29.6.11

Sardiñas, do racú ou do xeito?

O barco de Chiquita, o único da Arousa dedicado ao racú

As sardiñas do xeito son máis caras que as do racú

[Redacción] Hai quen as quere do xeito e hai quen as prefire do racú. Nisto das sardiñas, como en todas as cousas, é cuestión de gustos. Na Arousa hai un único barco, o dos irmáns Chiquita, dedicado á pesca da sardiña con racú. Neste caso, as capturas fanse en mar aberto, con rede de cerco e en grandes cantidades, polo que é habitual que algunhas pezas acaben mazadas, ao golpearse contra os aparellos ou ao ser apiladas nas caixas. As sardiñas do xeito, pola contra, péscanse máis polo miudo, en pequenos barcos que faenan dentro da ría e con redes de menor tamaño. Aproximadamente, dedícanse a esta arte unhas dez embarcacións da illa. Din os xeiteiros que o seu peixe recibe un mellor trato e así queda reflectido no prezo: a cinco ou seis euros o quilo, mentres que a sardiña do racú vai a tres euros. Pero o prezo e a técnica de pesca non son os únicos factores a ter en conta á hora de elixir... tamén hai quen opina que a sardiña do racú, ao proceder de augas abertas, ten máis graxa que a do xeito e, polo tanto, sabe mellor. Cuestión de gustos.

4 comentarios :

Anónimo dixo

Se queres sardiñas da ría, Chulas tenas tódolos días. Son oficios e profesións que van desaparecendo. Un auténtico luxo comer sardiñas, e a un prezo máis que razoábel. Hai que aproveitar este manxar mentres dure. E que me dicides dunha empanada de xoubas... uuuummmmmmmmm¡

pablo igkeisas dixo

cando un vota a mirada atras,y recorda o seus anos mozos,aqueles invernos de vento duro e frio do norte. os vendavales do sur que facian arbolar o mar dentro da ria,as primaveras cando pola mañanciña fervia a terra o calor dos primeiros rayos de sol,y por fin aqueles verans de calor abrasador,con aquelas noites de calor no pinche do señor carmelo tramando ca pandilla do monte,donde ibamos a ir a fruta ou as palomas.
todo mudou incluso o chiquita,dende que recordo,o chiquita y a famalia formaron unha parte moy importante na vida da illa,recordo que cando unha batea iba o fondo chamaban o barco de chita para subila,cantas maquinillas teran queimado os barcos de chiquita,cantos favores tera feito esa familia,cando un se pon a pensar no fraxil que e a memoria do ser human,sinto unha tristeza inmensa,e de necios negar o evidente ,pero e mais necio ainda tratar de esquecer quen somos y o que somos,chiquita y a sua familia,son inequivocamente o modelo de familia y o simbolo perfecto do que foy o noso povo nunha epoca moy dura y de progreso tanto economico como social,negar esto e adultearar a realidade,dise,que nadie e profeta na sua terra,este e un caso claro de que esto e asi,noutro povo a esta familia xa se teria feito unha omenaxe de recoñicemento ,penso sinceramente depois de todo este tempo estudiando a esta familia,que non ahy na illa,nadie mellor para facerlle esa omenase de mellor familia de toda a historia da illa, pola sua entrega desinteresada a-o seu povo y aos seus veciños,quizas algundia,poidamos ver na calle do muelle do chufre,que se pase a chamar,avenida da famila chiquita,seria un fermoso regalo a nos mismos,para que non esquezamos quen somos realmente,de donde vimos y a donde se pode chegar con tramallo e dedicaccion.
o meu recoñezemento y admiracion y o de moitisima xente a cal teño entrevistado para preguntar por eta familia,y daque nadie me dou unha queixa,a pesar de todo.

Anónimo dixo

justame ainda que non fai falta dedicar ruas avenidas e meter plaquiñas que todos estamos orjullosos dos nosos e das nosas familias non?

pablo iglesias dixo

claro que si ,pero me u amigo,de ben nacidos e ser agradecidos ou non¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...