30.5.11

A asociación Dorna xa ten presidente provisional

O Faber, novo presidente da xunta xestora de Dorna

[Redacción] Avelino Cores, máis coñecido como Faber, asumiu recentemente a presidencia provisional da asociación cultural Dorna, namentres a xunta xestora traballa na busca dun equipo directivo que desexe tomar as rendas da entidade. Neste período de transición, Cores proponse mellorar a comunicación cos socios e rescatar as artes escénicas para a programación da entidade, pero, ademais, deberá facer fronte a outros compromisos inmediatos, como a organización da Festa do Mexillón, prevista para a primeira fin de semana de agosto. O Faber é un bo coñecedor de Dorna, colectivo no que está implicado desde que era un rapaz. Con once anos, pertenceu ao extinto club xuvenil Os Bufos e con dezaseis xa era membro da xunta directiva de Dorna, encabezada daquela por José Manuel Cousido, “O Petote”.

6 comentarios :

Anónimo dixo

Gracias Faber , por facer este esforzo polo ben de todos, e un gran xesto pola tua parte.

saudos dun-dun

paxaro dixo

bueno querido faber,espero que teñas sorte neste cometido,e podas reconducir dorna,eso solo sera posible, si se despolitizara,e volvese a haber veciños de todas as ideoloxias, como non fai moito tempo sucedia,e unha pena que dorna este nesta situaccion,de abandono,e que se que xa non sea un referente da cultural arousan.

Anónimo dixo

O que me faltaba por leer, dorna politizada , claro en Dorna si vas e para traballar moito a cambio de nada, mais que a gratitude de facer ben.

Por eso esta politizada, porque hay certo tipo de xente , que si vai e a cambio de conseguir un traballo, que e parecido pero non e o mesmo.

saudos querido paxaro.

Anónimo dixo

3: O que dis non ven a conto. Mira que na directiva de Dorna houbo xente do PP, do PSdG e do BNG, e poderiamos dar nomes, pero é tan evidente que chegaron a ir nas listas electorais.

Se agora vai ser o Faber o presidente (creo que tamén fora nunha lista, na de Arousa Unida, sendo concellal de Cultura na xestora da segregación), pois ten todo o dereito, e ademáis espero que lles vaia moi ben, a el e a Dorna, polo ben de todos.

Anónimo dixo

Porsuposto que algún interes personal a de ter o tipo éste, ou el non anda con rollos de contacontos e outras historias, algún proveito lle a de quitar, pois estar por estar non e faber deses.

Anónimo dixo

5 , Valiente sinverguenza estas feito , cree o ladron que todos son da sua condicion , pero estou seguro de que Faber esta por encima de este tipo de comentarios, e tamen estou seguro de que si fose por xente coma ti , tan solo existirian na Arousa asociacions de veciños fantasma para cobrar subencions da diputacion, como por exemplo a "asociacion a canteira" , que ainda nadie sabe si son os manporros ou os manporreros do de Ribadumia.

saudos

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...