3.2.11

Constituído o club de lectura Bibliarousa +


[Redacción] O club Bibliarousa + estréase coa lectura de Afirma Pereira, unha fermosa obra de Antonio Tabucchi, ambientada historicamente na Lisboa da dictadura salazarista. Coa escolla deste título, quedou constituído, o pasado mes de xaneiro, o primeiro club de lectura de adultos da Arousa, unha iniciativa que partiu da biblioteca do instituto e que secundaron, polo momento, cinco persoas. O club está aberto permanentemente á incorporación de lectores. A próxima cita será o 22 de febreiro, e terá como protagonista a un xornalista portugués, especializado en necrolóxicas.

3 comentarios :

Anónimo dixo

que boa idea odo club de letura!

noraboa a quenes o organizaron. fan falta cousas destas na arousa!!!!

Anónimo dixo

Únome á noraboa. Xa era hora de que houbera algo así para os adultos.

Anónimo dixo

Desde a Biblioteca do IES agradecémosvos a difusión e insistimos en convidarvos a todas as persoas que queirades a participar.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...