9.3.11

Paixón por Metallica

Manuel Paz, o maior coleccionista de Metallica da Arousa

[Susi Rial] Non naceu en Leganés, nin en Carabanchel. Manuel Paz Fernández naceu na Illa de Arousa, pero iso nunca foi impedimento para que Manuel, ó que todos coñecen como “Piri”, se convertera nun dos maiores coleccionistas e seguidores da grupo heavy estadounidense Metallica. Manuel é seguidor da banda dende 1983. Dende entón, presenciou uns quince concertos, o último, o celebrado en Lisboa no 2010. A súa gran colección está presidida por uns 85 CDs, 11 vinilos e 22 DVDs, sen incluír dous maxisingles que editou o grupo antes de que saíra á luz o seu primeiro disco, e que constan de gran valor entre os coleccionistas. Pero, de entre toda a colección, o obxecto máis especial para Manuel é unha puga que o propio James Hetfield, líder de Metallica, lle dou na man durante un concerto celebrado no circuíto de Donington Park, en Londres. A afección de Manuel por Metallica débese, segundo nos conta, a que é o grupo que lle produce máis vibracións. E estas non fan máis ca medrar co paso do tempo. Será verdade, entón, iso de que os vellos rockeiros nunca morren.

7 comentarios :

Anónimo dixo

Que grande o Piri, eso si que e pasion por un grupo musical , ainda que eu sei que tamen e moi fan de Michael Jackson.....

Anónimo dixo

pois mira que é raro ver un jevi nestes tempos, je,je,je :)

digo eu dixo

o piri,que tipo mais legal,un saudiño amigo,e unha aperta.unha boa aficcion a tua.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...