17.1.11

O boom inmobiliario non convence

[Redacción] O boom na edificación de bloques de pisos que experimentou a Arousa nos últimos anos semella que non  trouxo grandes beneficios para a vila. Polo menos, así o cren a maioría dos participantes na enquisa que publicamos o pasado mes de decembro, que rexistrou 23 votos durante os sete días que estivo activa. O 78% dos votantes consideraron que a proliferación deste tipo de inmobles non foi positiva. Na enquisa desta semana, interrogámoslles sobre a lingua que utilizan para comunicarse cos nenos pequenos.

3 comentarios :

Anónimo dixo

pois eu xa estou esperando a ver os resultados desa nova enquisa desta semana. non sei vos, pero eu penso que o noso paraíso lingüístico (galego) vaise perdendo ó empezar a ser bastante normal que os pais lle falen os nenos en castellano. por suposto cda un falalle non que idioma que quere, pero....

Anónimo dixo

pois eu creo que non e asi, polo menos nos meus fillos e nos nenos que acostumbran a estar con eles , sempre hay algun polo medio que lle fala castellano os nenos , son costumes que se tiñan nos tempos de antes e alguns non creo que o fagan conscientemente.........

a verdade e que canta un pouco cando oyes a algunha nai falarlle castellano a un meniñ@.

saudos

Anónimo dixo

por sorte todavia non son maioría!!!! sem embargo eu si que vexo un cambio de tendencia que empeza a ser preocupante.
sobre todo por parte das nais...

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...