da humanidade non chega ao millón.
De tódolos xeitos, os primeiros poboadores da Ría coñecérona cando a Arousa era unha pequena elevación no val polo que descorría o río Ulla: estaba en seco porque o nivel do mar se atopaba uns 100 metros por debaixo do nivel actual.
Se che interesa saber o que fixeron os nosos antepasados tamén debes de ter en conta que as condicións da Ría non foron igual que agora. Digamos que estas condicións se acadaron fai uns dous mil anos, máis ou menos na idade na que viviu Cristo na que eran os romanos os que dominaban o mundo occidental.
Na época prerromana as condicións climáticas e de asolagamento da ría foron moi diferentes e a Arousa non era unha illa. Logo produciuse unha inundación máis intensa que a actual na que Vilanova, Vilagarcía e prácticamente tódolos pobos que coñecemos quedaron inundados ata que baixou o nivel do mar fai 2.000 anos e agora parece que volve a subir. Por iso xa non podemos cruzar a Vilanova polo Vao (sen ponte, claro está) nas mareas baixas como facían os nosos antepasados de fai tres xeracións.
Como ves non podemos interpretar a historia da humanidade sen ter en conta a historia xeolóxica.
En canto a amarrar un barco nesa rocha, certamente sería unha temeridade no momento actual. Seguramente se trata dun efecto óptico da imaxe. Pero ten en conta que o mar estivo máis alto, e tamén máis baixo, que agora. Metro máis, metro menos, o nivel medio actual do mar non ten máis de 2.000 anos.

Juan Poza dixo

ACLARANDO DATOS:
Fai 20.000 anos, o mar estivo uns 120 metros por debaixo do nivel actual. Relacionado co período glacial Würn (o último).
Comezou a subir o nivel fai uns 15.000 anos (transgresión Flandriense) acadando fai uns 6.000 anos un nivel de 3 metros por riba do actual.
Volveu a baixar acadando o nivel considerado actual (o 0 das cartas náuticas) fai uns 2.000 anos e agora está subindo. Entre o ano 1950 e o 2000 aumentou cas 1 metro. ¿Efectos do cambio climático?
A este paso, dentro de 300 anos éntranos o mar nas casas.
Aproximadamente, dentro de 1.000 anos

Xa non sei donde vivo dixo

Ao que habería que engadir que a basculación do zócalo tamén fixo algo. A mesma basculación que segue a darse hoxendía e que pode ser a causa da aparente elevación do nivel do mar (salvo que se constate a nivel de todolos continentes)-

francisco m.cores dixo

Home, hai 6.000 anos non existian barcos que amarrar en ningunha parte, todo mais troncos aos que subirse malamente. De todolos xeitos aínda que existisen e fose ésa a función do cón, estaríamos ante unha peza de interese arqueolóxico, non?
Outra vez grazas polos teus comentarios inzados de tan curiosos e interesantes datos.
Saúdiños

Juan Poza dixo

Para "xa non sei donde vivo".
Home!, non pretenderás que en catro liñas me pare en tódolos detalles! Tamén teríamos que considerar os horst e os grabéns. Os datos que dou refírense a valores que afectaron a toda a Terra. O aumento recente do nivel do mar non se refire á Ría, senón a valores medios, os últimos foron medidos con satélites artificiais. Non son meus, lóxicamente, senón da NASA.

Francisco, non me fagas caso sobre arqueoloxía porque o único que sei é que as relixións ancestrais adoraban ás forzas da natureza e viron santos nas árbores, nas rochas e no Sol, entre outras.
E para xogar un pouco: ¿non che parece curioso que a Arousa teña forma de 7 e mida 7 Km2? ¿Sabes o que representa o 7 na cábala?
Di o Xénese que Deus creou o mundo en 7 días. Explicouse a formación das rías como a man de Deus cando descansou. ¿Non será que a Arousa marca o día en que rematou a creación, escrita por mán de Deus, como se marca en moitas obras o remate poñendo o ano?
¿E non sería o barco de pedra que trouxo o cadáver do apóstolo Santiago o que atracou aí? Tivo que remontar o Ulla e ben puideron facer unha parada no lugar escrito por Deus. Sendo de pedra non tería problemas.
Como ves podemos imaxinar moito e facer que as cousas cadren; pero o que a min me interesa son os aspectos demostrables científicamente. O demáis é imaxinación que pode ser máis ou menos interesante como argumento literario ou reclamo turístico. Fíxate se non no que se montou en torno a Santiago de Compostela coa historia do barco de pedra.

Anónimo dixo

O outro día, non lembro moi ben onde, dicían que algúns problemas para os que a ciencia chegara á conclusión científica de que non tiñan solución, resolvéronse buscando talentos que aínda non foran instruídos neses aspectos e propoñéndolle os mesmos problemas. O resultado nalgúns casos foi que os resolveron. A imaxinación é unha capacidade que non todo o mundo ten. Non a desprecemos.

Juan Poza dixo

Certo, sen imaxinación non hai ciencia. A ciencia baséase en hipóteses que hai que demostrar para converter as ideas (imaxinación) en teorías.
A imaxinación é o que fai avanzar o mundo e non hai persona creativa que non teña unha gran capacidade de imaxinación.
Sinto que puidera interpretarse o que dixen como un desprezo da imaxinación. Todo o contrario. Só pretendín facer un xogo imaxinativo, e se cadra as cousas foron así e non como as interpreta a Ciencia.
Porque as teorías científicas xurden, como xa dixen, da imaxinación ... pero esas teorías cambian cando xurden outras mellores que corrixen os fallos das anteriores.

xa non sei donde vivo dixo

Bueno Juan, que eu tampouco quería ser quisquilloso co tema! Deixo en compensación un novo fío para os interesados e unha solicitude para ti, a ver si me podes botar unha man que estou á procura dun artigo e non o atopo por ningún lado (dame pereza desprazarme a Compostela a miralo nunha biblioteca, a verdade).

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/05/31/0003_8518442.htm

O artigo en cuestión é:

VIDAL ROMANÍ, J.R. (1984): A orixe das Rías Galegas. Estado da cuestión (1886-1983). Cuadernos
da Área de Ciencias Mariñas, Seminario de Estudos Galegos, 1: 13-25

Anónimo dixo

Caro Juan Poza moitas jrasias polos datos que nos amosas que nos achegan unha imaxe da ria d´Arousa milenios atras...(e agora con esta informasión fasme cotexar os teus datos coas calibrasións de xacementos dunha e outra banda da ria,e do medio tamen,....;)

Juan dixo

Para xa non sei donde vivo

Vidal Romaní é a máxima autoridade da xeoloxía galega, teño o traballo que citas; pero nas informacións periodísticas, e tamén nesta conversa, se obvian moitos detalles e se simplifican certas afirmacións.
A idade é o de menos, o importante son os acontecementos que se datan cunha certa aproximación.
Os acontecementos xeolóxicos máis importantes do cuaternario son a glaciación Würn e a transgresión Flandriense; pero houbo outros acontecementos como a pequena idade de xeo durante a Idade Media.
A transgresión flandriense fixo subir o nivel do mar, que acadou cotas máximas fai uns 6.000 anos e volveu a baixar fai 5.500. O caso é que subeu e baixou varias veces uns poucos metros (5 arriba e 5 abaixo ata practicamente estabilizarse fai 2.000 anos en metro arriba e metro abaixo.
Como non hai espazo para pararme en detalles déixoche un enlace para que analices por ti mesmo como foi esa transgresión.
Por certo, para quen non o saiba: transgresión marina é o avance do mar sobre a terra, regresión marina é o contrario. Transgresión terrestre é equivalente a regresión marina e regresión terrestre correspóndese coa transgresión marina.
Temos pola Arousa moitos exemplos destas subidas e baixadas do nivel do mar: detéctanse claramente dúas ou quizáis tres (que se corresponden coas da gráfica do enlace).

http://www.google.es/url?sa=t&source=web&cd=1&ved=0CBgQFjAA&url=http%3A%2F%2Fgeologia.ujaen.es%2Fusr%2Flmnieto%2FGEOLOG%25C3%258DA%2520DEL%2520CUATERNARIO%2FLecciones%2FPresentaci%25C3%25B3n%2520Lecci%25C3%25B3n%25208.pdf&rct=j&q=transgresion%20flandriense&ei=TQMfTsTSC8mVOrTeibwD&usg=AFQjCNGyCrbI5VXAMqOsl8OS8tDcmrL6EQ

Anónimo dixo

Hola Juan, gracias polo enlace, botareille unha ollada. Si dispuxeras do artigo mencionado en pdf (eu non atopei o enlace en google)..., estaría ben que o colgaras.

Juan dixo

Este tipo de publicacións débeas subir o propio autor xa que se o fai outro pode incurrir na piratería.
Busquei en Internet por se aparecía algo e creo que che pode interesar este outro enlace que, ademáis de considerar o traballo que buscas, ofrece información máis recente e actualizada:

http://www.sociedadgeologica.es/archivos/REV/13(3-4)/Art01.pdf

Como podes ver existen varias teorías e hipóteses. Incluso hai diferenzas respecto á idade dos períodos xeolóxicos. Tal vez porque os acontecementos ocorreron durante longos períodos (normal en xeoloxía) ou por erros asociados aos métodos de datación.

Juan dixo

Outra cousa, o traballo que buscas é unha recompilación da información de outros autores con escasa aportación persoal do autor (Vidal Romaní). Non se datan os períodos xeolóxicos: fala do Cretácico, do Holoceno, etc, pero sen axustalos a fai tantos miles de anos. O cal é normal polas discrepancias citadas no punto anterior. Normalmente estes axustes só se fan en traballos de divulgación e coa única intención de dar unha idea aproximada do tempo.

Xa non sei donde vivo dixo

Gracias Juan de todos modos pola aclaración, o link que me indicas xa o tiña descargado desde fai tempo, xunto con este outro:

http://www.ucm.es/BUCM/revistas/geo/16986180/articulos/JIGE0000110021A.PDF

Un saudo

pablo iglesias dixo

para: juan poza,teño que poñerme en contacto contigo,deixame algun enderezo ou tlf,gracias,pablo.

Anónimo dixo

Atopei esto:
http://www.fromoldbooks.org/Grose-Antiquities/pages/00p135-Druidical-Antiquities-Overview/

Francisco M.Cores dixo

Impresionante link. Agora dicídeme que diferencias hai entre os elementos que hai nesa páxina británica, e un dos que teño atopado en Carreirón, coa diferencia de que o noso está moito mellor acabado, dándolle un xeito xeométrico ao conxunto de pías e canais de desaugue.
http://www.facebook.com/photo.php?fbid=1944303642649&set=a.1618412335570.2077679.1094234765&type=1&theater
En fin, que o que temos é moita imaxinación...
Moi agradecido polo link, que nos serve de estímulo para seguir buscando e para documentar i enriquecer o que vaiamos atopando por ahí.

Juan dixo

De nada, Francisco.
Póñoche outro enlace que trata sobre o tema das rochas. Quede claro que hai unha explicación xeolóxica ao modelado destas pedras; pero entendo que os nosos antepasados puideron ver nestas pedras talladas pola natureza algo máxico, sendo evidente que a pedra tivo algo que ver co culto de antigas civilizacións.
Os dous enlaces pertencen ao mesmo blog (parte 1 e parte 2). Recoméndase visitar o blog xa que ten moitos máis temas sobre arqueoloxía.

http://terraeantiqvae.com/profiles/blogs/estructuras-talladas-en-roca

http://terraeantiqvae.com/profiles/blogs/estructuras-talladas-en-roca-1

Francisco M.Cores dixo

Outra vez agradecido polos links, últimamente non dou a mans. Así de repente, o mais salientable que me parece deles é que no referente ás pías son bastante mais toscas que as que solemos ter por eiquí. As de aquí son como moito mais traballadas, mais pulidas na súa contorna. Non sei si viches o link que puxen no #27 porque incluso amosan unha distribución claramente xeométrica nos canles de desaugue o que amosa unha clara intencionalidade na súa fabricacion, e iso que como podes observar xa lle meteron unhas boas chanchadas ó con... As túas dúas ligazons, interesantísimas. Graciñas.

Anónimo dixo

Eche o que hai, mentras en Inglaterra somentes coa historia de druidas e catro pedras xa vedes a que montan na nosa ria tachannos de "fantasiosos"...cando temos tanto patrimonio como eles pero claro xa sabemos as politicas turistico cultural dun pais e outro...

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...