19.3.11

Nova cita co club de lectura


[Redacción] A obra elixida este mes polo club de lectura Bibliarousa+ dá para un debate ben interesante. 'Otra idea de Galicia' fai un percorrido pola historia de Galicia e as súas vicisitudes económicas e culturais, coa vontade de desmontar estereotipos.

3 comentarios :

Anónimo dixo

Desmonta estereotipos montando outros, ademais dalgúns erros de vulto. Falando de memoria, recordo como confunde Coroa de Castela con Reino de Castela, ou cando fala de acontecementos recentes como a chegada de Fraga á Xunta, esquecendo que vencera in extremis a Laxe grazas ao voto da emigración... Sinceramente, non lle fixen moito caso, nin me parece o enfoque máis axeitado para explicarlle aos de fora a nosa historia. Lembro vagamente unha pasaxe onde fala de piratas, creo que ingleses no século XIX, con base na Arousa. Nunca tal oíra. Por outro lado, como non cita as fontes, pois tampouco puiden mirar de onde o sacara. Igual os do club de lectura trataron este apartado e poden verquer luz sobre o asunto. Anímense.

PS Aínda que non sexan o mesmo, recomendo o de Camilo ou o de Justo Beramendi.

Anónimo dixo

por isso escolhemos este livro, porque dá para um debate. passa polo clube e falamos. para isso é.

susana arins

Anónimo dixo

Non vai ser posíbel, ando lonxe da terra. Parabéns pola iniciativa.

manu

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...