20.5.11

Agardando o 22-M


[Redacción] Un total de 4.102 electores están convocados a votar o vindeiro domingo nalgunha das seis mesas distribuídas nos tres locais electorais cos que conta a Arousa: o Colexio Torre, a Escola de Pau e a Casa do Concello. A estas alturas, poucos indecisos quedarán, e semella que tampouco había moitos hai quince días, cando publicamos a enquisa. A campaña destas eleccións municipais será lembrada pola vacua estratexia de descalificacións desenvolvida por unha parte da militancia das dúas forzas maioritarias, PSOE e PP, nun contexto xeral de cuestionamento cidadán dos partidos políticos en todo o Estado. Dende nailla, seguiremos a xornada electoral e daremos conta dos resultados en canto se fagan públicos, o 22 de maio pola noite.

7 comentarios :

Anónimo dixo

Participación ás dúas da tarde no noso Concello.

50,52% 2011
43,82% 2007

Un 6,7 % máis ca no 2007.

No total do estado, apenas variou a participación en relación aos pasados comicios do 2007.

34,46% 2011
34,15% 2007

A participación nas provincias galegas con respecto ao avance das dúas da tarde do 2007 aumentou case nun 5%.

Tódolos dados en

http://resultados2011.mir.es/ini99v.htm

Anónimo dixo

POLAS NOVAS QUE VAN CHEGANDO CREO QUE GAÑOU O PP.... COMO VEDES CANDO SE PEDÍA NESTE BLOG QUE JUAN JOSE SE FORA..... ACABA DE GAÑAR AS ELECCIÓNS.... PORQUE A MAIORIA DA XENTE DA ILLA SI O QUERE COMO ALCALDE.... POR HONRADO, HONESTO E BOA XENTE.... DESÉXOCHE A MELLOR DAS SORTES A PARTIR DE HOXE E QUE ESOS 12 VOTOS QUE FALTAN PARA A MAIORÍA ABSOLUTA NON SIGNIFIQUEN UNHA NOVA IMPOSICIÓN OUTROS 4 ANOS MAIS DUN GOBERNO QUE A MAIORÍA NON QUERE....

NORABOA JUAN JOSE E EQUIPO..... BO TRABALLO..... PASE O QUE PASE (QUE XA SABEMOS COMO É A LEI ELECTORAL....) SODES OS VENCEDORES NESTAS ELECCIÓN.... BO TRABALLO COMPAÑEIROS.

SOAMENTE VOS PIDO QUE DENDE HOXE, OS INTERESES DO POBO (TODO), SEXAN A VOSA PRINCIPAL ADICACIÓN....

FAGAMOS DO CONCELLO A "CASA DO POBO"

UN SAÚDO E A NORABOA DA XENTE QUE CONFIOU EN VOS.

Anónimo dixo

PP 1.573 46,76% 5
PSdG-PSOE 1.321 39,27% 5
BNG 433 12,87% 1

Anónimo dixo

O pp non acada a maioría absoluta por 6 votos. Ao poste.

Anónimo dixo

Andivolle a cousa xusta si señor. Espero agora que os elexidos o fagan o mellor para o pobo. Un saudo

Anónimo dixo

Nº3: Pérdenche as formas, e non o digo porque escribas en maiúsculas. Dis ti que "a maioría" quere que governe Juan José, e que o contrario sería unha "imposición".
Dun censo de 4000 o PP sacou 1500. Menos de catro de cada dez que podían votar por Juan José o fixeron, así que, en caso de que non governe (que non sei que pasará) será todo menos unha "imposición".

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...