Buscar neste blog

18 de abr. de 2011

As antigas reivindicacións mariñeiras, no libro de Dionisio Pereira

Dionísio Pereira, no centro, durante a presentación en Pontevedra

[Susi Rial] O pasado venres, 8 de abril, foi presentado o novo libro de Dionisio Pereira, “Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)", Ed. Xerais, na librería Michelena de Pontevedra. Foron 20 anos de investigación por parte do autor, que recolleu documentación, traballos previos e conversas cunha serie de entrevistados. Cun claro compromiso coa memoria histórica, neste libro podemos atopar como foi durante o mencionado período a loita de clases, o asociacionismo e a loita da muller mariñeira polos seus dereitos, así como unha relación dos aparellos de pesca e de como estes foron evolucionando. A falta de documentación impide que no libro haxa referencias directas á Illa de Arousa. Caso totalmente contrario é o do Grove, do que se expón moita información no libro. De tódolos xeitos, estamos ante un traballo que recolle precedentes do carácter loitador mariñeiro; unha cuestión que facilmente pode axudar a explicar a personalidade arousá dos nosos días.

3 comentarios:

  1. loitadores... antes, agora nada máis que choróns

    ResponderEliminar
  2. que boca mais grande ten algun tras o anonimato.....que valiente eres , que seras ti....

    ResponderEliminar
  3. A represion franquista deberia ser de 1939-1975, non dende 1864 digo eu.
    A guerra civil durou do 36 o 39 e hai empezou a dictadura. O mellor con este titulo vende mais, pero moita lóxica non ten.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.