19.5.11

A Illa nos mapas antigos II: o mapa de Gerard Mercator

 Detalle da ría de Arousa


[Susi Rial] O mapa do cartógrafo flamenco Gerard Mercator (1512-1594), titulado “Gallaecia Regnum”, foi rematado en 1611. Mercator pasaría á historia da cartografía por ser o inventor da proxección que leva o seu nome, e que consiste na representación da superficie terrestre proxectada sobre un cilindro tanxente ó planeta polo Ecuador.

Unha vez falecido Mercator, a súa obra foi rematada por Jodocus Hondius. Na fotografía de detalle podemos apreciar a forma rústica que adopta a Illa, así como a curiosa toponimia, tanto da Illa como das vilas veciñas.


Durante esta época, en Galicia e tamén na Illa de Arousa, estábase a introducir o millo, polo que se presume que os muíños da Illa datan desta época. De feito, existen referencias históricas que así o confirman.

2 comentarios :

Anónimo dixo

a miña favorita é:
Estar na auga/auguiña dos ovos:

Anónimo dixo

Fijadesvos que nese mapa o Grove tamen e unha illa, e non unha peninsula como agora. Gostanme estes mapas de hai cincocentos anos onde xa estabamos representados.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...