Buscar neste blog

16 de maio de 2011

Os actos das Letras


[Redacción] Como vén sendo habitual, a asociación cultural Dorna preparou unha serie de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. O colectivo inaugura o 17 de maio a tempada de navegación, polo que xuntará parte da súa flota de dornas no Chufre, a partir das 11 da mañá, se o vento Norte non o impide. Ademais, como todos os anos, a librería Castelao instalará un posto de libros, no que ofrecerá descontos do 10%. A xornada estará amenizada polos grupos de música e baile tradicional de Dorna.

2 comentarios:

  1. Alí estarei, como non, pola nosa lingua o que sea!!!

    ResponderEliminar
  2. Si señor! Pola nosa lingua!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.