Buscar neste blog

9 de xuño de 2011

O BNG apoiará a investidura de Manuel Vázquez

[Redacción] O BNG da Illa de Arousa, a través do seu alcaldable Carlos Otero, vén de comunicar nunha rolda de prensa celebrada esta mañá en Vilagarcía de Arousa que apoiará a investidura do candidato socialista Manuel Vázquez, "para evitar un goberno do PP no noso Concello". "Estamos convencidos de que a decisión adoptada é a mellor para o traballo diario do BNG e, por suposto, a mellor para a Illa", sinalou Otero, que estivo acompañado no acto de Xoan Allegue, responsable comarcal do BNG. Carlos Otero tamén aproveitou para agradecerlles aos arousáns "o enorme apoio recibido" e reiterou o seu "compromiso de traballar todos os días para devolverlles aos veciños esa confianza en conseguir servizos que redunden na mellora da súa calidade de vida".
A partir de agora, ábrese un período de negociacións entre o grupo socialista e a formación nacionalista arousá, xa que, segundo explicou Otero, a decisión foi tomada pola asemblea local do Bloque, sen ter en conta ningún acordo previo con ningún dos dous candidatos que optaban á alcaldía,  Manuel Vázquez (PSOE) e Juan José González (PP).

238 comentarios:

  1. Comentario no facebook do pp:

    "cas ganas ke tiña de decirlle a cara mais de catro cousas ke lebava no peito desde algun anos ,dijovos de corazon ke viñen pa casa mais contenta ke un cuco"

    Oia señora, como se pode ser tan velenosa? E logo dende algúns anos que mal che fixo Carlos ho?. E os do pp dádeslle cobertura a estes descerebrados?. Mal vamos así compañeiros. A xente tamén ten un límite.

    ResponderEliminar
  2. estas defendendo algunha nova entrada no concello????

    ResponderEliminar
  3. Pero os do PP como vos podedes considerar mellores que os do PSOE cando a policía tivo que protexer a Carlos de todos vós que andabades coma bestas desbocadas atrás del?

    E dicides que con esa clase de comportamento ides solucionar os problemas da Illa? Xa, xa...

    ResponderEliminar
  4. 198,grazas,si firmas con un seudonimo ou un alias. eu tamen poderia opinar,sobre o que ti opinas,valga a redundancia.y esto vay para os demais compañeiros e compañeiras,seria a mellor forma de comunicarnos entre nos, dito esto, eu tamen penso que esto non bay a ningures,a nosa xente esta por rriva, de estes catro charlatans agitadores.

    ResponderEliminar
  5. Estou denunciando aos bárbaros e ás barbaridades. A ver se empeza a facelo xa dunha vez o pp. Ou son eles tamén uns bárbaros?

    ResponderEliminar
  6. 1 porque pensas que ese comentario era pa carlos o mellor era pa outros

    ResponderEliminar
  7. Porque o que levou os "paus" foi Carlos amigo. E porque traidor, vendido e demais lindezas chamáronllo a el.

    ResponderEliminar
  8. o comentario que pon 1 é de unha señora do pp, referido ao momento no que insultou alegre e impunemente a Carlos, e hai constancia escrita del....

    ResponderEliminar
  9. 200 que bonito y maravilloso é o mundo.
    A tua abuela na tiraron, con 90 anos, a un contenedor da basura, non tuvestes que dormir no muelle escapando das pedras que daban na tua casa, non tuvestes que ter a teu abuelo días vivindo en Vilanova poruqe alguns dos que estaban o sábado no plenoo querian matar, fixerono, e fixérono polo mesma situación que ha do sabado, pero á inversa.

    Éso non se olvida, así que polo menos, que se respete un momento de rabia o lembrarse todo que pasamos, que foron uns jritos de merda comparado o que eles fixeron.

    Os novos do Psoe, que non tendes culpa, tamén deberían contarvos o que pasou, pa non andar ahora falando tonterias, así como lojo aprendedes o de fachas, aprendede e sede conscientes de quen sije manejando o Psoe, son os mismos dictardores das pedradas.

    Repeto, por favor.

    ResponderEliminar
  10. con de tres pes14/06/11, 10:03

    no 200 , esa non e a aptitude ,porque asi entrarias nunha espiral de nunca acabar, porque che vai a vir outro, e vaiche a contar algo de mais atras, cando a seu abuelo o viñeron a buscar e o fusilaron e o enterraron nunha cuneta , e ti nin tes culpa , nin sabes de que vai o asunto.

    Non seamos ventaxistas que as hay para todos, calquer tipo de violencia e condenable, sea de un e de outro bando ,asi que e mellor seguir coa normalidade democratica e deixarse de insultos, de recordar pedradas e fusilamentos , non crees?

    saudos

    PD: vou a firmar como dixo o paxaro.

    ResponderEliminar
  11. 9: Os "gritos de merda" que dis foron contra Carlos, que daquela era un chavaliño e non tivo culpa de nada. Quixeron pagalas con quen estivo próximo de Juan José (por cordialidade, por simpatía ou por tanteo, non o sei nen importa), e queres comparar o que pasou daquela co de esta vez. Por qué non foron a por Andrés hai 12 anos?
    Cando pasou o de Chiquita saíamos da dictadura, e facía uns meses do 23F. Unha dictadura cunha represión brutal, xente da Arousa mismo foi paseada, asesinada polas súas ideas, por non dicir amén ao franquismo. Seguramente había falta de cultura democrática e houbo quen non entendeu que os socialistas podían quedar fóra da alcaldía tendo máis votos, pero a dereita explicouno mal. Por suposto que se terían que frenar os ataques a unha familia, hai trinta anos, pero querer revivilo con Carlos por non apoiar ao PP é penoso.
    Falamos dun partido que se negou a condenar a represión fascista-franquista no Parlamento Europeo. Que ten un eurodiputado que dixo que para el e a súa familia o franquismo foi unha “época de extraordinaria placidez”, e mira por onde está a publicarse que o seu pai estivo implicado no roubo de bebés durante a dictadura. Falamos dun partido que dou a maior subvención á Fundación Francisco Franco, e o seu presidente sacou a famosa enciclopedia biográfica revisionista.
    En todo iso, tamén, o Pp debería facer autocrítica, para deixar claro qué clase de dereita son.

    ResponderEliminar
  12. (9 é 209, claro, que a partir do 201 conta desde 1)

    ResponderEliminar
  13. http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/06/14/0003_201106G14P7991.htm

    ResponderEliminar
  14. Eu veño dende fora, son de Lalín, e pareceme vergoñentas as imaxes que vin sobre esa persoa. Da moito mágoa que no 2011 teñamos este nivel de democracia. Se un se pon a debatir racionalmente o que fixo o home do BNG está totalmente acorde aos principios que defende. Menuda imaxe

    ResponderEliminar
  15. Sociatas, tendes que leer os vosos mismos comentarios e daros conta do ridiculo que sodes. Sin disculpar a eses poucos do PP que se descomunaron a gritos nun momento de emocion "racional",por moi bochornoso que fora, non e a mitad das animaladas que xa escribistedes aqui. Non fai falta ir o fb do pp, "os fachas fondalos no arioso, e dinamitarlle o cu", serian os que anos atras quixeron queimar a casa dalgen, e os "fachas" os que dinamitaron unha sede do PP ontem. Estades sejados da realidad, cos vosos contos de iogures caducados e caperucitas vermellas. Creedesvos os unicos lexitimos a gobernar, no sodes. O voso ideal a palabra sagrada do voso Dios, non e. Democratas, no sodes. O voso historial e penoso, barbarico,e si algo lle dou a Carlos po la decision, e que o millor lle tomou terror os militantes do psoe e o que pasaria na Arousa si oubera deixado gobernar o PP, enton si que a sua vida etuvera en peligro de mais que dos gritos e insultos emocionales do momento. Xa podedes reflexionar todo o que queirades, o voso cerebro non da pa mais.

    ResponderEliminar
  16. indignado polo acontecido14/06/11, 13:46

    Si viviran aqueles tempos, máis de algun iva a gritar:¡Franco, Franco!.Volvemos a represion como manden as dereitas, que vos quede claro.

    ResponderEliminar
  17. 15... ti estás mal.

    ResponderEliminar
  18. 15 e ti estas ben?

    Si queres sintrom, VOTA PSOE.

    ResponderEliminar
  19. Os gritos da xente do sabado, aunque non estou de acordo, e da impotencia de ver os mismos amargandolle a vida 4 anos mais. Os que sodes do PSOE e escribides aqui, non debedes de ter problemas cos que gobernan, pero alguns dos que estaban ali si. e moi bonito criticar cando a cousa non che afecta a ti, pero si eres ninguneado e aplastado por a dictadura do concello pois ves as cousas de outra forma.

    Ahora os socialistas podedes decir todo o que querades, pero o mismo que os dou o apoyo para aplastar a mitade do pueblo outros 4 anos el mismo reconoce e falou nos medios a politica aplastadora e partidista que ejecuta o concello. Asi que ide soltar merda a outro lado, porque os unicos que non vedes o que pasa aqui sodes os do PSOE.

    ResponderEliminar
  20. 9, para empezar non son do psoe, por moito que che pese. Non xustifico o que fixeron hai anos, estivo mal de lado a lado, ao igual que estivo mal o do sabado. Se sabes ler, puxen que iso non se lle fai a ninguén, sexa do partido que sexa. O que hai é que ser persoa. En canto ao de saber o que pasou, o que sei, seino porque o preguntei, tanto dun lado como do outro, xa que a miña familia nesto, manteuse imparcial.
    Ó 2, non me importa quen entre, eu non me vou a presentar nin tampouco ninguén que coñeza, pero a realidade é a realidade. Se tes conciencia dalgún enchufe, denunciao.
    Con de tres pes, estou totalmente dacordo contigo.

    ResponderEliminar
  21. 200 No concello deberían contratar a persoa máis valida e preparada para o posto, despois de pasar por unhas probas xustas e SECRETAS.

    Unha das moitas criticas do BNG da Illa o PSOE, referiase as contratacions un tanto dubidosas do Concello (coñecemonos todos, e está a vista quen traballa para o concello).

    ResponderEliminar
  22. ¿A quen se lle ocurriría o do Sintrom?
    Parece un chiste de Farruco.
    Seica agora van a vir excursions de vellos de todo o Salnés a Illa a poñer o Sintrom porque joberna o psoe.

    20 as situacions non son comparables. Os insultos, que están mal, non son o mesmo que as agresións fisicas e o patrimonio da xente. Se ti o queres meter no mesmo saco non eres obxetiva.

    ResponderEliminar
  23. 22. O PP non condenou a Guerra Civil nen a Represión Franquista. Son horas, eh.

    ResponderEliminar
  24. Xa que foi tan nomeado estes días, aproveito o sitio para a nova. Morreu o neto de Virginia e Andrés, un meniño de 16 meses, parece que de morte súbita.

    Parece que non ven na prensa en internet, todo o que atopei pola rede foi a esquela:
    http://www.tanatorioarosa.com/esquelas.php?id=1618

    D.E.P.

    ResponderEliminar
  25. 109 non creo que esto se trate de fachas ou rojos, que é moi triste que no século 21 sigamos con eses calificativos. Esto tratase do caciquismo do Socialista. Acaso non é máis fascista o que desoie o seu pobo que o que democráticamente debería gañar chamese PP ou chames PERICO. Eu son a mesma que 21, polo que non creo que tire a dereita, por desgracia son demasiado íntegra e obxectiva para que esto non me afecte. Afectame a venda de votos, o "habla cucurucho que no te escucho (eso sí ata dentro de catro anos)" jodeme moito que unha IGNORANTE teña un posto de traballo mentres Mestres e mestras, licenciados e licenciadas, ou (a comparacion dela) os que acaban a ESO cun pouco de cultura xeral están no paro, ou traballando de camareiras, un traballo moi digno, pero máis a medida dunha persoa que non sabe que despois da B vai a C, ou o enchufismo a dedo, ti es meu primo, entra, ti es miña amiga entra, ti eres mozo da prima de meu tio segundo, entra. E non me molesta o nepotismo sempre e cando o enchufado traballe, pero pasear e ir tomar café, ou falar por teléfono mentres tes xente esperando a ser atendida, non é traballar. É arruinar un país con máis funcionarios chupópteros dos que tocan por habitante en Alemania, Francia ou Reino Unido. Asi que amigo meu do 109 esto non se trata de Fachas ou Rojos este Psoe da Illa hai moito que deixou de ser da esquerda para convertirse en Amo y señor de su paraíso personal con el que tiene que convivir con uns mosquitos que solo pican de vez en cuando. 5000 mosquitos.
    Por certo, a miña noraboa os membros das listas do BNG que dimitiron. Vos sodes xente de palabra.

    ResponderEliminar
  26. con de tres pes14/06/11, 19:05

    25 , a quen te refieres con todos esos postos postos a dedo, a todos os que estan no chiringuito de Ribadumia??? , porque para entrar non concello en un posto fixo pasase unha oposicion , e mais en unha das ultimas que houbo, entrou un familiar de algun dos axitadores do sabado, o sea que moi rojo non creo que sea, poderias explicarte un pouco.

    Tamen decirche que o que dis da relacion entre cidadan/funcionario que nomeas arriba non e correcta, e algun de esos paises que nomeas ten unha media mais alta que España.

    O Psoe da illa , non creo que teña que convivir con 5000 mosquitos , porque creo que un gran numero de habitantes o elexiron na eleccions.

    E por ultimo, eu non oin que ningun que se presentou nas listas do Bng , dimitise de nada, en todo caso ahora estara reforzado na sua eleccion a hora de elexir alcalde. Tan solo Andres Pena douse de baixa como militante, por estar en desacordo con unha cousa , que curiosamente fixo el no ano 99.

    E falando de Andres, e como un nombraba mais arriba, o meu mais sincero pesame a el , o seu fillo e a toda a sua familia , pola perda de ese meniño, que e toda unha traxedia nos tempos que vivimos, descanse en paz a criatura.

    saudos

    ResponderEliminar
  27. 26 eu non vivo en Ribadumia, vivo na Illa, e non estou defendendo o que fai o PP, pois solo hay que ver a numero 4 da súa lista. Pero unha conocida miña cando se presentou a praza de Auxiliar de Biblioteca, posto que ocupa orgullosamente Ángela, Dopico dixolle sin ningún reparo ese posto e para Ángela. Posto do que por certo si les as bases, ves que realmente é para ela, porque nin sequera pide o Bacharelato, pero si pide un minimo de experiencia, que ela sí que ten. Que por outro lado, dudo que sacara un nove nese exame sin copiar, porque visto polos meus ollos, non sabe escribir en números romanos, e non sabe que 4 se escribe IV, estando nunha biblioteca.
    Por outro lado, si non é verdade o de que dimitiron, disculpame, pois a información que me deron é incorrecta. E volvo a decir, non estou defendendo o PP, dios me libre, estou defendendo a DEMOCRACIA, que debeu quedar do puente pa alá.

    ResponderEliminar
  28. 27... si a envidia fora tiña, cantos tiñosos habría

    ResponderEliminar
  29. pois habría 1754.

    ResponderEliminar
  30. 27, eu non sei o que verías, pero en números romanos o 4 pode escribirse IV ou IIII, que ambas formas convivían no Imperio. Despois un rei francés impuxo que en todos os reloxos se puxese o IIII, e así é ata hoxe na maioría, mira por exemplo o da Berenguela:
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_da_Torre_da_Berenguela
    Hai unha excepción a esa norma: o Big Ben usa IV en vez de IIII.
    ;)

    ResponderEliminar
  31. Dopico a min non me fai falta envidiar a nadie, máis que nada porque eu non me presentei, so leín as bases, simplemente que me parece bochornoso que unha inculta teña un posto da maneira, pero si non sabes defenderte mellor que así, noraboa.
    30 A min na escola enseñaronme q en numeros romanos o 4 escribese IV, pero lin o link que me mandastes así que corrixo, pero tristemente ese non é o único, agora xa fai moito tempo deso, ese foi o que máis me sorprendeu. Pero hai moitos máis, moitos moitos máis.

    ResponderEliminar
  32. 27 , ao que che fixo o 30 chamase un owned , busca en internet o que significa.

    ResponderEliminar
  33. Para empezar non sei se Ángela ten que concentrar todas as acusacións de enchufismo, tampouco lin a convocatoria para a súa contratación, e non sei se é "inculta" (desde logo non por escribir IV ou IIII), pero polo menos fala ben tres idiomas, e en caso de selo, ben que o palía por outros medios.

    Desde que esa chavala está na Biblioteca, implícase en fomentar a lectura dos chavales, sacando os libros á rúa co "menú literario", levando contacontos en varios idiomas, organizando lecturas para autista, etc, e recibeu premios do Ministerio e de editoriais por tal motivo.

    Vós veredes qué sentido ten atacar a alguén particularmente en vez de á política xeral (dun concello, dun partido, etc). A min non me parece un bo camiño, pero vamos, tamén está ben que de tanto falar de "enchufismo" que saibamos a quen vos referides, que eu polo menos non o sei.

    ResponderEliminar
  34. Si angela esta de enchufe, por lo menos enchufaron a alguien que fai aljo ben na Illa. Ademais de ser unha persona bastante cercana no pouco trato que eu tuven con ela na casa do mar cando levo a filla o medico. Debe ser o unico ben feito do PSOE na Illa.

    ResponderEliminar
  35. Ben, é unha magnifica persoa, eso non o dudo. E fomenta a lectura, tampouco o dudo, de feito, máis concellos deberían tomar o seu exemplo.
    Pero, xa que todo eso está tan perfectamente. Formulovos duas pregunta.
    ¿Cal é o horario da biblioteca? ¿E canto tempo real está aberta? Comprobadeo por vos mesmos.

    ResponderEliminar
  36. Para "Con de tres pes" polo que eu sei nas reunións do BNG da Illa hubo bastante discrepancia en canto a apoiar a uns ou a outros aceptando a última hora a decisión que aporbara a asamblea nacional. Que se aceptara non quere decir que se coincidira con ela e baixas pode habelas nun futuro moi próximo e si non ao tempo.

    ResponderEliminar
  37. con de tres pes17/06/11, 18:36

    Hola Morgan, ese "polo que ti sabes" , non me sirve , eu preguntoche , estabas ali??

    Pois eu respondoche , polo que eu sei , había algunha duda , sobre todo por que algun militante haberia tido algun encontronazo persoal, pero a gran maioria era reaccio a apoiar o PP , despois unha vez se sae de ali cada un conta o que queira e segun o que lle conveña.

    saudos

    ResponderEliminar
  38. Saúdos C. de T. P. Evidentemente non estaba alí pero a miña relación persoal con xente que si estaba é boa e durante esas semanas teño falado con eles varias veces. Do resto... tempo ao tempo.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.