Buscar neste blog

10 de xuño de 2011

Os caprichos dos cons

Pedras na praia de Con Retellado

[Susi Rial] Ben coñecida é a importancia dos cons na Illa de Arousa, onde máis que calquera edificio ou monumento, conta como maior símbolo o “con de tres pés”, por poñer só un exemplo. Os cons incluso serven de reclamo turístico, con iniciativas como a “ruta dos cons”. 
O material do que están construídas estas impresionantes estruturas é o granito, rocha caracterizada pola súa gran dureza e formada por minerais de cuarzo, feldespato e mica. A acción das temperaturas (presenza de calor ou frío), do vento (e da confluencia de diferentes direccións) e do mar son os factores principais que dan lugar ás máis insospeitadas formas, aínda que son múltiples as influencias que recibe. Segundo sexan estes factores, as formas resultantes tanto poden ser suaves e redondeadas, como escarpadas e punzantes. 

Praia de Con Retellado

Debemos ter presente que os cons son estruturas sempre vivas: rachan, caen por efecto da gravidade e están en continuo proceso de modelado. Por iso, é doado que as súas formas cambien visiblemente en relativamente pouco tempo, dando lugar a unha paisaxe do máis variable e privilexiada.

4 comentarios:

  1. Haberia que catalogar e protexer este patrimonio único e irrepetíbel. Por suposto que podería ser un reclamo turístico e fonte de riqueza, máis que as obras de Gallego, e seguro que por menos cartos tamén. Moi boa entrada e moi boas fotos. Parsbéns.

    ResponderEliminar
  2. sip,viva o con da juana!!! que festas pasin ali d rapas.

    ResponderEliminar
  3. Ahora joderono cá carretera nova, xa non ten o merito que tiña..

    ResponderEliminar
  4. E cal é o con da Juana, onde está?

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.