22.6.11

Carballos de nova xeración



[Susi Rial] Nos últimos anos viñéronse producindo sucesivas repoboacións de árbores na Illa, ante a súa alarmante mingua e a cada vez maior aparición de claros en zonas coma O Monte. Unha das especies escollidas para esta repoboación foi o carballo (Quercus robur). Esta práctica vén sendo común en toda Galicia, posto que o carballo forma parte da paisaxe galega máis senlleira. A súa tala masiva dou lugar a unha progresiva desaparición das súas poboacións, sendo substituído por piñeiros ou eucaliptos. Os carballos que vemos na fotografía, que corresponde a un dos sendeiros do Monte, son moi novos, dunha cor verde case ácida e de ramaxe moi fina; nada a ver coas árbores robustas que coñecemos. Serán os nosos netos, entón, os que gocen dunha verdadeira paisaxe galega na Illa.

4 comentarios :

Son eu. dixo

Os carballos son moi bonitos, pero eu prefiero os pinos.

Eu tamén sou. dixo

Hai uns vinte anos, en pleno apoxeo de Fraga na Xunta, repoboáramos unha zona na Arousa con carballos e castiñeiros; fóramos preguntar á Consellería para mercarmos árbores autóctonas, pero tiveramos que comprá-las noutro sitio, porque no viveiro da Xunta para repoboar só tiñan eucaliptos!

Anónimo dixo

Relacionado:
http://www.laopiniondezamora.es/comarcas/2011/06/23/junta-reconoce-tala-robles-zona-camping-folgoso/526956.html

A Junta de Castilla y León tala 1000 carballos, algúns centenarios, para ampliar un camping.

farangulha dixo

No Instituto, dentro do programa do Horto Escolar, levamos três anos plantando sementes de árvores autóctones. Para o ano que vém já teremos a primeira fornada de arvorinhas para repovoar os montes da Arouça. A ver se vam arriba!

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...