Buscar neste blog

10 de abr. de 2011

O Concello anuncia un contencioso contra o POL


[Redacción] O Concello da Illa de Arousa recorrerá á última vía que lle queda para opoñerse ao Plan do Litoral (POL), os tribunais. O alcalde, José Manuel Vázquez, anunciou a semana pasada que interporá un contencioso-administrativo contra as novas directrices que regulan a construción na costa, ao considerar “que vulneran e quitan dereitos adquiridos polos veciños e veciñas da Illa de Arousa”. O POL reduce as hectáreas urbanas da illa, especialmente na zona sur , onde se localizan a maior parte dos solos considerados incompatibles. A Xunta rexeitou todas as alegacións presentadas polo Concello, ao estimar que a porcentaxe de transformación urbana prevista non garantía os valores de sustentabilidade e conservación paisaxística.

Segundo fontes municipais, o POL reduce o terreo urbanizable de 108 a 32 hectáreas, polo que coarta o crecemento da Arousa, unha idea que comparten todos os partidos políticos con representación local. Pero desde a Xunta, amosáronse moi críticos coa evolución urbanística experimentada pola illa, “que en apenas 25 anos (desde a chegada da ponte) transformou de xeito drástico a súa fisionomía, apostando por modelos pouco densos, que ocupan unha grande superficie de terreo, antropizando lugares de enorme valor desde o punto de vista ambiental e paisaxístico”.

Así as cousas, o ente autonómico rexeitou todas as alegacións presentadas polo Concello –aprobadas en pleno por unanimidade- e tamén fracasaron as negociacións entre as dúas partes para tentar adaptar o planeamento municipal (PXOUM) ao POL.

“No caso concreto da Illa de Arousa vemos que propón a transformación urbanística de 108,29 hectáreas, é dicir, o dobre do que xa está actualmente transformado. Porén, para o conxunto do litoral galego, o solo potencialmente transformable supón un 42,8% do que xa está transformado. Deste xeito, o modelo de ordenación da Illa prevé unha porcentaxe de nova urbanización de máis do dobre do que se prevé no conxunto do litoral”, argumenta a Xunta nunha nota de prensa.

Esta non é a primeira vez que o Concello recorre aos tribunais en temas relacionados co solo. No 2001, xa interpuxera un contencioso-administrativo contra o deslinde de Costas, que finalmente gañou no 2007. “Por iso estamos decididos a defender ata o final os dereitos dos veciños da Illa de Arousa”, di o alcalde.

31 comentarios:

  1. Só un 15% de Concellos ten PXOU, e a maioría nen intención de empezá-lo. Se agora a xente da Arousa non pode contruir nen casas de dúas plantas, non vai deixar de haber "agresións á paisaxe". A costa do Mediterráneo si que é unha desfeita, pero non é o caso do PXOU da Arousa.

    ResponderEliminar
  2. O pxou converteu case toda a Arousa en urbanizábel. Resolveu iso os problemas de vivenda?. De momento o Concello non presentou nada.

    ResponderEliminar
  3. SITIO PA HOTELES DE CALIDADE NA ILLA XA! Sobran compañías que os qeiran facer. Traballo a montes e a moreas, xente con cartos que jaste aqui. Que mais se pode pedir joder?

    ResponderEliminar
  4. Pois podemosche pedir k t pires a tomar polo cu pa toxa,pringao

    ResponderEliminar
  5. jajajajaja 4, eres un rei pedro... prefieres villa Psoe?

    ResponderEliminar
  6. E ti prefieres villa PP?

    ResponderEliminar
  7. Pois eu tamén estou de acordo en que sería moi bo para a Illa un bo hotel, que atraera turismo de calidade, traería cartos, e sobre todo traballo para a illa,que fai moita falta, sobre todo para nos, as mulleres; eu son unha muller xoven e preparada, e gustaríame ter algunha posibilidade de traballo aquí, no meu pobo.
    Non se trata de convertir a illa na Toxa nin en Benidorm, sinon de crear posibilidades de traballo a parte do mar.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  8. Non quero Villa nada, non quero que 4 ricachons estean metidos no seu pisiño tranquilo na Arousa, e despois vallan jastar os cartos a Cambados, a Sanxenxo ou á Toxa... Un bo Hotel, ou dous, é das poucas salidas que a Illa ten para mellorar. Non me refiero mellorar a que se convirta esto en outro Benidorm, sinon que os mosos da Arousa teñamos un curro que non sea o Raño ou a Seca, que ahora nin eso, que pa ir a Seca ai que entrar na lista de espera, e pa consejir unha escritura pasalas putas.. O Turismo de calidade é a unica via de futuro que ten a Arousa...

    ResponderEliminar
  9. 7, si eres xoven e preparada por qué queres traballar nun hotel?

    ResponderEliminar
  10. Pois pode saber idiomas, e traballar de recepcionista ou na xestión, ou na publicidade,ou na cociña ou simplemente no que sala porque non hai outra cousas. Vaia pregunta...

    ResponderEliminar
  11. Pois lojo dille a chuki k che meta de barrendeira, vaia resposta...

    ResponderEliminar
  12. Si non hai outra cousa buscaa por fora ou vancho a traer á casa

    ResponderEliminar
  13. Pois a ver 9, por que non vou a querer traballar nun hotel??como ben di o 10,nun hotel hai moitos postos, e precisamente, a miña preparación é para traballar en hoteles, e aínda ensima jústame, paréseche tan raro??a min non...
    Numero 11, por que hei de traballar de barrendeira?por que ti mo dijas??e non penses que me caerían os anillos si así fora, pero despois de estar estudiando 5 anos,(e sijo formándome noutro campo) o que máis me apetese e traballar do que eu estudín.normal non si??
    Número 12, xa sei que non traen nada a casa, e menos nestes tempos que corren, e como sei que aquí non hai, por eso estou traballando fóra.

    Penso que non é tan raro que ós da Arousa nos juste traballar na Arousa, e queixamonos dos políticos que non fan esto, nin aquelo, e eu (coma media España)queixome de que non hai puestos de traballo, e na Arousa non fan nada por remedialo.

    ResponderEliminar
  14. Os da Illa somos subnormales. Que creedes que estuvo pasando hasta ahora? Acaso todos os pisos que se fixeron foron feitos pensando nos da Illa? Foi seguindo un modelo turistico que non aporta nada a Illa. VillaPsoe? Si, claro, moi boa pa Illa. E gracias a dios que explotou a burbuja que si non, benidorm e marbella e o que ten proyectado o PSOE pa Illa. Xa nos olvidamos do proyecto de sercoysa po con do sol? Parou porque saben que non venderian por a burbuja explotada.

    A Illa faille falta un modelo de futuro donde atraia as empresas a invertir na Illa para crear postos de traballo. Deixemosnos de bloques de edificios que o unico que trae e turista cutrillo qu ecompra no eroski e non jasta 1 peso nos comercios da Illa.

    Hay que facilitar a implantacion de hoteles (hoteles que sean de categoria non como o que existe ahora) e que atraia a xente a disfrutar da illa e das moitas posibilidades que ten.

    Ahora temos a ruta dos cons,que nin se pode chegar a alguns por os toxos, temos villapsoe, temos bloques de pisos vacios e temos moita merda. Necesitamos que a xente viva aqui todo ano para incrementar a recaudacion do ayuntamiento.
    Necesitamos facilitar a creacion de viviendas unifamiliares ( non recalificar terrenos como o con do sol de unifamiliares a bloques de pisos)

    Crear un paseo maritimo donde a xente da illa que quiera emprender poidan montar algun chiringuito/bar/restaurante.

    E todo e posible mentras tanto respetando o medio ambiente. Non vexo eu que mal lle vedes a isla da toxa.

    ResponderEliminar
  15. Pregúntome eu, cantos de vos podedes chegar a entender que a illa da toxa ten turismo non por o hotel e as casas dos millonarios que traen as súas chachas de madrid, mercan no corte inglés.. etc sinon por o valneario (un servicio de relax o alcance de calquera persoa)? Còllevos a algún na testa esto? Algún de vós parouse a pensar que o aeroso ten sentos de visitántes e sin hotel, nin asfalto...? A illa de cortegada, salvora, as cíes...? Pois haberá que pensar xeitiños de subsistir sin asfalto, hotéis, etc, ¿Cantas guías turísticas autóctonas temos? Cantos cartéis explicativos do que ver hai por toda a Illa? Canta xente da que chega a illa vai ata o punto de información? Cantos clientes teñen os nosos hoteis, e canta xente traballa neles? (no verán algún que outro agora que no inverno... PECHADOS). O traballo ese de montes e moreas onde está? O lóxico sería facer un estudio do que temos e de que xeito se poden optimizar eses recursos. O que sí teño claro, eu por o menos, e que o futuro pasa por invertir, non por destruir, a paisaxe e a calidade de vida que temos...
    Fixémonos un pouco; todos os días o parque do bao está cheo de pais con nenos que votan alí toda a tarde e nos fins de semana que pasa no Oasis?(xa non digamos cando sae un raio de sol) só é un exemplo. Porqué non pensamos en facer unhas aceiras decentes para poder montar terrazas que permitan ter turismo a comer, tomar café, refrescos, etc... non necesitamos que se queden a dormir todos.
    Nós soiños somos autosuficientes para vender calidade (QUE SE VOS META NA CABEZA A TODOS), temos o mellor mexilón do mundo, as mellores ameixas do mundo, os mellores e máis limpos fondos mariños,etc pero non o sabemos ver e menos vender.
    Cando entenderemos os politicos e demáis que hoxe en día o asfalto e o formigón non venden? As casas ruráis están atestadas porqué, porque teñen uns accesos de puta madre?

    E NON ESTOU A FAVOR DO POL

    ResponderEliminar
  16. EU SI ESTOU A FAVOR DO POL

    ResponderEliminar
  17. Explica o porqué 16 , ou non eres capaz de escribir máis de 10 palabras seguidas , quixera ver os motivos porque che gusta.

    saudos

    ResponderEliminar
  18. Porque eu non quero que a Arousa paresca Villa PSOE, ok?= 11 palabras.

    Vale neno?

    ResponderEliminar
  19. Claro, ti es dos que despois teras que ir a comprar un piso en Barrantes e diras que a xente da Arousa ten que irse de aqui.

    Dacordo neno , e sobre todo sorte.

    11 palabras. progresa adecuadamente.

    ResponderEliminar
  20. Tu si que progresas adecuadamente. La gente de la Isla ya hace algunos años que se va porque el PSOE no fomentó la instalación de empresas y promovió una política urbanística que solo favorece la especulación, con pisos a precios desorbitados solo asequibles para la segunda vivienda de turistas.
    Aquí solo permanecen empadronados para venir a votar muchas personas que viven desde hace años en Vilanova o alrededores. E incluso viviendo en Santiago y mismo fuera de Galicia no se dan de baja en el padrón para beneficiar a tus amiguetes.
    Piensa lo que dices antes de hablar.

    ResponderEliminar
  21. Claro , y con el POL reducimos a menos de la mitad el suelo (de la gente de la isla) , para que se hagan casas , pisos y lo que quieran , entonces los pisos bajaran , y todos podremos quedarnos aqui.

    Modo ironic OFF.

    E que esto e para flipar , si se especulou e porque a xente da illa vendeu , e ben vendido , ao mellor postor , sin ir mais lexos o terreno da igrexa en frente a casa do mar, e que parece que era o axuntamento o que fijaba os precios , hay carallo que non, que eran os donos dos terrenos os que abrian a boca ,e si o veciño vendia por 15 millons unha tira, eu pedia 20, si pagaban ben , e sinon esto sempre sube.....

    Esta moi ben, vamos a esperar lo a que co POL os terrenos baixen , os pisos baixen , e todo sea un xardin de rosas..... :(

    ResponderEliminar
  22. numero 20 , eu non entendo moi ben o do padron ,non sei si se pode estar aqui e ala , pero en todo caso , porque che parece mal?? , porque non queres que sexamos 5000 e subamos de categoria?? , eres tan forofa dunhas siglas que o pueblo importache un carallo , quedas moi ben retratado/a en ese comentario.

    Sinto moito , pero necesitas mellorar.

    ResponderEliminar
  23. Nº 15: "temos o mellor mexilón do mundo, as mellores ameixas do mundo, os mellores e máis limpos fondos mariños,etc pero non o sabemos ver e menos vender." ... si "os mellores e máis limpos" mentras non rebenten os bidóns radiactivos que temos a 300 millas.

    ResponderEliminar
  24. Exactamente 21, estoy de acuerdo contigo en una cosa, con el POL ganaremos calidad de vida y bajarán los pisos.

    ResponderEliminar
  25. 21, también estoy de acuerdo en que los socialistas favorecieron la especulación impulsando un modelo favorable para las constructoras y en contra de los vecinos. Sabían muy bien lo que hacían y lo que pretendían, favorecer a sus amiguetes de las inmobiliarias.
    En lo relativo al padrón, entiendo que defiendas tus siglas. Tú sabes que hay mucha gente que vive y disfruta de los servicios de otros ayuntamientos (que aquí no hay) pero paga aquí los impuestos y claro, vota aquí por interés de quienes gobiernan. Puro fanatismo.

    ResponderEliminar
  26. Si vistedes o debate do outro día en Telesalnes, tamén se falou do Pol e do tema urbanistico. Polo que eu entendian quedaban bastantes hectareas afectadas polo Pol, no marxe Sur da Illa, do puente hacia as Aceñas, nestes terrenos agora a Xunta teria que dicir si son ou non urbanizables non como agora que o decide o concello.
    Tampouco entendin moito mais porque se foron pola ramas e non habia tempo nin intención de explicar ben a cousa, dentro da miña humilde opinión.
    Aqui hai xente que di que os terrenos vendeunos a xente da Illa, mismo argumento que esgrimeu o do señor Alcalde en tesalnes, e en parte e certo eu teño unha cousa e si non quero na vendo, o problema radica en casos como o do con do sol, que para min para facer unha casa non sirve e para Sercoysa para levantar pisos de luxo si vale. E mais fácil para unha gran empresa realizar unha area de reparto que poñerse os veciños dacordo e gastar unha millonada, e para o concello tamen é mais comodo aumentarlle a edificabilidade os que veñen de fora.
    Nese mismo debate Carlos, candidato do Bng, lanzou unha acusación grave e eu creo que certa, que o Alcalde e o equipo de goberno mandou redactar o Pxom, e hai terreos que sirven para facer edificios sin retirar nada, e en todo o seu arredor hai zonas verdes, e vivendas unifamiliares.
    Fixeronse cousas moi "ben" feitas para algunhas persoas, e empresas e facilitouse a especulación e o negocio de algunhas xentes mais afins. Negalo pareceme do xenero tonto, e de non ter ollos na cara ou mirar pa outro lado.

    ResponderEliminar
  27. e si eu che digo que teño un terreno en un area de reparto , e non hai carallo a desarrollalo porque un par de eles non queren......claro , chega unha constructora , saca a chequeira e si te he visto no me acuerdo.....hainas de todo-los colores.

    Respecto a Carlos , parece una veleta, en este mismo blog alaba a xestion economica do concello , sen embargo,na prensa esta semana di que a xestion economica e nefasta, haber si nos aclaramos que xa somos grandiños.

    O POL , e unha puñalada para a xente da illa, o que non o queira ver ala el , espero que co tempo non se faga efectivo, porque si xa nos queixamos de que PXOM xa costa construir , co POL apaga e vamonos.Pero claro , como o POL e propugnado polo PP da xunta, veña aqui a defendelo.

    O tempo pon a cada un no seu sitio.

    ResponderEliminar
  28. Aqui confundese, critica o PSOE con apoio o PP, podo criticar uns e outros, e o grupo que me goberna dende hai moitos anos e do Psoe e podo criticar cousas inxustas. Con respecto o Pol xa dixen que non teño a información exacta de como afecta a Illa, parece que non e bo, pero no vou criticar por un panfleto que me mande o Psoe, porque xa teño visto moitas tonterias, e porque os da Xunta me digan que e bo tampouco mo vou creer.
    No último boletin que me mandou o Psoe dixo que a Deputación arreglou a confraria, pero que gastara mais cartos noutras como a de Vilanova ou Cambados, algo que pode ser certo, pero si a de aqui se reformou, e quedou ben porque hai que gastar mais cartos... para estragar, para ser mais que outros... demagoxia barata e politiqueo de tres al cuarto.

    ResponderEliminar
  29. Pois paréceme acertado o comentario 28, podes compartir ou non determinadas opinións, a túa paréceme mesurada e con argumentos.

    ResponderEliminar
  30. Comentario 26, de acuerdo contigo. E de decir que yo no me he informado sobre el POL, mas que nada porque ya me tiene asqueado todo el tema. Entre PXOM,POL, parcelarias y rollos acaba uno asqueado. A mi me da la impresion que la unica razon por la que molesta el POL es porque hay proyectos que ya no se van a poder hacer, posiblmente el del con do sol donde se proyectaban cuantas viviendas? 180? Porque hablan mucho del sur de la isla, pero en el sur de la isla hace mucho que no dejan hacer nada. Por lo menos de con do sol pa bajo. Asi que aqui no cambia nada.

    ResponderEliminar
  31. si 30 tes razon , non cambia nada, a ignorancia sigue sendo supina.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.