31.3.11

A asociación Dorna busca presidente

 Uxío Allo, nunha imaxe tomada de Dorna

[Redacción] A asociación cultural e deportiva Dorna vén de iniciar un proceso para elixir nova directiva a través dunha xunta xestora, tras convocar eleccións e esgotarse o prazo de presentación de candidaturas sen que ninguén concorrese. O presidente saínte, Uxío Allo, considera que o colectivo conta coas persoas e cos medios necesarios para iniciar unha nova etapa, pero “ninguén quere o peso da presidencia”. “A proba é que se apuntaron voluntariamente dez persoas para formar parte da xestora”, explica.
A constitución formal da xestora terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril e a partir de entón, daranse os pasos necesarios para formar unha directiva nun período aproximado de tres meses. Allo ofreceu todo o seu apoio ao novo equipo e cualificou como “unha experiencia única e enriquecedora” a súa etapa de sete anos á fronte da entidade. Aínda que deixa a presidencia, Uxío Allo continuará vinculado activamente a Dorna, coa súa colaboración na Escola de Navegación Tradicional, unha das áreas máis importantes da asociación, xunto coas seccións de baloncesto e de música e danza.

3 comentarios :

Anónimo dixo

Pois eu, animaria a todos aqueles que se presentan nas candidaturas do PP,doBNG e doPSOE .Teñen unha oportunidade unica para traballar polo pobo.

Anónimo dixo

En dorna , podes non podes obter un traballo a cambio , asi que os de unha candidatura que nomeas olvidate de velos por ali.

Os feitos me remito.

vivo sin vivir en mi dixo

Pois podes non podes non velos velos que podes non podes velos, JU JÁ, podes non podes velos non velos no areoso ou no campelo, JU JÁ.

2 por qué non te apresentas tí.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...