Buscar neste blog

1 de mar. de 2011

O Consello do Mexillón presenta unha querela contra unha conserveira por fraude na etiquetaxe

 Descarga de mexillón no porto do Chufre

[Redacción] Que algunhas conserveiras están a vender mexillón chileno baixo a etiqueta de galego é unha sospeita que aniña hai tempo no sector produtivo. Pero agora será a Xustiza quen determine definitivamente a magnitude da fraude. O Consello Regulador do Mexillón de Galicia anunciou esta mañá nunha rolda de prensa que vén de interpoñer unha querela criminal contra Conservera de Rianxo, comercializadora da marca Cortizo, por falsear na etiquetaxe a procedencia do mexillón. Para reunir as probas, o Consello mercou de xeito aleatorio nun supermercado, e perante a presenza dun notario, varias latas da mencionada empresa, nas que constaba a indicación “Mejillones de las Rías Gallegas” e se precisaba, ademais, que “los mejillones (mytilus galloprovincialis) proceden de la campaña 2008”. Tras analizar o contido no seu departamento de I+D+i e contrastar logo os datos co grupo de investigación Xenomar, o Consello asegura que 27 das 34 pezas estudadas non correspondían á especie autóctona de Galicia. Nunha acción sen precedentes ata o de agora, o Consello denunciou os feitos no Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº1 de Padrón, que admitiu a trámite a querela por supostos delictos contra  os dereitos da propiedade industrial e dos consumidores. A conserveira implicada foi chamada a declarar o vindeiro 31 de marzo.

19 comentarios:

  1. Esta é a maneira de traballar do jran empresario jallejo.....

    ResponderEliminar
  2. A SI ME GUSTA QUE DENUNCIEN O TRAMPOSO.E OS GILIPOYAS ENCIMA QUERENDO ENGAÑARNOS.A PRISION OSTIA.E DETRAS IRAN ALGUNHAS EMPRESAS MAIS,COMO....BUENO MELLOR E QUE VAYAN APARECENDO POUCA POUCO.

    ResponderEliminar
  3. estes o unico que queren e voltar a de antes, eles podres de cartos e os demais pobriños pedindolle por favor que che leven o mellor producto da ria

    ResponderEliminar
  4. Á cárcel por chorizo, así nos vai con ladróns como este paxaro.

    Por outra banda, non nos esquezamos de que as bateas tamén son empresas e os bateeiros empresarios. Menos chorar e máis iniciativa.

    ResponderEliminar
  5. Estando de acordo coa noticia, non estou tanto ca forma de proceder do CR. É decir, denunciar hai que denunciar pero o consumidor pode facer pagar a xustos por pecadores e renunciar a comprar conservas de outras marcas que cumplen ca normativa.
    En fin, a ver que pasa.

    ResponderEliminar
  6. Anonimo 5 elo sejun ti que teria que faser o C.R?
    Asi estamos, queremos D.O.P pero que non se denunsie a quen vende mexillon chileno como da ria non vaia ser que nos quedemos sen vender a Cortizo . Se estas son as ideas que tes para por en valor o voso mexillon notase claramente o que en realidade che importa.....vaia xente.

    ResponderEliminar
  7. Esperemos que esto sea un aviso a navegantes, e que outras empresas deixen de reirse de nos, de engañar o consumidor e de mezclar mexillons nas latas. E o comentario 5 di que poden pagar xustos por pecadores, eu vexoo xusto o reves, que hai empresas que meten merda nas latas, e despois non compran producto de calidade pensando que todo e tan malo como o que enlatan alguns.
    Noutro senso o que me parece triste e que sempre teñamos que ser catro pringados os que teñamos iniciativa e poñamos a cara o tempo e os cartos para defender os intereses de todos. O de moitos productores e de vergonza.

    ResponderEliminar
  8. Eu solo decía que si un consumidor vai a ver nesto un follón de la hostia vai a botarse pa atrás á hora de comprar. Lojo pasa o que pasa.
    E deixémonos de sejún ti e polemicas persoais. OK.

    ResponderEliminar
  9. Enton que o C.R non denunsie para que o consumidor non vexa nisto un follon de la hostia e que sija comprando para que non pase o que pase???? Menuda arjumentasion(supoño que te decatarias que deixei de lado o sejun ti)

    ResponderEliminar
  10. Enton o que ten que faser o C.R non denunsiar para que o consumidor non vexa nesto un follon de la hostia e sija comprando para que non pase o que lojo pase???????Maravillosa arjumentasion valjame dios a non ser que teñas intereses en Chile.

    ResponderEliminar
  11. Si lle gusta mais o chileno os consumidores , vale.Pero que sepan que o compran, que estes fabricantes moi ben que din que é daqui pero logo compran o de alá.

    ResponderEliminar
  12. Entrevista a López Veita, ano 2003. Maneiro tamén andaba no medio.

    http://www.aqua.cl/entrevistas/entrevista.php?doc=14

    ...como reconoce el consejero de Pesca y Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia, Enrique López Veiga, el volumen de producción en la península ibérica alcanza sus niveles máximos y la demanda en el mercado europeo va en alza. Con el objeto de continuar satisfaciendo la demanda y encontrar nuevos proveedores, la autoridad gallega y empresarios viajaron hasta Chile para reunirse con asociaciones gremiales ligadas a la acuicultura... y establecer lazos de comercialización entre ambas naciones.

    ¿Cómo perciben los españoles la calidad del chorito chileno?

    Yo diría que la calidad es muy parecida a la de Galicia... Observamos que la orientación del mejillón chileno está muy bien para la industria del procesamiento.

    ...

    los productores chilenos deberían cambiar el nombre de chorito a mejillón, yo creo que eso es acertado ya que en Europa no se le conoce como tal y constituiría una buena estrategia.

    ResponderEliminar
  13. En resposta o comentario 5, o consumido deixara de comprar conservas cortizo, e buscara algunha que lle de confianza, ahora mismo hay varias empresas traballando baixo a DOP, Pescadona,Vengarco,Cermar,BoiroMar e cada dia mais,eu encantado que vendan "choritos" en escabeche pero que poñan "chorito" ou mytilus chilensis, e o consumidor q sepa o que paga cando as ventas lle vaian pra abaixo voltara a apostar pola calidad do noso mexillon, por que inda que eu son bateeiro todos vivimos do mexillon e digo todos por que dunha maneira o outra dependemos uns dos outros, se eu non podo sobrevivir os meus empleados van o paro, eu non podo gastar en comprar roupa (por exemplo) e o da roupa non vende e o seu empleado vai o paro tb .......creo que me explico, este sector ten iniciativa, pero por desgracia temos por riba de nos uns escuros poderes que nos ultimos 2 anos non fan mais que poñernos problemas.A nadie se lle ocurre coller viño branco e embotellalo como albariño (inda sendo de uva albariña) e poñerse a vendelo sen q o CR Rias Baixas o aprobe, pois tanto pode ser un fraude como vender un producto sen ninun tipo de control sanitario nin de calidad. Esto fanno eles e son aplaudido e reganos con cartos dende os organismos. Nos facemos o mesmo e non hay mais que medo de que teñamos consecuencias, as consecuencias vemolas na lata o 80% e de fora, e decir un 80% menos de riqueza para todos, e inda menos mal q non botan os empleados a calle e o traen todo feito de chile.

    Perdon pola parrafada pero creo que dixen algo que todos pensamos.

    ResponderEliminar
  14. 13 estou de acordo na importancia para a comarca que ten un sector do mexillíon forte e dinamizador da economía.
    Pero tamén estarás de acordo en que moitas veces son os mismos productores os que por envexas ou falta de solidariedade estrangulan ao producto.
    Penso que é o momento de tirar polo camiño da unión, defensa dos intereses comúns (subliño o de comúns) e traballar nunha soa dirección, dándolle o valor que merece ao producto.
    Mentras entremos na dinámica de si non o fajo eu o vai faser o do lado, non vamos a ningún sitio.
    E por suposto, ao de Cortizo caña.

    ResponderEliminar
  15. eso e certo, son novo no sector, e parto con 0 prexuicios e disposto a pasar de rencillas e demais problemas o importante o Mexillon sen el todos pra casa a vivir de que ?¿ demoslle prestigio e valor e todos viviremos mais tranquilos. productores, compradores, e consumidores.

    ResponderEliminar
  16. Nº 13, o dos "escuros poderes" xa me imaxino por donde van pero o único claro é que os "claros poderes" que nos gobernaron tras estes dous anos deixaron o sector mais liado qe un palangre, cos precios polo chan e sin vender unha bolsa. Cada un que pense o que queira pero vese que ti e moitos coma ti ligades a política ca empresa ou co sector e pensades que a xente é tonta e non se lembra quen mangoneou a todo dios e como lle iba e como lle vai.

    ResponderEliminar
  17. E o de que deixara de comprarlle a Cortizo non mo creo porque creo qeu si non ten sejuridade no que compra afetaralle a todos os fabricantes pajando uns por outros.
    Denuncia e inspecion si pero sin tanto bonbo e protajonismo que nos fai moi mala publicidá.

    ResponderEliminar
  18. 17 o mismo bombom que deron cando sacaron a auditoria do CR, o mesmo bombom que deron ca denuncia ante competencia o mismo bombom que deron cando anfaco denunciou a DOP, eu nonn teño medo non sin eles non vivimos, pero eles sin nos tampouco,e o 16 os oscuros poderes son o Sres de Anfaco, e a xente que intenta botar abaixo este sector, ahora antes e no futuro posto q ocupamos un sitio moi valioso e que moitas empresas desean pero ......... estamos no medio, ahora que eles teñen a vianda para as suas latas queren ocupar esto con outra cousa. vexase xaulas de salmon etc etc.

    ResponderEliminar
  19. acabo de poñerme o dia,nese debate.
    Aver,creo que o principal problema que ten o sector do mesilon,e a gran des-union que esiste,propiciado por distintos intereses dentro do mesmo,por unha banda os politicos,y por outra os economicos,os politicos,son claros,o sistema no lle interesa ,que o sector este unido,por que supondria unha pontente oposicion a os seus intereses,e decir,o control que sempre exercen no texido social y economico os distintos partidos politicos,mentras en un mundo maravilloso,se desarrollaria este medio de vida cuasi perfecto,aqui o que se pretende e o contrariome e decir,crear a discordia,para asi aplicar o dito,de "a rio revolto,ganancia de perturvadores".
    en canto o economico ahi varias cuestions,unha e a entrada dos narcos no sector,o cal o desestabilizou moito,y aoutra e a falta de profesionalidade no mesmo,segese a esplotar o recurso con mismos metodos que ahi 50 anos,si mais e mellor maquinaria,pero ningunha inventiva,ahora de innovar,quizas a solucion sea a de agrupàrse en grandes coperativas,e deisar a gestion do medio en mans de profesionais,y o productor adicarse o que realmente sabe,que e producir

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.