14.6.11

A organización dos Encontros de Carril propón unha edición de 'resistencia'

 O cartel dos X Encontros Carril 2011


[Redacción] Do 30 de xuño ao 3 de xullo, vai ter lugar en Carril a décima edición dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a cita bienal de referencia para os colectivos de navegación tradicional. A poucas semanas da celebración, o comité organizador vén de alertar da “grave situación económica” que atravesa, dadas as escasas achegas económicas das empresas patrocinadoras e das administracións. En concreto, a organización destacou a nula colaboración da Deputación de Pontevedra, cando nos Encontros anteriores de Ferrol (2007) e de Muros (2009), a deputación coruñesa destinou aos eventos 60.000 euros. Así as cousas, segundo a Federación Galega pola Cultura Marítima, esta será unha edición de “resistencia”, na que variarán algunhas cousas pero non o esencial: a xuntanza dos barcos e dos seus tripulantes. Certamente, as cifras de participación ata o momento son similares ás doutros anos, xa que está confirmada a asistencia de máis dun centenar de embarcacións procedentes de Galicia, Euskadi, Andalucía, Cataluña e Portugal. Ademais, como é habitual, o evento tamén contará con demostracións de oficios, obradoiros, música, exposicións, xornadas técnicas e mais un servizo de visitas á illa de Cortegada.

11 comentarios :

Anónimo dixo

É unha pena que as administracións non apoien este evento como deberian, non digamos xa de Deputación de Pontevedra, si fora pa Festa do tinto ou pa do Albariño sobraban cartos.
Pero da igual, nos vamis a ir máis xente e barcos que ningúnha edición, pa que vexan o que se pode facer con tan poco, e poñer en evidencia a xa se sabe quen.

pablo iglesias dixo

un non sabe moy ben que decir,cando escoita e ve, este tipo de falcatruadas dos poderes publicos,si que o sabe,pero como o corazon che di unha cousa,y a cabeza outra, guiareime e sin que sirva de precedente de esta ultima.
Cando este que vos escrive era parte activa da escola de vela tradicional e aparellamento da acd.dorna,descubreu un mundo, o da vela tradicional,pero o que era mais importante,a xente que esta o deredor de este mundo,xente comprometida cas tradicions mariñeiras,xente que non toda esta vinculada o mundo do mar,pero si que se identifica con esta filosofia de vida,que non e outra,que servir de correa de transmision entre os nosos antergos e as xeneracions futuras nin mais nin menos,penso que esta e a mais sana das ideoloxias,recordar os nosos fillos e netos,quen somos e,de donde vimos,ainda que alguns no sepan a donde van,polo menos os que temos pasado e presente si que o sabemos,por certo,un povo sin memoria historica esta condenado a mediocridade y o olvido,o povo galego e de todo menos mediocre e olvidado,esto sera mais aplicable a alguns politicos, que non teñen memoria historica,pois xa esqueceron a sua orixe,y certamente estan perdidos y non saben cara onde van,estan a deriva en un mar de calma podre.
queridos amig@s,que compartimos esa filosofia de vida,que e a de non esquecer quen somos,por medio da cultura mariñeira,animo a travesia e longa,pero non poderan acabar nin ca ilusion nin ca forza que estades a demostrar,vento mareiro para vos,loitadores da memoria de todo un povo,(o povo mariñeiro galego).
y para que non o entende ou non o queira entender,pois como xa diso algun coñecido meu algunha vez,para eles calma pobre.

unha aperta e animo,estamos con vos,en corpo e alma.

pablo iglesias.

Anónimo dixo

Normal que as administracions se retiren de apoyar moitas cousas. Non hay un peso donde sacalo. Cando o gobierno central lle esta pedindo e prohibindo que non gasten, de donde van a sacar. Pareceme excesivo tamen gastar 60,000 euros en algo asi cando hay tanta outra necesidad ahora mismo. Eu apoyo toda a cultura, especialmente a nosa, e encantaria ter una dorna pa navegar. Pero en fin, cada un barre pa casa.

Anónimo dixo

3, ben se che ve a túa a polla. Grazas por defendela nosa cultura. Nos es de mucho agrado tenerte antre nosoutros. A dorna pa que vai ser, pa ir o raño ou pa ir a praia?

Anónimo dixo

Ño, e os 50.000 eurakos que lle deu a galicia pilingui por unhas xornadas de dous días parécenche excesivas ou non?. Por certo, se querías significar que era moita a pasta poñendo tódolos ceros, ben podías ter posto 60.000,00. Esquecíchelos céntimos. Pero te digo la verdad, lo que más me mola es que la culpa es de zapatero por no dejarles gastar, que si por ellos fuese gastaban, y tanto. Como non é deles!

pablo iglesias dixo

haber amigo 3,e certo que a cousa esta muy malita,eso non e discutible,por que e a realidade,pero estaras conmigo,que ahi cousas que nos se pode mirar para outro lado,dito esto,eu non pido que se invirta o que fixo o ultimo goberno do presindente fraga y outras administracion,no encontro da illa,casi 200.000 eurakos,entendese todo,as dintistas actuacion,a organizacion dos museos do mar,en fin,toda a infraestura,quedou valorada en ese diñeiro,polo tanto un non sabe moy ben que decir,por que se deisa de invertir na nosa cultura,y se malgasta o diñeiro en outras cousas,e tamen por que uns teñen vision de futuro y outros non,sei que o que bou decir non o van a entender alguns,os que estiveron na xestion dos encontros claro que si,pero outros non, voto en falta,a algen na xunta con esa vision non so da nosa cultura,si non con sentido do galegismo como o presindente fraga,ainda recordo a xuntanzas y os seus consellos,por certo para min depois de coñecelo,gracias a pedro puy,foy todo un señor ca illa y os seus veciños,en fin,ojala,os mandamais que temos agora se empapen un pouquiño do saber facer do presidente fraga,co cal tiven a honor de tratar cando foy dos encontros da illa,grazas y o digo unha vez mais a pedro puy,antigo director xeral de relacions institucionais.
Sen mais so engadir,que de ben nacidos e ser agradecidos.

Anónimo dixo

A rañala! Non nos fan falta as administracións nin podemos depender delas. Esta festa ímola facer nós, co noso traballo e participación, non os necesitamos. Con eles ou sen eles sempre imos estar aí!

Anónimo dixo

4 e 5 debes ser o mismo, co que nin vou molestarme contestar a gilipollez que escribes.

Anónimo dixo

Pareceme totalmente inxusto que non se lle dera nin un euro.Si ides a paxina da deputacion e mirades a seccion de subencions concedidas sabredes mellor do que falo.

pablo iglesias dixo

7,o de ir rañala queda moy guay,pero eso esta realmente fora de lugar,por que o que se pretende e chegar a canto mais xente mellor,dar a coñecer o noso patrimonio maritimo e fudamental para que este non quede esquecido no tempo,y para eso, ahi que loitar para que como e de xustiza,a distintas administracions se involucren,en un mundo maravilloso esto o terian que facer eles,y nos disfrutalo,como non e o caso,teremos que disfrutalo y traballa-lo tamen,pero sin olvidar que non somos un clube de catro iluminados,si non que esto e patrimonio de todos os galeg@s.
sin mais unha aperta a tod@s ,os que colaboran e participan nos encontros,un sahudiño mariñeiro a todos dende a illa,boa travesia con vento mareiro,compañeir@s.

anonimus dixo

ben falado pablo,si non saben temos que enseñalos,hasta que aprendan anque sea a ostias,jajajajaja.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...