Buscar neste blog

11 de feb. de 2011

A Illa, no armario

Os resultados da última enquisa

[Susi Rial] Coa chegada da ponte, hai agora 25 anos, a sociedade da Illa sufriu un evidente cambio de mentalidade. Ós arousáns gústanos viaxar e alá onde imos deixamos unha morea de amigos. Da mesma maneira, encántanos recibir visitas e coñecer xente de países exóticos, sen que as diferentes culturas ou os idiomas sexan un impedimento para facer novas amizades. Resumindo, pouco queda daquel pobo pechado que detestaba calquera cousa que viñera de fóra. Mais debemos recoñecer que nalgúns aspectos, a Illa regresa á súa faceta primitiva. E un destes aspectos é o que ten que ver coa homosexualidade. Porque se non, non se entende por qué non vemos parellas do mesmo sexo polas rúas da Arousa collidos da man, ou porque os homosexuais deciden facer a súa vida fóra da Illa. Por qué a estas alturas aínda non se celebrou na Illa a primeira voda homosexual? Este artigo non pretende sacar a ninguén do armario, faltaría máis. A quen queremos sacar do armario é á propia Illa, como sociedade que, sen querelo ou querendo, estalle a dar as costas a algo que forma parte dela.

7 comentarios:

  1. bueno e digo eu,elogo quen ten o problemablema,si eso se pode chamar asi,o homosexual,ou a illa.
    Quen ten que sair de ese hipotetico armario,seran esas persoas que tellen outra maneira de sentir,y logo depois si surgira unha posible discriminacion,por que xente sin sentido comun, ahi en todos lados,enton seriamos os que somos as xentes de ben, (a mañoria do povo),os que defenderiamos a esa minoria,so recordar unha cousa,este povo,sempre se caracteriza,por loitar contra as inxustizas,polo tanto negome,a pensar que si somos,os mais ,solidarios, os mas ecoloxicos,y os mais hospitalarios,seamos os menos comprensivos , diante dun veciño ou veciña,que se sinta diferente.
    en canto o que na illa ainda non casou nadie de distinto sexo, bueno, espero que eso cambie.
    Por que o codigo civil non fala de sexos,senon de persoas,que tellen a obriga de cumprir; os artigos, 66, 67 e 68 do codigo civil

    ResponderEliminar
  2. Eu discrepo que este pobo se una para loitar contra as inxustizas. En canto o dos homosexuais, penso que hai querespetanos uns os outros ainda que non sintamos ou pensemos igual.

    ResponderEliminar
  3. Eso de que a Arousa está moi unida... xa fai moito tempo que deixou de estar unida... E as miradas e comentarios de algunha xente... en fin, para nada se respecta.

    ResponderEliminar
  4. haber,eu creo que non me expliquei ben, o que quero decir,e que os veciñ@s da arousa,sempre se ditiguiron por a su solidaridade, en canto o runxe runxe,a illa e un povo,y nos povos, sempre existiron as resobeiras.
    pero de todas formas,penso que o fin e o cavo e un problema de educaccion.
    en canto a des-union do noso povo,eso e un feito,pero neso temos todos a culpa,agora solo nos une as catastrofes,as cales acudimos como unha soa persoa,antes era todo as festas,botar unha placa a unha casa,ir a playa cargar un camion de area,facer un campo de futbol, en fin o espiritu da illa sige ahi,pero o estado do benestar o corrompe ,quizas ,nos estamos a deisar contaminar do mal de unha sociedade que vive moy de presa.

    ResponderEliminar
  5. Como todo, foi co diñeiro cando uns empezaron a mirar por riba do ombreiro a outros.
    Eu escoito historias contados polos máis vellos e non podo crer que sexamos o mismo pobo. O que foi a illa da amizade e solidariedade hoxe é a illa das envexas e do desexo de ser máis que o veciño.
    Como en tódolos sitios, supoño.

    ResponderEliminar
  6. O comentario 5 unha duda.Quen empezou a mirar por enriba do hombro a quen. Creo que sei o que estas pensando pero no quixestes dicir explicitamente. Podemos aclarar.

    Os que pensen que son máis ou mellores que outros por teren mais ou menos diñeiro estan moi equivocados. Sobrados e envidiosos hai a montes pero en todos lados.

    ResponderEliminar
  7. que gran verdade,a envidia e o pecado capital da humanidade,no e masi feliz o que mais ten,sinon o que menos necesita,pero eso sumpoño que sera en todos lados o mesmo,a evolucion econimica,conleva a degeneracion doser human,no ahi mais que votar unha ollada,as grandes civilizacion que se foron o navo co paso do tempo,por que degeneraron na sua evolucion,o mellor e algo innato en nos,que somos autodestrutivos por natureza

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.